Foto: La Mer de Sable
Moussy le Vieux. Fue Corine, la dueña de la casa donde estoy, la que recomendó con insistencia en que fuéramos a La Mer de Sable, a 23,4 kilómetros de aquí por preciosas carreteras secundarias que pasan preciosos pueblos y maravillosos bosques. O sea, cerca de París pero sin sus típicos bouchons de tráfico que hacen ir a 4 ó 5 kilómetros por hora. Así que hoy, día gris, nos animamos y fuimos aunque la arena y yo jamás nos hemos llevado bien. El sitio está muy bien, como le dije a una encuestadora que con cacharro digital en mano me preguntó mi opinión, pero sin duda alguna lo mejor fue uno de los tres espectáculos, el último. Ver maniobrar a unos expertísimos jinetes disfrazados de vaqueros e indios hace abrir la boca a cualquiera. Jamás he visto algo así. Por eso cuando me preguntaron si La Mer de Sable valía lo que costaba la entrada (19,50 euros por adulto) respondí sin dudar que sí. Y si a alguien le parece caro, la única recomendación es que vaya.
Estimado sr. Ramírez. Leo atentamente as súas crónicas, sempre divertidas e instructivas! Permítame que por unha vez non estea dacordo con vd. aínda que se trata dunha cuestión de gustos (gastronómicos) e aínda que este post sobre as súas andainas por Francia non sexa o lugar adecuado para levarlle a contraria sobre a súa percepción dos restaurantes de Vimianzo. Di vd na súa crónica sobre o Castelo de ídem que apenas hai unhas churrasqueirías para comer pola zona. Permítame que lle apunte, por se non os coñecía, varios nomes: Casa Sabina, en Vimianzo centro, cunha carta variada e carnes coidadas, Casa Pardo, en Pasarela (a un par de qm), «casa de comidas» familiar con pratos baseados en productos da zona, moi frescos e moi ben cociñados. E en Baio: discrepo da súa opinión sobre Casa Cruz, considero como veciña dalí que é algo máis ca «unha mera casa de comidas», espectaculares os seus callos,as croquetas caseiras e o xarrete asado. Ademais ten vd «A Lareira». Peca do servizo, pero a cociña é estupenda (recoméndolle a paella). Quizáis non figuren nas guías dos grandes gourmets pero son sitios sinxelos, honestos e que non defraudan! Siga gozando de Francia!
Distinguida señora: Moi agradecido pola súa opinión, pero, como de opinións falamos e non de matemáticas, non coincide coa miña (o cual non sei se é bo ou malo). Levo desde que lembro viaxando por Galicia, e xa son moitos anos. Unha das zonas preferidas dos meus pais era a Costa da Morte, así que coñezo Vimianzo desde hai unhas cinco décadas. Parei aí maís que ducias de veces, e comin moitas, moitas. Na miña opinión, non é Vimianzo un lugar que eu recomendaría pola súa gastronomía. Establecementos -e enténdame a expresión, en absoluto despectiva- de paso. Non aportan absolutamente nada: o de sempre, e así nos va en Galicia. O cal non quere dicir que sexan malos ou que o produto non teña calidade. Con sinceridade, non coñezo a ninguén que xamais dixera «Este domingo imos comer a Vimianzo». Pero si a Padrón, a Catoira, a Malpica, a Caión… Unha das asignaturas pendentes desa vila -porque o desastroso urbanismo xa non ten arranxo no 99% de Galicia; non hai máis que cruzar a Asturias ou vir a Francia- é dispor dun restaurante de referencia. Como Poio. Como Santa Comba. Como Cervo.
No que fai referencia a Casa Cruz, dixen -e así o publiquei moitas veces- que era unha excelente casa de comidas, onde por certo si que parei tranquilamente medio cento de veces (si, tomei paella, pero so nun par de ocasións porque non é o meu forte). Na miña opinión, desde hai un par de anos algo pasa e non mantén o nivel, e paréceme que coincidimos no servizo, moi mellorable. O de «mera» é un toque de atención.
E sigo gozando de Francia, pero por moi pouco tempo.
Un cordial saúdo e repito o meu agradecemento polas súas verbas.
Cr
Coincido coa señora, Casa Sabina, Pasarela, pero tamén o restaurante PAstoriza, que está a facer moi ben as cousas