La Voz de Galicia
Hablando de riqueza, pobreza, exclusión y con quienes no quieren quedarse al borde del camino
Seleccionar página

Hai profesións vocacionais. A de traballadora social (ainda que algún home tamén hai) é sen dúbida unha delas.  E cando unha profesión se sinte como propia, como unha causa que defender, non é nada difícil disfrutar coa súa profesionalidade e coherencia.

Quizais porque cada dia coñezo mais traballadoras sociais, o compromiso e a loita de moitas delas, o meu respecto por esta profesión non deixa de crecer. Da súa loita xa ouviron falar hai dous anos, cando nos presentaron a marea naranxa e berraban: Non deixaremos a ninguén atrás!. E no seu día, o 18 de marzo poidemos disfrutar co compromiso de Noelia Pereira, Patricia Balado, Ariadna Lopez, Aida Souto e Estefanía Dapena, catro alumnas de Traballo Social e de Lorena Añón, a súa profesora, cando falaban de pasar da xente ás persoas.

Hoxe teño a honra, e non será a primeira vez, de deixalos con Marta Capeáns, a presidenta do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia.

Moitas grazas, Marta!

Servizos Sociais: Existen?

Hai uns días, representantes do Colexio Oficial de Traballo Social fumos falar ante a Confederación Galega de Asociacións de Veciños a Pontevedra sobre o que, tentando botarlle un algo de sentido do humor damos en chamar… “nuestro libro”: Servizos Sociais. Existen…?

E cando un vai falar do seu, do que lle gusta, do que lle preocupa, do que lle motiva, da política que, “de verdad de la buena” lle gusta falar, da Social con maiúsculas… pode falar corenta minutos sen descanso, ou toda a tarde si é preciso.

Porque si, porque OS SERVIZOS SOCIAIS EXISTEN, e porque non consentiremos, sen loitar, que deixen de exisitir. E por suposto, sin que, polo menos, nos fagamos escoitar.

É isto forma parte da política estratéxica, que din as grandes empresas, que debe existir no noso humilde Colexio Profesional.

E sí, molestamos! Claro que molestamos!!

E despois chegamos ao despacho dalgún cargo político, ou te chaman por teléfono e preguntan con tono de sorpresa: Pero mira: qué te pasa? E a resposta é simple: » Levántome, tomo café, encendo o ordenador para revisar a prensa… e automáticamente estou cabreada!»

A resposta se amplía a unha frase que lle escoitei nun programa de “prime time” a unha compañeira traballadora social que falaba de recortes en dependencia. Fixémola propia e co seu permiso, que sei que o teño, seguirémola utilizando:

Seguiremos falando de recortes e de inxustizas en todos e cada un dos medios que nos queiran publicar porque “con educación e dicindo a verdade vaise a todas partes!”

E, efectivamente non perdemos a capacidade nin de cabrearnos nin de indignarnos, e non queremos nin deberíamos perdela. E a verdade é terrible e desoladora. E cabrea, cabrea moito !

Cabrea ver inxustizas sociais. Indigna e non se entende ver pobreza, e ver que nin siquera supón unha molestia aos gobernantes. E aínda peor, molesta pensar que unha sociedade “teóricamente desenvolvida” consinte e faise cómplice de forma tácita do feito de que non se interveña, e de que non se adiquen todos os esforzos posibles en erradicala.

Porque non falamos de ningún imposible. Non falamos de reparto de bens “a lo loco”, e sen ter en conta o esforzo ou o tesón (físico ou mediante impostos) que se nos esixe constantemente.

Falamos de intervir en todas aquelas persoas, familias, que hai nada eran a común clase media: uns proxenitores con traballo, que criaban aos seus fillos e fillas, e coidaban aos seus maiores na medida en que o tempo llo permitía. Simplemente iso. E agora non poden. E non poden porque xa non teñen traballo, un, ou os dous. Si algún conseguiu remontar o vó tras o pau da chamada crise dos mercados, tal vez esté desempeñando o seu traballo de sempre, ese que sabe facer tan ben, pola metade de salario, ou pola metade de horas…

Esas persoas que agora pasamos a denominar “en risco de exclusión”.  E que realmente o están!

E o están porque unha situación de PASIVIDADE ADMINISTRATIVA na loita contra a pobreza está a excluílas de todo o que hai dous días, como quen dí, podían facer: vacacións, comprar aquela roupa que vin e me gusta e me viría ben, acender máis tempo a calefacción, que xa baixaron moito as temperaturas, etc.

Porque o obxectivo de chegar a fin de mes é ás veces unha odisea que parece inalcanzable. Pero contratodo prognóstico, o consiguen. Con esforzo, si! Con moito moito esforzo.

E alí estábamos: falando de Servizos Sociais que sí existen, pero agora existen menos, e chegan a pouco! Falando de pobreza, de exclusión, de recortes, e da RISGA (Renda de Inclusión Social Galega) que, non sabemos si hai empeño en que deixe de existir, ou a firme crenza de que se “regalan cartos a mans cheas e … a destajo”.

E non. Os dereitos non se poden nin se deben regalar. Ninguén se vai enriquecer por ser usuario de RISGA, e por percibir unha pequena prestación que, por dereito insisto, témola merecida todas e todos, para evitar sermos pobres. Nunca coñecín a ninguén nesa circunstancia, e isto das prestacións xa leva inventado un tempo.

E retrásanse! E denéganse! E ademáis faise con excusas ou argumentos (?) do máis inconsistentes, a saber:

 “Non hai cartos, a administración está pobre”

Miren non! Nin antes éramos tan ricos, nin agora tan pobres. As partidas orzamentarias móvense, segundo prioridades, e ao mellor o sector da banca, e o das empresas que xestionan as nosas (?) autopistas, non deben recibir tanta prestación… a favor de persoas que si o están a pasar realmente mal.

“E que está pagando unha factura de internet, que o vimos no seu estracto bancario. E se tiran os cartos niso… será porque os hai!”

Cómo? Qué non só piden documentación para asegurarse e garantir que ese beneficiario non ten ingresos, nin cartos agochados nalgunha conta bancaria? Pois non! Nos dín onde e como debemos gastar os nosos cartos. O que para a xente normal da rúa, e con dous dediños de frente consideramos un atentado á nosa intimidade, e a nosa dignidade. E estou segura de que, a vía xudicial pensaría igual.

E a pregunta é: alguén tentou dar de baixa unha liña de telefonía móbil ou de internet antes do prazo estipulado por contrato? A chamada “permanencia”? Eu si! E te atopas cun imposible aínda maior que dar de comer aos teus con 400 ou 500 euros, pagar a casa, as facturas, os libros e material escolar… e non morrer no intento.

Algún traballador/traballadora social se atreve a recomendarlle a un usuario ou usuaria que dé de baixa unha liña de internet, cando a meirande parte de opción de atopar un traballo están alí mesmamente (Infojobs, LinkedIn, axencias de colocación virtual …? ). Eu, non!

E vou máis alá: cando almorzo cada mañá co meu ordenador , e recordo… cabreándome pola corrupción, corruptela, caciques bós, contas no estranxeiro, arbolitos do Gaiás e tarxetas black… vexo o código do diccionario Larousse da miña pequecha alí pegado.

Mercamos un diccionario para aprender a usalo no cole, e a maiores te “regalaban” un código para poder utilizalo tamén, vía on line, na túa casa. Qué gran invento isto da tecnoloxía…Os que temos cativos sabémolo. Roubamos ideas para manualidades de imaxes de google, miramos mapas e nos movemos neles, e así os nosos fillos ven a nosa explicación moito antes, nos axuda nos traballos escolares, e ata temos un diccionario on line, que nos evita ter un tocho máis na casa…

A cuestión é: A miña filla sí e os fillos dos usuarios da RISGA non? Eles non estudan? Non fan traballos? Non poden ter diccionario on line?

E os seus país? Non van poder atopar traballo nunca? Vía on line… parece que non! Non teñen ese dereito! Queremos condealos tamén á exclusión dixital ?

Por qué?

Marta Capeáns