Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
No me pidan calma

Compromiso, Coordinación e Causas na loita contra a pobreza e a exclusión social

10 de mayo de 2016 a las 22:07

CES Galicia Pobreza e ExclusionHoxe quero deixarlles este artigo no Caderno sobre Pobreza e Exclusión Social publicado polo Consello Económico e Social de Galicia. Unha honra estar ao lado de persoas expertas como Angela Troitiño ou Carlos Gradín e de participar nunha das actividades dun Consello preocupado polo que importa.

Se teñen dúbidas sobre algún dos términos utilizados, aproveito para deixarlles ao final dúas recomendables “chuletas” que a Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN Galicia) fixo para o seu último Foro: O que debes saber sobre a pobreza e Cómo é a situación en Galicia?

As persoas primeiro.
Non abondan as palabras: Queremos compromisos

Estes lemas son algunhas das conclusións do VI Seminario Galego de Cidadanía Inclusiva que en maio do 2015 se celebrou en Compostela. Moi semellantes aos escoitados noutros encontros en Barcelona, Garda (Portugal) ou Bruselas.

Un berro e unha opinión compartida por todas as persoas que participaron nos mesmos, pertencentes todas elas a colectivos que sofren pobreza ou exclusión social, e unha expresión de dignidade semellante a que as ONG adicadas á cooperación ao desenvolvemento teñen escoitado e visto en moitos lugares do mundo.

Non son unha excepción. Lenta pero constantemente aumenta a participación social e política das persoas, denunciando a súa situación e esixindo o cumprimento dos seus dereitos constitucionais. Nas redes sociais, medios de comunicación ou co seu voto. O VI Informe FOESSA sobre exclusión y desarrollo social en España ven de detectar que a chamada exclusión política baixou dun 51,7% no 2009 a un 32, 2% no 2015 (en Galicia un 10,3%)

A emerxencia española da pobreza e a desigualdade

Fuente Oxfam Intermon/La Voz de Galicia

Fuente Oxfam Intermon/La Voz de Galicia

E quizais unha das poucas razóns para o optimismo. EAPN España ven de presentar o informe “O Estado da pobreza en España 2015”. Coa última información oficial dispoñible, o 29,2% da poboación española estaba no 2014 en risco de pobreza ou exclusión social, case 14 millóns de persoas. 790 mil máis que o ano anterior e 2,1 millóns mais que no 2009, cando o estado español comprometeuse na Estratexia Europa 2020 a que neste ano España reduciría en 1,4 millóns esta cifra.

Un aumento notable da pobreza, pero especialmente da máis severa. Xa son 3,2 millóns (o 6,9% da poboación) as persoas que malviven con ingresos inferiores a 3.981 € ao ano (332 euros ao mes). 400.000 máis que no 2013.

Mentres tanto o crecemento da desigualdade nos últimos anos situou a España cun índice Gini en 2014 do 34,7, superando en máis de tres puntos á media da Unión Europea (EU27). So superada por Serbia, Macedonia, Bulgaria, Letonia, Lituania,Grecia, Portugal e Romanía. A renda do 20 % máis rico dos españois é, actualmente, 6,8 veces superior á renda do 20 % máis pobre.

Unha pobreza e exclusión que, de xeito semellante en Galicia que no resto do estado, ensáñase con colectivos como os xóvenes de 16 a 29 anos (36,4%), os menores de 16 anos (35,4%) ou as familias monomarentais (53%) asegurando que esta emerxencia social se manterá no futuro reproducindo un fenómeno que en cooperación ao desenvolvemento se coñece moi ben: o círculo vicioso da pobreza.

O desemprego é a maior fábrica de pobreza e exclusión. A poboación que vive en fogares con baixa intensidade de emprego era do 7,6% da poboación no 2009. No 2014 xa era do 17,1%. Máis de 6,1 millóns de persoas.

Ter traballo xa non garante saír da pobreza. A pesar do descenso das cifras de paro, en 2014 había un 14,2% de traballadores en situación de pobreza (un 11,7% o ano anterior). Unha vez máis se demostra que non calquera traballo protexe da pobreza. Esta cuestión está moi relacionada coa precariedade laboral e o crecemento da xornada parcial.

Tampouco o mero crecemento económico garante a redución da pobreza se non ven acompañado de políticas redistributivas e de protección social activa, como demostra o análise polo miúdo das diferentes Comunidades Autónomas.

A lotería social nun país desestruturado

Sería absurdo prantexar unha análise da pobreza e a exclusión en Galicia sen ter en conta previamente o fracaso do sistema español de servizos sociais, caracterizado por unha profunda desestruturación e con notables diferenzas entre as súas comunidades autónomas tanto en calquera dos indicadores sociais que se consideren como nos servizos sociais que se prestan aos seus habitantes.

A gravidade desta lotería social motivou que a Plataforma del Tercer Sector, integrada pola práctica totalidade das organizacións de acción social españolas, veña de reclamar que na reforma da Constitución Española, os dereitos sociais, culturais e económicos se consideren dereitos fundamentais. Ou a modificación do seu título oitavo, de xeito que o Estado poida dispor dunha competencia de natureza compartida coas Comunidades Autónomas para desenvolver políticas de ámbito estatal en materia de solidariedade e inclusión social.

Evol AROPE España Galicia 2004 a 2014

Con este marco nacional, en Galicia temos algunha pequena razón para o optimismo. 654.000 persoas, o 23,8% da poboación galega aínda malvivía no 2014 en risco de pobreza ou exclusión social. Medio punto menos que no 2013 e 5,4 puntos menos que no conxunto do estado. A preocupación chega cando detallamos este dato e comprobamos que tamén aquí empeoran quenes pior están:

151.000 persoas en situación de privación material severa. O 5,5% da poboación.Privacion Material Severa Galicia 2009 a 2014

14,9% dos fogares galegos con baixa intensidade laboral (a relación entre o número de persoas que traballan nun fogar e o das que están en idade de facelo). Case o dobre que no 2009.

Intensidad laboral España Galicia 2009 a 2014

As persoas en pobreza severa (con ingresos inferiores a 332€ ao mes) xa son o 3,5% da poboación galega: 96.000 homes e mulleres.

As persoas primeiro. Compromiso, coordinación e causas

Aínda que en mellor situación que na media do resto do estado, Galicia comparte as tres principais razóns da mediocre eficiencia do sistema español de servizos sociais. As propias persoas en risco de pobreza e exclusión as definen repetidamente en diversos foros, así como as súas principais demandas para asegurar unha loita efectiva pola inclusión social.

Escaso compromiso político en orzamentos estables e planificación de políticas públicas a medio e longo prazo

A elevada pobreza e exclusión en España é un fenómeno estrutural. Nos anos de maior crecemento económico apenas baixou do 19%. A crise económica manifestou con crueza esta eiva histórica dos servizos sociais, centrados en contribucións a partires do traballo, pero non tanto con enfoques específicos de loita contra a pobreza. O remate das diferentes prestacións por desemprego sen un sistema integrado e eficiente de servizos sociais e rendas mínimas, está detrás do brutal aumento dos datos de pobreza.

% Población en riesgo de pobreza y exclusión. Fuente INE/EAPN España

% Población en riesgo de pobreza y exclusión. Fuente INE/EAPN España

A escasa prioridade orzamentaria é evidente: según Eurostat, xa no 2012, o estado español destinaba a gasto social 6026 euros por habitante, lonxe dos 8500 euros da media da zoa euro. Se lle unimos a xa comentada extrema dispersión entre administracións implicadas e o incremento de custes de xestión que isto supón, enténdese que moitos fondos non cheguen nunca as persoas que os precisan.

Son poucas as experiencias de elaboración de estratexias e planificación a longo e medio prazo, substituídas por un maremagnum de todo tipo de normativas e medidas puntuais e ailladas nas diferentes administracións implicadas acompañadas normalmente dunha mediocre venda política.

Esta extrema dispersión, ademais do lóxico sufrimento innecesario nas persoas, provoca unha excesiva carga de traballo e desánimo en moitas profesionais de servizos sociais en administracións e especialmente nas organizacións de acción social obrigadas a actuar de intermediarias, como así se puxo de manifesto no informe “Por unha RISGA efectiva: dos papeis as persoas

Afortunadamente, esta eiva estase a correxir en parte grazas á obriga da Comisión Europea de planificar en detalle e xunto aos actores implicados o destino dos Fondos Estruturais (FSE, FEDER, FEADER) que durante o período 2014-2020 cofinanciarán gran parte das actuacións de inclusión social na Administración Xeral do Estado e nas Comunidades Autónomas. En Galicia tense avanzado coa Estratexia de Inclusión Social 2014-2020 aprobada pola Consellería de Política Social e semella que a transparencia na xestión e avaliación dos fondos ten deixado de ser un reto pendente na Consellería de Facenda.

Escasa coordinación entre administracións públicas e coas organizacións de acción social.

Como xa se indicou anteriormente, a “lotería social” que caracteriza o sistema español de servizos sociais, non é unha excepción en Galicia, como se pode observar a modo de exemplo no seguinte gráfico sobre gasto real en Protección e Promoción Social das sete principais cidades galegas (datos Ministerio Hacienda)

AROPE e Orz 2013 2014 Concellos

Unha coordinación e corresponsabilidade política e técnica é imprescindible:

Dentro das propias administracións, onde as políticas de benestar social, emprego, sanidade e educación deberían ir da man.

Entre administracións. Comezando pola Administración Xeral do Estado elaborando de inmediato unha Lei Estatal de Rendas Mínimas que recoñeza o acceso a unha prestación mínima como dereito subxectivo da cidadanía, e que asegure a mellora e racionalización das actuais leis autonómicas e a súa relación cun profesional estable nos servizos sociais de base.

Evolución-Rentas-Minimas-2008-a-2014

Entre concellos limítrofes, promovendo a prestación conxunta de servizos sociais para mellorar a calidade e rendibilidade social dos servizos e a redución de custes de estrutura. Coa Xunta de Galicia e as súas delegacións. E mesmo coas deputacións provinciais e coa FEGAMP, onde se debería ter unha comisión específica con indicadores de cumprimento para avanzar mensualmente nesta coordinación.

Coas ONG implicadas, fomentando o dialogo civil con xuntanzas periódicas políticas e técnicas de intercambio de información e establecemento de estratexias comúns. E co criterio de non admitir o lucro na loita contra a pobreza, implantando cláusulas sociais na contratación pública de servizos sociais, recoñecendo así a experiencia e valores das organizacións non lucrativas e asegurando que operan en igualdade de condicións con outros actores económicos.

Loita efectiva contra as causas da pobreza e a exclusión.

O sistema de servizos sociais español está mais pensado en expulsar as persoas en pobreza do sistema que en que saian da pobreza” Miguel Laparra (Universidade Pública de Navarra)

Tras varios anos de crise, resulta contraproducente e un fracaso político das administracións que seguen a impulsar medidas de emerxencia e non afrontan de xeito decidido procesos integrais de inclusión. A aposta por políticas e medidas asistencialistas nos últimos anos, ademais dun abuso da boa fe e a solidariedade demostrada por milleiros de galegos e galegas, reforza a culpabilización das persoas en pobreza e exclusión e impide a súa inclusión efectiva.

Políticas e medidas a medio e longo prazo como as xa citadas deben ir acompañadas do fomento da participación activa das persoas, tanto presencial como a través de redes sociais. Como se ten demostrado dabondo nas decenas de Seminarios e Congresos de participación en toda a Unión Europa, ou mesmo coa Valedora do Pobo e parlamentarias galegas facilitar que as persoas falen por si mesmas defendendo os seus dereitos e esixindo melloras políticas é un requisito sine qua non para o seu empoderamento.

Pero loitar de xeito efectivo contra as causas da pobreza obriga as organizacións de acción social e de cooperación ao desenvolvemento a denunciar os inxustificados e sistemáticos recortes nos orzamentos de políticas sociais levados a cabo nos últimos anos.

Esixindo medidas contra o fraude fiscal ou a corrupción política ou fomentando a transparencia e a exhaustiva rendición de contas como establece a Lei 19/2013 de transparencia, acceso á información pública e bo goberno: Publicar mediante criterios Open Data, a execución orzamentaria do exercicio anterior ao máximo nivel de detalle ou a difusión inmediata trala resolución de proxectos subvencionados e non subvencionados en cada convocatoria pública, indicando puntuación obtida, ou de todos os concursos públicos de calquera índole, etcétera.

Clamando polo Decreto regulador da Lei de Inclusión

En Galicia gran parte da filosofía e medidas reclamadas están recollidas na Ley 10/2013 de Inclusión social. Unha lei na que se establecen os principios e criterios de funcionamento da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) e que na súa Disposición final primeira di que “A Xunta de Galicia, nun prazo máximo de seis meses dende a publicación da presente lei, elaborará as disposicións necesarias para o seu desenvolvemento e aplicación”.

Tras máis de dous anos, o decreto que debe regular a Lei de Inclusión segue sen publicarse.

Este retraso, ademais de comprometer inxustamente a credibilidade das novas medidas de política social anunciadas pola Xunta de Galicia, está a provocar serias dificultades na xestión a profesionais de servizos sociais en concellos e organizacións de acción social, e sobre todo un sufrimento notable a moitas das persoas solicitantes da mesma, en forma de retrasos na súa concesión, denegacións de máis do 50% de solicitudes, burocratización extrema e a imposibilidade de afrontar procesos de inclusión activa.

@xosecuns

FICHA FORMACIÓN VOLUNTARIADO Foro 2015

Chuleta VOLUNTARIADO Foro 2015 O que debes saber sobre a pobrezaChuleta VOLUNTARIADO Foro 2015 Situacion en Galicia

Administración, Cláusulas sociales, Derechos humanos, Desigualdad, Exclusión, Impuestos, Inclusión, Inversión social, Organizaciones No Lucrativas, Personas, Pobreza, Rentas Mínimas, Servicios sociales, Tercer Sector, Transparencia
Escrito por xosecuns Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net