La Voz de Galicia
Hablando de riqueza, pobreza, exclusión y con quienes no quieren quedarse al borde del camino
Seleccionar página

Non pidan calma en Traballo Social

Hai profesións vocacionais. A de traballadora social (ainda que algún home tamén hai) é sen dúbida unha delas.  E cando unha profesión se sinte como propia, como unha causa que defender, non é nada difícil disfrutar coa súa profesionalidade e coherencia.

Quizais porque cada dia coñezo mais traballadoras sociais, o compromiso e a loita de moitas delas, o meu respecto por esta profesión non deixa de crecer. Da súa loita xa ouviron falar hai dous anos, cando nos presentaron a marea naranxa e berraban: Non deixaremos a ninguén atrás!. E no seu día, o 18 de marzo poidemos disfrutar co compromiso de Noelia Pereira, Patricia Balado, Ariadna Lopez, Aida Souto e Estefanía Dapena, catro alumnas de Traballo Social e de Lorena Añón, a súa profesora, cando falaban de pasar da xente ás persoas.

Hoxe teño a honra, e non será a primeira vez, de deixalos con Marta Capeáns, … Seguir leyendo