La Voz de Galicia
Hablando de riqueza, pobreza, exclusión y con quienes no quieren quedarse al borde del camino
Seleccionar página

Ante a súa ignorancia sobre a situación das persoas sen fogar, hai uns meses tentamos explicarllela ao agora Ministro de Xustiza, don Alberto Ruiz-Gallardón.  Non sei se o exalcalde pediu disculpas, pero o certo e que poidemos aprender mais sobre este tema grazas a dúas expertas como Gaby Jorquera ou Pepa Vazquez.

Hoxe escribe de novo Pepa. Xa non é traballadora social do equipo municipal de inclusión social de Pontevedra. Nin ela nin outras profesionais espléndidas que ela traballaban: a excelencia profesional as veces resulta insoportable para certos gobernantes.

Pero Pepa non se rinde. Lean se non o seu blog sobre supervisión social ou o que sigue.

 

VIVIR NA RUA

Ribadeo é unha vila creativa e as suas xentes solidarias.

Un grupo de Amarante leva anos realizando actividades e no pasado Nadal, ademais do clásico mercado de troco e de Comercio Xusto, decatáronse da inquedanza que a moitas persoas da vila  lles provocaba o feito de que cada vez máis persoas durmen na rúa desta vila cun clima tan pouco acolledor para eses menesteres.

Dicia unha das mulleres preocupadas por esta cuestión: «E que co vento que vai e este orballo, non hai posiblidades de resgardase en ningún lugar, teñen que amencer mollados fixo«.

Esta preocupación conectou con grupos de música de mocidade comprometidas e coa aparición nos facebook e twits de declaracións, digamos que neo-nazis, nas que se fixeron afirmacións do tipo: « Unha boa malleira é o que lles fai falla»

Unha vez máis, a suma dos opostos crea novas oportunidades!!.

Agora estou traballando cunha organización de persoas en situación de pobreza e exclusión social así que nos pediron que foramos a Ribadeo dende Pontevedra, a falar das persoas sen fogar e da experiencia do grupo Boa Vida Inclusión Social Activa. Ala fun con Virgina Ojea e Tino Martínez, vindeiros presidenta e tesoureiro da asociación, para contaren a súa experiencia e eu para enmarcar a temática “vivir na rua”.

Foi un reto do que saímos reforzados. Calquera que coñeza a temática ou que intense achegarse a ela sabe que é complexa, que en 40 minutos dificilmente se pode facer unha análise das causas, situación actual e alternativas a un problema ou realidade máis vello que a propia organización de calquera vida en sociedade.

O público dixo que o conseguimos. Nós pensamos que tamén, por iso queremos compartilo a través do blog de Xosé, para animarvos a reflexionar e axudar a manter certo norte nestes momentos nos que todo se xustifica con recortes pola crise económica e se esconde a crise de valores para non afrontar ningunha delas e que todo siga igual.

¿Igual? Non para que a brecha entre ricos e pobres se agrande sen límite.

¿Cales son as causas de que algúen se quede na rúa?. En resumo tres, que teñen que ver con rupturas estructurais,  sociais, e persoais.

A situación actual das persoas básicamente descoñecese, xa que soamente se rexistran aquelas que pasan por centros. Mídense cuestións estátisticas como o promedio de persoas aloxadas (13.701 no ano 2010,  un 15,7% mais que na enquisa anterior, mentras o gasto aumentou so nun 10%) ou a titularidade dos centros (o 75% son privados)

Estes datos, que se poden ampliar no recomendable informe do Instituto Nacional de Estadística tamén nos axudan a visibilizar como se perden dereitos básicos coa falla de vivenda, como a posibilidade de recibir correspondencia, servizo que presta o 76% dos centros, igual que a posibilidade de recibir chamadas telefónicas, pero soamente o 58,6% dispón de consignas co cal algo tan básico como o coidado da documentación persoal é prácticamente imposible para unha persoa sen fogar.

Tamén pode ampliarse a información no informe extraordinario do Valedor do Pobo en Galicia , no que xa se preve que nos próximos anos 180.000 familias serán demandadas por falta de pago do seu prestamo hipotecario.

A valoración que fan as persoas dos servizos dos albergues, ou dos comedores ou das rendas mínimas de inserción é que non son mais que paliativos nunha porta xiratoria da que é moi dificil sair.

A pesar disto hai moitas persoas que consiguen sair da rua, e moitas que consiguen non quedar na rúa, entre elas as que participan na Asociación Boa Vida Inclusión Social Activa de Pontevedra.

Elisabet Rodriguez

Sen maxia nin ingredientes segredos, con Participación e con Dignidade, e tamén con medidas de reducción de danos que ás administracións públicas non lle costarían un céntimo. Algunha medida seria permitir que as duchas dos servizos de deportes poideran ser usadas por estas persoas, ou que ás lavanderías e servizos de comedor doutros colectivos mellor “vistos” poideran ser compartidos ou que aos profesionais dos servizos sociais comunitarios se lles encomendara proxectar e executar aquello que o seu nome indica TRABALLO COMUNITARIO, para que as tres rupturas tiveran o mínimo impacto nas persoas e na sociedade….

Ahhhh!!! Esquecia que a politica de partido non está ao servizo da cidanía. Non importa, en democracia a cidadanía pode exercer os seus dereitos e incluso recuperar aqueles perdidos, esa é a SINERXIA que compartimos en Ribadeo, sabiamos que non estabamos sóas pero agora coñecemos as caras, os nomes e xuntos imos vivindo CIDADANÍA.