El próximo 14 de Mayo se celebra el Día Mundial del Comercio Justo, en más de 70 países. Es una jornada con la que se pretende recordar que esta alternativa comercial solidaria propone otro modelo económico en el que también se tienen en cuenta los criterios sociales y ecológicos. En nuestro país, un centenar de localidades celebrarán el Día con diversos actos culturales y lúdicos, pueden consultar el detalle en su ciudad en la muy recomendable web economiasolidaria.org . Y si quieren tener información sobre sus principios y en que tiendas se pueden comprar, les recomiendo que visiten la página de la Coordinadora Estatal de Comercio Justo.
Cambio a galego (pueden traducirlo aquí) porque en Galicia AMARANTE Setem, unha ONG coa que me honro en colaborar dende a súa fundación, organiza entre o 10 e o 18 e xuño a XI edición da Semana Galega de Comercio Xusto, colaborando con Verdegaia e co Sindicato Labrego Galego, nun exemplo de traballo en rede.
Este ano estará centrada nos Tratados de Libre Comercio e na privatización dos dereitos e dos recursos que as políticas neoliberais están a impoñer. E o seu programa de actos non ten desperdicio:
XIRA DE GEORGINA MOLINA
Esta mexicana é especialista en temas de saúde e no problema do feminicidio en toda a rexión. E membro da cooperativa de textil Jolom Mayaetik de Chiapas que traballa na recuperación da simboloxía Maia no vestir. Georgina ofrecerá duas conferencias e unha mesa redonda durante a súa estancia en Galicia:
PONTEVEDRA Martes 14 xuño. 20,00 h. no local de Amarante
RIBADEO Xoves 16 xuño. 20,00 h. na Casa das Letras
SANTIAGO Mércores 15. 19,00 horas na Biblioteca Anxel Casal, mesa redonda xunto a Ivan Forero da Plataforma Justicia por Colombia
EXPOSICION: MULLERES MAIAS: TECENDO A SÚA HISTORIA
O achegamento á realidade de Chiapas complementase con esta exposición na que a cooperativa téxtil Jolom Mayaetik e Kinal Antzetik achéganos á vida das mulleres indíxenas a través 20 pezas artísticas, fotografías das súas autoras e o significado Maia dos símbolos que bordan. Georgina Molina inaugura esta exposición hoxe 10 as 20 horas no Hotel ARAGUANEY de Santiago, en donde estará aberta en horario de tarde ata o 15 de xuño. Teñen mais información neste documento. Exposicion mulleres maias tecendo a súa historia
MERCADO TRANSPARENTE
Outra actividade central da Semana será a realización destes mercados nos que se pretende explicar as diferenzas dos prezos en orixe que se lle pagan ós produtores e aos que os consumidores finais mercamos. Nesta acción de rúa na que estarán presentes produtores locais, haberá comercio xusto, mercados de troco, contacontos e outras actividades. Ademais dos organizadores, partiparan a Cooperativa de Consumo A Gradicela en Pontevedra, o Mercado de Fusco Lusco en Santiago de Compostela, Fiare en Vigo ou a Asociación Veciños O Teson, a Finca As Fádegas e La Casa Azul en Ribadeo.
O Mercado transparente se celebrará:
– Sábado 11 de xuño de 11,00 a 14,00 horas:
En PONTEVEDRA na Praza da Peregrina
En SANTIAGO na Praza do Toural
En VIGO na Praza da Constitución
– Sábado 18 de xuño de 18,00 a 20,00 horas:
En RIBADEO na Casa das Letras
En OURENSE na Casa da Xuventude
EXPOSICION: OS ROSTROS DO COMERCIO XUSTO
No Local Social de AMARANTE Setem en Pontevedra durante todo o mes de xuño poderase contemplar esta sobre a realidade da prestixiosa Fundación Maquita, unha das principais productoras de cacao de comercio xusto ecuatorianas. Esta exposición está realizada pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO )