Volve Chicharrón aos concertos de Retroalimentación. Como é habitual, Alberto Vecino responde para este blogue un cuestionario de urxencia para explíquenos en que situación están antes da súa actuación do venres 12 (A Disfrutona do Orzán, 22.00 horas, 7 euros en billeteira con opción a 10 euros con vinilo)
ESTADO DE ÁNIMO
Pois o gravamos aínda coa resaca de Erosión, o noso anterior disco, pero fitando á luz. Foi un proceso natural, de convivencia, no que todo fluía.
SON LO-FI
Sobre todo que este é o tipo de música que escoitamos cando estamos felices, e esa, a felicidade, é o leitmotiv do disco. Da calquera xeito nunca nos interesou moito a perfección.
URXENCIA
Porque para nós era urxente deixar atrás Erosión, un disco tristísimo, e seguir cara adiante. Ademais queriamos que representase ese momento xusto no que estabamos, dunha felicidade inmediata. Por iso parecianos que era coherente un son e unha estética primitiva e natural na que o erro ficase presente como xesto de honestidade.
CAMBIOS CONSTANTES
A vida é cambio, e nós só nos imos adaptando. Aínda que agora esperamos que esta formación aguante polo menos ate o próximo disco (risas).
MOMENTO DO GRUPO
Seguimos moi felices, moi ilusionados e cunha chea de proxectos. Estamos no mellor momento do grupo.
SEN DISCO Á VISTA
Porque hai que cambiar, e queremos traballar moito o seguinte. Se cadra sae un EP ou un single antes, pero o disco queremos facelo con tempo.
TOCAR EN DIRECTO
É un momento máxico para nós,sentimos unha conexión aínda máis grande que na vida real