La Voz de Galicia
Girando en círculos sobre la música pop
Seleccionar página

Mañá venres 29 de setembro (Vintage & Cofee, 21.30 horas, entrada libre) Eris Mackenzie será o artista que protagonice a festa de presentación da nova tempada dos concertos de Retroalimentación. Trátase do novo proxecto de Caros Eirís (Lora) no que mostra o seu efervescente estado creativo. Quixo facelo nun lugar diferente e, por unha vez, imos saír das salas de concertos. Ofreceremos o recital nunha tenda de roupa. Alí gozaremos desta explosión musical concibida como un ao vivo dj + voz e unha produción en directoen a que hai sitio para todo: pop, trap, merengue, rap e o que poidas imaxinar.

Aquí explícase e dá pistas sobre o que vas a poder ver.

NOVO PROXECTO, NOVAS ENERXÍAS

As ganas de poder expresarme como son tanto en forma como en fondo. Desde que no seu momento comezamos con LORA, para mín cambiaron moitas cousas a nivel persoal, que no musical me pedía emprender un camiño distinto, con novas temáticas, en xeral bastante máis serias, e novas perspectivas a medio e longo prazo. Basicamente, é un proceso de evolución en todos os aspectos.

LÍMITES

Na parte estética da música para mín nunca houbo, nin haberá, un límite estilístico. O último que vou facer vai ser encorsetar un proxecto que precisamente nace das ganas de experimentar. Pero quizás, neste momento o que máis me pide o corpo e tirar cara a electrónica, cun son máis cru e distorsionado, e usar as letras como algo catárquico e sanador, falando dos temas que no seu momento joderon máis ca miña saúde mental, e que a día de hoxe creo poder ver en perspectiva. Esté ou non no certo, o que si que estou é orgulloso de tar transformando as peores experiencias do que levo de vida en algo artístico.

A ALDEA

Máis que nunca, estou a mostrarme como son, como son de verdade, e non a versión esaxeradamente enérxica e extrovertida que mostraba en LORA, que
non é para nada real. Eu son un rapaz de aldea, que medrou entre animáis, xogando solo e vivindo unha vida que transcurría lenta. Agora transcurre bastante máis rápida, pero estou traballando para levala de volta ó ritmo que me gusta. Quizás ese tren de vida é o que eu máis recordo da aldea, e non quero perdelo de vista
nunca.

DIRECTO

Máis ben diría que é un show musical dun grupo dunha única persoa. Na actuación toco en directo o piano, sintetizadores e outros instrumentos, e fago misturas e producción en directo, e bueno, canto. O que quero é que ocorran cousas todo o tempo, que dentro do propio escenario haxa diferentes focos de atención, que o espectador sinta a curiosidade que sinto eu cando vou a ver concertos de outros artistas e me quedo analizando e pensando en como fan o que fan.

VINTAGE & COFFE

Me motiva máis facer o concerto nun sitio pouco común. Supoño que o vexo como algo máis especial, e a través de iso tamén me sinto eu máis especial. A todos nos gusta sentirnos especiais.

COLECTIVO AALDEA

Pois AAldea é unha axencia galega que se encarga de temas de representación, producción discográfica, etc. ou sexa que si, a grandes
rasgos un selo discográfico. Comecei a traballar con eles hai uns meses, e foron un elemento crucial á hora de desenrolar o proxecto de Eris MacKenzie, axudándome a pulir as ideas coas que viña e preparando todos eses aspectos que hai detrás do puramente musical, que todos estos últimos anos con LORA tuven que facelos eu solo, e son agotadores, e en gran medida desmotivantes , pois (polo menos no meu caso) era dar paos de cego en campos nos que tiña cero experiencia.

LORA

Si, non vou negar que o que máis me motiva agora mesmo e o proxecto de Eris MacKenzie, pero xusto cando practicamente tiña a LORA en estado vexetal nos contrataron unha xira por toda España, que a nivel económico nos viña fantástico. Gracias a eso, dímonos conta que ao tomalo dunha maneira moito máis laxa que como facíamos no seu momento, volvíamos a disfrutar de tocar xuntos e a verdade é que lle dou un novo aire. Incluso deixa aberta a porta a volver a compoñer temas novos, a parte dun que fixemos en plan colaboración endogámica de LORA ft Eris MacKenzie que sairá nalgún momento pronto a modo de single, aínda que non vai formar parte do álbum de Eris.