La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Du Pré

Estou seguro de que nalgunha ocasión teño falado aquí de Jacqueline du Pré, a célebre violonchelista inglesa, casada co pianista e director de orquestra Daniel Barenboim. Como saben todos os amantes da música, esta rapaza tivo que abandonar a súa  espléndida carreira cando aínda non cumprira os trinta anos de idade e lle diagnosticaron unha esclerose múltiple. Despois dunha longa década moi difícil, durante a cal estivo practicamente inútil na casa, con fortes depresións, mentres o seu home compartía vida con outra muller en París, morreu aos corenta e dous anos. Desde entón lévanse publicado numerosos libros e artigos sobre ela.

O último acaba de saír hai pouco e está resultando escandaloso e polémico, en parte porque vén rematar coa imaxe pública dunha muller doce, agradable e simpática, vítima de tantas cousas, empezando pola enfermidade que arruinou a súa carreira musical, seguindo polas consecuencias que trouxo para o seu matrimonio … Seguir leyendo

Un apagón

Compoño este artigo á luz dunha candea, acosado polo temporal, e acórdome vagamente duns versos de Gonzalo de Berceo, nos que o frade rioxano se queixaba da dificultade de escribir polas noites en semellantes condicións. Sinto envexa, ou algo parecido, do mosteiro onde vivía: longos tránsitos, amplas escaleiras, sombras de hábitos deambulando pola soidade do convento, cantos lonxanos ascendendo desde o silencio escuro da capela… Seguro que non lle faltaban, nunha escapada, uns bos troncos ardendo na cociña.

Sen querer, o longo apagón de hoxe lévame a evocar aqueles días de inverno, en Beiro, sentados todos arredor da lareira, pendentes de ver aparecer na lámpada un fío ridículo de luz conseguido con esforzo, despois de pasar varias horas dándolle voltas a unha roda enorme, como de temón de barco, para encher as baterías.

Non hai tanto tempo. Desde logo, non era mellor, pero era distinto. Falábase máis, por exemplo. E … Seguir leyendo

Un pé de Adán

Algunha vez teño falado aquí desas reliquias que existen en América, conseguidas previo pago de moitos dólares, pero que non se poden valorar en diñeiro, pois forman parte dos soños máis antigos da historia universal. Unha señora millonaria que vive en Nova York, por exemplo, comprou o caxato de Abrahán. Naquel país gárdanse tamén varios hábitos de san Francisco, un dardo dos que mataron a san Bastián, un dente de leite do Neno Xesús e montóns de anacos arrincados da cruz do Calvario.

É mercancía bastante perigosa. En Israel, Arafat e Netanyahu discuten estes días sobre a Cova dos Patriarcas, que está situada na cidade de Hebrón. Durante moitos séculos, os xudeus non podían pasar do banzo número dezaseis da escaleira que conduce ao lugar, pois desde alí en adiante era zona sagrada dos musulmáns.

A partir da súa vitoria militar na Guerra dos Seis Días, os xudeus xa non … Seguir leyendo

Con certeza absoluta

Teño un recordo moi pouco claro dunha escena que vivín de neno na aldea de Ganade, perto de Xinzo de Limia, un día lonxano dos anos cincuenta. Estou vendo un grupo numeroso de homes, entre eles varios da miña familia, apertados uns contra os outros para poder escoitar o confuso ruído que saía dun aparato de radio. Mentres tanto, alleo ao interese incomprensible dos maiores, eu xogaba a poucos metros de alí con outros rapaces, sorprendidos todos polos alaridos que de cando en cando daba aquela xente.

Foi a primeira vez que escoitei o nome de Gaínza, o futbolista do Athletic de Bilbao que acaba de morrer, que ao principio entendía eu como Saínza, un lugar próximo, famoso daquela e aínda hoxe, pola romaría na que se celebraba entón e se segue celebrando nos nosos días unha coñecida batalla entre mouros e cristiáns.

Anos despois, curado da miña ignorancia futbolística, … Seguir leyendo

Burbullas

Un señor tivo a paciencia, ignoro se santa ou boba, de contar as burbullas que hai nunha botella de champaña. No exemplar utilizado para o cálculo había exactamente corenta e catro millóns. Tampouco sei de que método se valeu para realizar unha operación tan extravagante. O individuo era, como resulta fácil de imaxinar, americano. Non é raro nun país que adora esta bebida e que confeccionou arredor dela toda unha cultura cinematográfica, algo semellante ao que fixeron os franceses co viño, que foron capaces de convencer a medio mundo de que o acto sinxelo de beber un bo borgoña equivale a ler unha páxina de Proust.

Nisto do champaña, hai xa unha gran mitoloxía, iniciada polos propios fabricantes, palabra esta última que supoño que eles refugarían como unha auténtica blasfemia. Un dos máis famosos, Christian Pol-Roger, cando foi bautizado, despois de que o cura, ou bispo, lle botase auga pola … Seguir leyendo