La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

O síndrome de Potemkin

Un amante arrebatado de amor, Grigori A. Potemkin, mestre na elección delicada de regalos sorprendentes, conseguiu espertar en Catalina de Rusia unha paixón enlouquecida. Empezou mandándolle un cestiño de cereixas maduras en inverno. Pouco máis tarde, envioulle un racimo de uvas traídas de Crimea. Despois, un pequeño ramo de rosas amarelas compradas en Italia. Por último, un esturión, un só, pescado a centos de quilómetros de distancia e transportado ata Petersburgo por setenta cabalos a galope organizados en relevos.

Destas pequenas miudezas, cando xa conquistara o corazón da soberana, Potemkin pasou a facer auténticas loucuras. Nunha viaxe, só para que a súa amada as contemplase ao pasar, ergueu cidades que non eran máis que unha fermosa fachada: as casas carecían de teito e de portas, e detrás non había rúas nin habitantes…

Alguén acaba de imitar a Potemkin na visita que Hillary Clinton fixo a un hospital en Moscova. O … Seguir leyendo

Educados

O querido e recordado Fermín Penzol, ademais de crear co seu patrimonio a mellor biblioteca galega, doada xenerosamente á Editorial Galaxia cando el tiña pouco máis de cincuenta anos de idade, pagaba na súa vila un equipo de remeiros como eses de Oxford que agora armaron un escándalo en Amposta. Segundo nos contou un día un dos remeiros, o custe maior daquel equipo íase en bistecs, pois os mozos debían estar moi ben alimentados, sobre todo en época de competición, pero polo que respecta á bebida había unha norma moi clara: escasa, boa e aos pouquiños. Puro sentidiño, que é como se chama o sentido común.

Eu non sei o que puideron beber estes rapaces de Oxford para armar a que armaron. Supoño que lles tiveron que dar augarrás. Non se pode explicar doutra maneira que xente que procede dunha das universidades máis selectas do mundo, educados en boas familias … Seguir leyendo

Unha muller desgustada

Nos Estados Unidos hai moita xente que está indignada con Bill Clinton pola denuncia dunha moza que asegura que aquel lle fixo propostas feas, no cuarto dun hotel, cando o actual presidente era gobernador do estado sureño de Arkansas. Naturalmente, el nega a acusación. A muller, pola súa parte, está disposta a chegar a un acordo por unha cantidade duns trescentos millóns de pesetas, ademais dunha reparación de tipo moral: que Clinton lle presente desculpas pola ofensa e o dano que lle causou.

Hai uns días vin nunha cadea de televisión internacional unha señora que choraba de rabia polo comportamento do seu presidente, que consideraba humillante para unha nación tan grande e poderosa como América. Dramatismos á parte, quizais non lle faltase algo de razón, aínda que a cousa tampouco é para chorar.

A min, persoalmente, moléstame moito máis outra historia de Clinton: que autorizou a execución dun retrasado mental … Seguir leyendo

Unha cousa de risa

En Madrid, a un rapaz quixéronlle bater porque ía rindo só pola rúa. Segundo contou na radio, a risa veulle porque de repente se acordou de que o día anterior vira na televisión un amigo golfo, algo borracho, dicindo en verso gansadas sobre a propia anatomía. Nese instante cruzouse cuns individuos que lle preguntaron por que ría. Púxose tan nervioso que non soubo ben que cousa responder, de maneira que a agresividade dos carrañas aumentou aínda máis. O caso é que se salvou duns golpes case por milagre.

O peor é que, desde entón, ao rapaz sucédelle unha cousa rara: na casa, cando está só, ponse triste e sente ganas de chorar; o contrario do que lle sucede na rúa, que sente desexos de rir. Un experto que asistía ao programa díxolle que esa é unha conduta normal e que se recuperará. O mozo, en cambio, era pesimista.

A verdade … Seguir leyendo

Cousas de tolos

Durante anos, viña con frecuencia por Galicia un personaxe intelixente e estrafalario, ilustre profesor portugués de non recordo que materia, que estaba empeñado na realización práctica dun complicado soño relacionado co noso país. Naturalmente, coa excepción duns poucos estudantes inocentes e algún intelectual respectuoso, ninguén lle fixo caso. A verdade é que cando falaba, e hai que dicir que era un mestre admirable no emprego da linguaxe, o mesmo podía ser tomado porunha persoa responsable que por un tolo.

En xeral, a xente pensaba que non estaba ben da cabeza. Non obstante, tiña feito cousas notables na súa vida: por exemplo, fundara seis ou sete universidades no Brasil. Esa capacidade apostólica xunto coa súa cautivante cortesía permitíanlle expoñer os seus plans a moitas persoas, que o escoitaban fascinadas, pero que non lle facían caso. Farto, un día desapareceu sen deixar rastro.

Agora, moitos anos despois, recibo carta del desde Lisboa. … Seguir leyendo