La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Un home no camiño

Onte pola mañá, cando ía buscar os periódicos, atopeime no camiño cun individuo raro, a característica máis destacada do cal era que andaba cargado de cadeas. Levábaas arredor do pescozo, na cintura e nas pernas, estas últimas enroladas igual que unhas polainas. Polo demais, gastaba barba natural e montaraz, sen arranxos nin recortes, e unha melena de Cristo necesitado. A roupa, polo menos os pantalóns, presentaba rotos no sitio dos pobres e a camiseta, que era de propaganda, non estaba mellor.

En canto me viu, botoume unha bendición e deseguida volveu os ollos cara ao ceo e púxose a facer en serie unhas puñetas tremendas, absolutas. Para a última, agachouse, tomou pulo, deu un salto e fíxoa no aire: estralou como unha blasfemia. Despois mirou para min, adoptou unha postura marcial e saudoume a estilo militar.

Non sei que clase de loucura será a que lanzou a este home polos … Seguir leyendo

Lingua pública, lingua privada

Contaba Rafael Dieste que un día se presentou na tertulia do café Tortoni, en Buenos Aires, onde residía, un individuo que quería falar con el sobre cuestións relacionadas co idioma. O escritor galego, que era autor dun manual de ortografía pensou que se trataría de alguén que pretendía discutir algunha cuestión de tipo normativo. En realidade, o espontáneo era un home curioso e intelixente, aínda que tolo, que buscaba adeptos para unha organización ou seita de xente que se comprometía a falar só con substantivos.

Como loucura lingüística non é novidosa: libros escritos desa maneira hai varios, quizais como alarde de enxeño inútil máis que como filosofía. Desde este último punto de vista, houbo un frade italiano do século XVIII, Amadeo di Tenda, que era partidario de combater o escurantismo a base de non empregar palabras abstractas.

Aínda sen ser tolo, a proposta ten algo de atractiva. Non hai dúbida … Seguir leyendo

Melina e Paola

Cando Melina Mercouri andaba por Europa adiante protestando sen descanso contra a ditadura dos coroneis na súa Grecia natal, as ameazas daqueles bárbaros ían seguindo os seus pasos de cidade en cidade, de hotel en hotel. Case sempre se trataba do mesmo, é dicir, chamarlle puta por teléfono, xurarlle que o seu home lle puña os cornos con toda clase de mulleres e anunciarlle unha morte inminente, previa á inevitable violación. Un aburrimento. A miseria moral dos brutos non dá nunca para moito máis.

Nunha ocasión, Melina tiña que falar nun teatro da cidade italiana de Xénova. O acto debía empezar ás oito en punto da tarde. Uns minutos antes, unha rapaza da organización foi comprobar se todo estaba a punto, incluídos os micrófonos. Por casualidade descubriu un paquetiño envolto en celofán e atado con cintas.

Era unha bomba preparada para estourar ás oito e cinco, cando Melina estivese falando. … Seguir leyendo

Alumnos, alumnas e alumnes

Houbo unha tempada na que Luís Trabazo, un home intelixente e pintoresco, deses que fan lenda, utilizaba o masculino como xénero único, de maneira que dicía o muller, o nena, o lúa e o boca. Non sei de onde sacou aquela extravagancia nin que pretendía conseguir ou demostrar con ela, pero estou seguro de que respondía a algunha complicada teoría, probablemente disparatada, pero con fundamentos inxeniosos, non sempre gratuítos. Entre a loucura e o puramente estrafalario, Trabazo tiña moito talento.

O outro día pregunteille a un grupo de rapazas e rapaces se elas se sentían discriminadas cada vez que me dirixía ao conxunto utilizando só o xénero masculino, como mandan as normas, e unha das mociñas respondeume que se eu dicía, por exemplo, que calasen todos, pensaba que me refería exclusivamente aos rapaces.

Non me pareceu que o dixese por ser orixinal ou porque militara nalgunha organización en defensa destas … Seguir leyendo