por amarxedotempo | Nov 21, 2014 | Marxe
Hai unha frase que todo afeccionado ao jazz coñece ben: “Sexa xeneroso ou será un cadáver”. A lenda asegura que foi dirixida por un dos donos do famoso Cotton Club de Nova York ao xerente dun negocio rival que tiña atado por un contrato a Duke Ellington, a quen impedía que puidese actuar naquel mítico local de Harlem. Fosen pronunciadas ou non esas palabras, tanto ten, o caso é que xa forman parte da historia musical do século e que traducen bastante ben o ambiante en que naceu e se desenvolveu a música de jazz.
O Cotton Club, no que tocaron algúns dos mellores intérpretes antes da Segunda Guerra Mundial, pertencía entón a Owney Madden, un gánster de ollos azuis e bos modais, suave no trato e con voz de nena, pero capaz de meterlle un tiro entre os ollos sen piedade a quen se atrevese a cruzarse imprudentemente no … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Nov 20, 2014 | Marxe
No pasado mes de outubro, cando estiven en Fráncfort, contei aquí como non puiden asistir á presentación do libro sobre a vida de Leni Riefenstahl, nin ver en persoa, polo tanto, a esta muller de 97 anos que me fascina desde os meus anos de estudante, cando souben da súa existencia. Xa me pasara algo semellante en Berlín, noutra ocasión, que tamén perdín, por culpa dunha conferencia miña, unha charla que daba ela, á mesma hora, a moi poucos metros da sala na que falaba eu. En Fráncfort conseguín, sen embargo, que me permitisen botarlle unha ollada ao libro, un exemplar único que tiñan na caseta da editorial e que só puiden consultar baixo a mirada vixiante dunha rapaza, preocupada porque non llo roubasen ou algo así.
Desde hai un par de días dispoño xa da citada obra. Onte dediqueille algún tempo, non só a ese título, senón tamén a … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Nov 19, 2014 | Marxe
Eu non sei se don Antonio Cánovas del Castillo era tan feo como di Valle-Inclán e menos aínda se tiña expresión de can e patas de galo. Polos retratos que nos chegaron a través dos libros de Historia, parece un home convencional, quizais cunha lixeira aparencia canina de especie nobre, pero tampouco demasiado relevante. O que sen dúbida debe ser certo é que na conversa de diario, mesmo cos bedeis, metía unha gramática aplastante e repoluda, que Valle imita de forma intelixente e maliciosa nalgúns dos seus libros.
Menos escollida de falas foi dona Isabel II, que tiraba a muller de barrio, ocorrente e simpática. Do seu ilustre consorte, o mariconciño de don Francisco de Asís, dicía cousas tremendas; por exemplo, que estaba feito de pasta flora. Nada importante en aparencia, se non fose que esa frase era un simple pretexto para buscar a rima que lle permitía engadir que … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Nov 18, 2014 | Marxe
O martes pasado estiven en Ferrol para dar unha conferencia. Non puiden ver unha amiga miña, estudante de COU, que desde hai un ano me escribe unhas cartas moi amables, pero á cal non coñezo persoalmente. Vin, en cambio, outros amigos, sobre todo a xente que asistiu á conferencia. Chamoume a atención que, ao rematar, algúns dos presentes se achegaron para preguntarme polo gato Samuel, que polo que vexo, debe de ser o gato máis famoso e querido de toda Galicia. Díxenlles que está moi ben, que cada día se volve máis lambonciño e que agora colleu o mal costume, co cambio de horario que se produciu hai pouco, de reclamar o almorzo unha hora antes. Nisto compórtase como un reloxo automático e non hai maneira de impedilo.
A min, cando me preguntan polo gato Samuel, ás veces dáme algo de vergonza, sobre todo por dúas razóns. A primeira, porque … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Nov 17, 2014 | Marxe
Tardei en decatarme de onde me viña aquela incomodidade. Ao principio pensei que todo dependía da véspera: tertulia nocturna cos amigos ata altas horas da madrugada, tabaco, falta de sono… En fin, todos eses praceres que se pagan con atraso. Pero non tardei en advertir que máis que a incomodidade da resaca, que adoita ser espiritual e difusa, o que eu sentía era dolor física, exacta e inmediata, localizada en puntos moi concretos das costas, de maneira especial naqueles onde hai máis ósos que carne.
A culpa era da cadeira. Xa cando a vin, sentín algo de alarma. Atopeina demasiado aparente, como esas persoas que se proclaman tanto a si mesmas que xa sabemos que nos menten. Para ser unha cadeira, como para ser un individuo decente, abonda coa sinxeleza. Despois de todo, un non pretende outra cousa que sentar.
Dáme a impresión de que a persoa que deseñou o … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Nov 16, 2014 | Marxe
Hai un par de días atopeime na rúa cun deses homes estatua, coa cara pintada de branco, que ultimamente se atopan con tanta frecuencia facendo o seu número ao aire libre para conseguir un pouco diñeiro. Estaba subido no alto dun caixón e parecía de pedra, cos movementos do corpo conxelados. Chamoume tanto a atención que me detiven a observalo discretamente desde lonxe. Por non mover, non movía as pálpebras nin os ollos e a respiración debía facela aos pouquiños, como se tivese pulmóns de paxaro.
A pesar de que non pasaba case ninguén pola rúa a aquela hora, o home seguía imperturbable no seu sitio, transformado en mármore. Decateime de que aquela quietude absoluta non só me sorprendía a min, porque pronto vin unha señora que se detiña tamén a mirar con cara de asombro, aínda que máis preto do mimo.
Pronto fomos varios os miróns, incluídos dous negros … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Nov 15, 2014 | Marxe
Nunha vila de Ourense, hai anos vivía un volteriano rabioso que dicía que era inimigo persoal e irreconciliable de Noso Señor Xesucrito. Era un tipo gracioso e popular, que durante os tempos da República desfixo unha procesión de beatas cun bote de pementos morróns, simulando que se trataba dunha bomba. O destino quixo que a súa vida, que durante a guerra correu o perigo que non resultará difícil imaxinar, se salvase grazas á intercesión do mesmo cura a quen lle fixera centos de perradas, entre outras machacarlle cunha pedra a placa do Sagrado Corazón que tiña clavada na porta do patio.
A verdade é que o personaxe era un pobre home, ignorante e fatuo, cunha confusión mental duramente conquistada, na que se misturaban estudos de maxisterio, lecturas imposibles de filósofos que sobrepasaban os límites estreitos da súa cabeza, e o sal groso dun inxenio no que efectivamente brillaba a luz … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Nov 14, 2014 | Marxe
Dicíame onte un amigo, en relación co artigo no que eu confesaba a miña devoción polos raposos, que a el lle gustaría máis que tivese asumido a defensa das galiñas. Non estou de acordo. En primeiro lugar porque, en cuestión de simpatías, un non pode loitar contra as querencias do corazón, a non ser que faga como unha amiga da miña nai que visitaba os enfermos pobres da parroquia aínda sabendo que ao volver á casa sentía ganas de vomitar. Os amores forzados non son amor, por mais que tampouco saiba o que son.
A min, as galiñas non me caen simpáticas, entre outras cousas porque son feas e ridículas. Teñen, ademais, algo de traidoras. Cando lle rouban a merenda a un neno, por exemplo, fano con aleivosía, achegándose suavemente, como se nada, para lanzar logo un picotazo rápido e seguro. Seino por experiencia.
Iso non quere dicir que lles … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Nov 13, 2014 | Marxe
Xa teño dito aquí outras veces que un dos heroes da miña infancia, incluso da adolescencia, foi un dentista da miña vila chamado Fausto Martínez Biel, a quen todo o mundo tomaba por tolo e que a min me resultaba unha personalidade fascinante. É certo que se trataba dun home raro, algo extravagante e solitario, pero dotado dunha grande intelixencia e con moito corazón.
As extravagancias levábano a imprimir tarxetas co falso título de marqués da Limia ou a exhibir un diploma no que un garda municipal de Reus, pretendido descendente dos Trastámara, lle outorgaba un ducado fantasma. A faceta xenerosa, en cambio, conducíao a axudar a toda a clase de necesitados, incluso recollendo a algúns na súa casa de por vida.
Fausto era un dos catro ou cinco señores que naquela época, na miña vila, levaban sombreiro. Todos eles o manexaban, sobre todo para os saúdos, cunha elegancia admirable. … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Nov 12, 2014 | Marxe
Estou escribindo estas liñas no aeroporto de Barcelona, sentado nun butacón bastante incómodo, co ordenador posto sobre os xeonllos, mentres moita da xente de arredor me mira con sorpresa. Isto de que haxa persoas que aínda se sorprendan con este tipo de cousas prodúceme alegría. Cada vez resulta máis difícil atopar seres inocentes, capaces de entusiasmarse con nada. Recórdame aqueles anos nos que un simple aparato de radio portátil provocaba o pasmo ou cando os primeiros televisores deixaban a xente pampa.
Vou a Baltimore, nos Estados Unidos, e se quero cumprir coa miña obrigación diaria, non teño máis remedio que facer isto que estou facendo. Un nunca está seguro de que lle deixen utilizar o ordenador no avión, por medo a que poida perturbar os instrumentos de abordo. Ademais está o problema do cambio de hora.
Agora mesmo espero a chegada do meu compañeiro de viaxe, o escritor catalán Joan … Seguir leyendo