La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Desgrazas absurdas

Don Ramón Otero Pedrayo contaba ás veces que cando eran nenos el e Vicente Risco, as galiñas da casa de Trasalba tirábanse aos ollos deste último porque pensaban que eran figos. Non é frecuente, non obstante, que as pitas se comporten dunha maneira tan agresiva. En xeral, os problemas cos animais domésticos empezan cos cans, que son os que máis atacan a xente. Todos coñecemos casos de persoas asustadas ou mordidas por eles. Despois veñen os bois e as vacas, que son moito máis perigosos.

A un irmán meu, cando tiña tres anos, escornouno a vaca Barrosa, que lle meteu máis de trinta cornadas, ningunha mortal, afortunadamente. Menos sorte tivo un veciño dunha aldea  próxima, que morreu co corazón partido en dous por un touro semental. Os porcos tamén teñen feito algunhas barbaridades, sobre todo cos rapaces.

Falando destas cousas, un amigo contounos onte a un grupo de compañeiros que … Seguir leyendo

Pecar en seco

Leo un divertido traballo sobre comellóns e cuchipandas. Polo que se ve, en cuestión de incontinencia gastronómica, todos os excesos son posibles. Postos a comer, hai individuos capaces de realizar fazañas que sobrecollen pola dimensión do desatino, de xeito que se pode dicir que non hai outros límites para o estómago que os que marca a imaxinación humana, unha fronteira volátil que sempre queda lonxe. Ao longo da historia tense comido de todo, mesmo cousas que non teñen que ver cos reinos animal e vexetal, incluído o ouro.

O Rei Sol, Luís XIV, por exemplo, era un bárbaro na mesa. Un menú bastante habitual deste rei de Francia consistía en catro pratos de sopas diferentes, un faisán enteiro, unha perdiz, unha fonte de ensalada, un pernil de año en salsa de allo, dúas talladas grosas de xamón, unha fonte de pasta, froita e doces.  Por riba, unha amante botáballe polvos … Seguir leyendo

Lembranza dun avó

O xoves pola tarde, en Pontevedra, despois dun acto público, atopeime cun amigo da infancia ao cal había algún tempo que non vía. Presenteillo ás persoas que me acompañaban e unha delas, sen máis, preguntoulle medio de broma se aínda non o sacara nunca na galería de personaxes de Xinzo que ás veces aparecen nesta sección de cada día. Cando lle respondeu que non, decateime de que, efectivamente, nunca falei del aquí, a pesar de que pasamos a nosa nenez xuntos, case como se fósemos irmáns.

Este amigo, Domingo Romero, vivía nunha casa vella. Había nela dúas cousas moi divertidas: a primeira, un tren eléctrico; a segunda, un avó que parecía sacado dunha novela, tanto polo seu aspecto venerable, pelo branco e bastón con empuñadura de prata, como pola maneira de falar: voz suave de caricia.

Sempre me quedou unha frustración con aquel home. Entón eu non sabía, porque era … Seguir leyendo

Ritos de solemnidade

Un tío meu, cura de relumbrón, que fixo a fazaña ata agora non igualada de sacar matrícula de honor en todas as asignaturas nos doce cursos que duraba a carreira, dicía que o que menos lle gustaba dos curas que chegaban a bispos era que de repente se fixeran tan solemnes. Sexa certo ou non, e a verdade é que dos tres ou catro bispos que eu tiven ocasión de tratar resultaron ser bastante sinxelos, esta tendencia á solemnidade está moi estendida, incluso entre a xente normal, cando chegan a un cargo de responsabilidade.

Non sei por que o primeiro cambio que se lles nota é a maneira de falar, da que desterran a sinxeleza, como se tivesen medo a que os considerasen pouco serios. Con frecuencia tamén cambia o timbre fónico. Un compañeiro meu de estudos, a quen sempre tiven por boa persoa, competente e nada afectado, atopeino un … Seguir leyendo

Unha asesora

A noticia de que o goberno de Serra Leona conta cunha bruxa entre os seus asesores máis atendidos provocou algúns artigos irónicos nun par de revistas norteamericanas. Xa se falara desta señora hai varios meses, cando se soubo que o exército se valía dos seus servizos para adiviñar onde estaban emprazadas as pezas de artillería dos rebeldes secesionistas alzados en armas. Vólvese falar agora, despois de que trascendese a noticia de que o presidente aprazou unha decisión importante por consello da bruxa.

Non sei quen é o señor presidente de Serra Leona nin sei como se chama, ignoro se é intelixente e descoñezo calquera  outro dato sobre el, a non ser este da moita fe que debe ter nas bruxas. Dada a insignificancia internacional do país no que manda, tampouco me importa demasiado que se deixe guiar polos consellos desa señora.

Despois de todo, iso mesmo era o que facía … Seguir leyendo