La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Tres tentacións

Estou en Madrid para presentar a edición en español da miña última novela. O día non empezou ben, pois nada máis chegar ao hotel, atopeime con que perdera o documento de identidade e as tarxetas. Ser despistado ten algunhas vantaxes de tipo espiritual, pero ocasiona non poucos problemas de tipo práctico. De todos os xeitos non está mal isto de pasar por diante dos escaparates coa conciencia de non ser máis que un mirón, sen que nos pase pola cabeza a tentación de mercar algo. Unha boa vitoria sobre o Demo.

Polo demais, a comida cos periodistas foi moi grata. Montamos unha tertulia que durou dúas horas, na que non me deu tempo a probar bocado porque Juan Cruz, o meu editor e amigo, tiroume da lingua para que contase historias. Ao final, pasámolo todos ben, incluída a miña saúde, pois un descanso á gula non lle vén mal.

Eu … Seguir leyendo

Explicacións racionais

Estes días, buscándolle algún tipo de lóxica ao comportamento de Saddam Hussein nas últimas semanas, moitos comentaristas internacionais parecen seguir un famoso consello de Disraeli, o cal aseguraba que tratar de entender a política como quen entende a vida doméstica significa situarse de antemán na posición de non entender nada. Iso quere dicir, no caso concreto do dirixente iraquí, que este estivo actuando da maneira que o fixo coa conciencia clara e responsable dun home de Estado, aínda sabendo os riscos que corría.

Polo tanto, a provocación insitente aos Estados Unidos, máis alá de calquera aparencia de cousa irracional ou arroutada, tiña serios fundamentos políticos, previamente discutidos sobre a mesa de operacións por expertos intelixentes e estrategos experimentados. Do que se trataba, probablemente, era de responder aos graves problemas internos creando de novo un inimigo exterior.

Esta explicación, ademais de estar de acordo coa recomendaciónde Disraeli, ten o mérito de … Seguir leyendo

Preguiza

Onte pola tarde, despois do café, cando me dispuña a iniciar o traballo da segunda metade do día, entroume de pronto unha preguiza invencible, eu creo que de índole pecaminosa. Non tiña ganas de facer nada, nin sequera este artigo que aparece hoxe aquí. Sen dubidalo, collín o coche e fun ata a carpintería de Antonio, que está preto da casa, a menos de cinco minutos. Como teño contado noutras ocasións, gústame ver o traballo dos carpinteiros, á parte de que o arrecendo da madeira e da cola me transportan, a través dos mecanismos sentimentais da memoria, ata a miña infancia en Xinzo, cando ía á carpintería do Portela.

Cando cheguei, Antonio estaba cepillando unha porta nunha desas máquinas perfectas que hai agora, que fan en dous ou tres minutos o traballo que antes se tardaba en facer máis dunha hora. Cando rematou, apagou a cepilladora e empezamos a falar. … Seguir leyendo

Fumar ao aire libre

A última vez que estiven en Nova York, hai un par de meses, uns amigos leváronme a cear a un coñecido restaurante en Broadway, famoso por un cuarto acristalado que ten na entrada, onde se ven varios miles de quilos de carne colocados en andeis, como se aquilo fose unha biblioteca, e polos centos de fotos de personaxes coñecidos que adornan as paredes do comedor. Eu ía contento, como é lóxico, pero cunha pequena inquietude: que non me deixasen fumar tranquilo e a gusto ese puriño glorioso á hora do café.

Aquel mesmo día xa tivera problemas despois de xantar: non lonxe de alí, nun restaurante próximo a Times Square, un camareiro loiro e ríxido negárame de maneira categórica, aínda que moi educada, permiso para acender un puro. Non fora a única vez; en Nova York, onde agora van prohibir fumar ao aire libre, as normas son así.

Entrei, polo … Seguir leyendo

Unha compra moi cara

Os afeccionados á pintura saben que Balthus, o célebre pintor de orixe polaca que se titula a si mesmo conde de Klossowsky de Rola, non se deixa fotografar facilmente e, cando o permite, impón que detrás da cámara estea un dos grandes, como fixo hai anos con Cartier-Bresson ou con Man Ray. Pechado no seu chalé suízo de Gstaad, unha casa de trinta e sete cuartos, este velliño de noventa anos coida avariciosamente da súa imaxe, pero hai uns días deixouse retratar por un fotógrafo norteamericano.

Está esquelético, aínda que conserva o aspecto vivo da cara de paxariño que sempre tivo, así como as enormes orellas de avión e os ollos incisivos que aparecían xa nos retratos de hai tempo, cando era novo. Vive cunha muller oriental, trinta e cinco anos máis nova, que se namorou del por un pano vermello que levaba na man.

Sempre tiven interese por ver, … Seguir leyendo