La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Chega a realidade virtual

Aínda recordo a impresión divertida pero calamitosa que hai anos me produciu ver o home dunha amiga miña facendo unha batalla naval na bañeira da casa con lanchiñas e soldados de plástico: aínda que non o era, tiña todo o aspecto de ser un débil mental. Un comportamento como este, aparentemente tan pouco normal, ten que ver co feito comprobado de que a necesidade de xogar non se corresponde unicamente coa infancia, por máis que haxa normas culturais non escritas que reprimen no adulto uns desexos profundos de seguir xogando ao longo de toda a vida. Neste campo concreto, a fronteira entre o permitido e o prohibido depende do xoguete.

Hai un vello refrán inglés que di que a diferenza (the difference) entre os homes e os rapaces (between the men and the boys) é o prezo dos xoguetes (is the price of the toysSeguir leyendo

Un día máis

Onte, no curso de Iria, tivemos mesa redonda. Como era de esperar, Sánchez Dragó prometeu falar quince minutos, pero pasouse de control e acabou nos corenta. Non houbo problema por dúas razóns. En primeiro lugar porque Luis Racionero foi brevísimo e porque eu mesmo, que en público me corto un pouco, cedín parte do tempo que me correspondía. En segundo, porque a xente estaba encantada co torrente verbal de Fernando. Cando é así, non hai problema: o malo sería que se tratase dun rollo. Despois, durante o almorzo, aproveitamos para gastarlle bromas. Defendeuse aducindo unha timidez que, polo que se pode ver, disimula moi ben.

Logo, Luis Racionero andaba preocupado por coñecer a colección de botellas asinadas que ten Cela nun dos cuartos da fundación, pero esquecémonos de amosarllas. A verdade é que merece a pena: hainas coa firma de Picasso, de Hemingway ou de Menéndez Pidal, que era … Seguir leyendo

Un polaco previsor

De Polonia a Suecia, por mar, hai un paso. É a única distancia curta entre os dous países; no resto é como se estivesen en mundos diferentes. En termos de salarios, por exemplo, a separación pódese establecer simbolicamente entre as trescentas mil pesetas mensuais que gaña un torneiro sueco e as mil quinientas que obtén o polaco. A desproporción é tan grande que non parece natural, senón imposta, pois non pode haber entre homes e homes as mesmas diferenzas que hai entre elefantes e formigas.

Quero dicir que alguén é responsable de que os polacos vivan na miseria apenas a uns centos de quilómetros dos países onde mellor se vive neste mundo. Mesmo somos responsables aqueles que algún día falamos sen rubor das liberdades formais e outras estupideces.

O caso é que a policía sueca ten un problema cun polaco. Trátase dun individuo que descubriu que se vén a Suecia … Seguir leyendo

Bos propósitos

Hoxe, que é sábado, vouno dedicar a navegar. Onte pola tarde estiven preparando as cousas e limpei a cuberta do barco, que se atopaba bastante sucia despois de moitos días sen pasar por alí. Logo fixen un café, senteime na popa e púxenme a mirar arredor. Cerca de min, nunha embarcación fondeada a media ducia de metros, unha parella discutía non sei por que. Só me chegaban de cando en vez os insultos que se dicían. Ela chamáballe estúpido e cretino. El, despois de chamarlle burra, díxolle que era unha cabra.

Eu funme quedando durmido pouquiño a pouco, sabendo que a modorra do sol me invadía o corpo como un exército de cóxegas agradables. Espertei media hora despois con sensación de paz, sen ganas de moverme. Ao final, optei por tirame ao mar e darme un chapuzón. A auga, que estaba fría, devolveume ao mundo.

Era un mundo de ruídos … Seguir leyendo

As ánimas

Onte falei aquí das ánimas do purgatorio e de que unha tía miña coñecera tres. Se non recordo mal, as tres ían vestidas de branco e unha delas, vista por diante, era guapa, cunha cara  transparente e chea de luz, pero ao dar volta, por detrás tiña o corpo repugnante dunha muller morta, algo podre xa. Oínllo contar moitas veces. Rezáballe todas as noites, creo que por encargo ou petición das propias interesadas, que foran amigas dela. A máis nova, que en vida se chamara Manuela, os domingos cantaba unha canción nunha lingua descoñecida. Don Juan Portabales, cura párroco de Lamas, dicía que as ánimas podían saber calquera idioma, menos o ruso.

Na miña terra, as ánimas sempre se apareceron vestidas con túnica branca, pero hai outros sitios onde se presentan neste mundo convertidas en animais, especialmente bolboretas. Non obstante, tamén poden adoptar outros disfraces, como son os de paxaro … Seguir leyendo