La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

A pel dos elefantes

A primeira vez que asistín a unha conferencia tiña eu dez anos e foi para escoitar un padre misioneiro que viña de África. Estouno vendo: gordo e tranquilo, coa barba roxa en punta, o pelo pincho e a sotana branca, contando con viveza como lles disparaba con rifle aos elefantes que se bañaban no río e como estes sacudían as balas da pel coa mesma desgana que un can pode empregar para desprenderse dunha mosca pesada. Que un proxectil puidese rebotar no corpo dun ser vivo non me cabía na cabeza.

Despois de falar dos elefantes, o misioneiro contou tamén que naquel país de onde viña había xente moi alta, de cerca de dous metros, e xente moi pequena, que medía a metade da estatura dos máis grandes. Escuso dicir que aquela noite decidín ser como aquel home e nada máis espertar pola mañá funllo dicir á miña nai.

Onte … Seguir leyendo

Unha cadeira

O novelista portugués José Saramago contoume nunha ocasión a historia de como morreu Oliveira Salazar. Este home, que vivía como un frade, nunha casa sen luxos, sentía un apego especial por unha cadeira vella de madeira, na que lle gustaba ler os periódicos. Foi precisamente esta cadeira a causante da súa morte. Rachou de súpeto, cando o ditador se entregaba á lectura dun xornal, e deu co corpo na terra, coa mala sorte de que bateu coa cabeza contra o chan e quedou inconsciente. Non espertaría nunca máis.

O sábado, cando deron na televisión as imaxes da incineración de Pol Pot, resultaba chamativo o procedemento seguido polos guerrilleiros para queimar o cadáver do seu antigo xefe e logo prisioneiro. Fixérono con dous pneumáticos, varios trapos, un colchón, unha manta, algúns cartóns, tres ou catro caixóns e unha cadeira.

Onte souben por un comentario que esa cadeira era o moble predilecto … Seguir leyendo

Leopoldo II e Cleo de Merode

Na campaña para o referendo sobre a restauración da monarquía no Brasil, que se vai celebrar o próximo mércores naquel país, un periodista chamado Mário Lemercier, partidario exaltado e devoto do réxime republicano, dedicouse a airear na prensa os líos amorosos en que teñen andado metidos os monarcas de medio mundo ao longo da historia. Aínda que resulta dubidoso que un argumento desa natureza poida ter éxito de ningún tipo na terra do Carnaval, as reportaxes do citado xornalista incrementaron de forma rotunda as vendas do seu periódico.

Un dos exemplos máis crudamente utilizados polo periodista na súa campaña, quizais debido á súa ascendencia belga, foi a figura do rei Leopoldo II de Bélxica, de quen se dixo, parece que con fundamento seguro, que foi amante durante moitos anos da famosa bailarina Cléo de Merode. Agora ben, dese feito pódese tirar a conclusión de que o rei era un golfo, … Seguir leyendo

A forza duns ruíns

Oínlle contar moitas veces ao meu avó, que alá polos anos finais da ditadura de Primo de Rivera, houbo unha pelexa da que foi vítima, non por participar directamente na batalla, pois era home tranquilo, senón por empeñarse en poñer paz entre os contendentes, o cal lle custou saír do suceso coa cara atravesada por un navallazo que lle chegou ata a mesma lingua. Desde entón, mentres viviu, unha marca escandalosa na meixela quedou sinalando sempre o punto exacto por onde lle entrou a barbarie.

Había unha parte daquela historia que tardei anos en comprender: desde entón, os de Xinzo, durante tempo, esperaban as leiteiras de Lamas na ponte do río, ao lado do campo da feira, e envorcábanlles os caldeiros con mercadoría. É dicir, que unha pelexa entre individuos acabou convertida nun enfrontamento entre pobos.

A lea parece que durou meses, non tanto pola causa inicial, senón polas gangas … Seguir leyendo

Un carpinteiro

Hai uns días, nunha viaxe a Ourense, atopeime pola rúa a un antigo compañeiro de bacharelato, agora convertido en carpinteiro. O pobre tiña fama de burro, aínda que non coñecín a ninguén que estudiase con tanto fervor, mesmo coa actitude de comer materialmente os libros. Puña os cóbados sobre o pupitre, agarraba a fronte coas mans e despois recitaba en voz alta, movendo os labios como un coello, frases absolutamente triviais, que tiña que repetir centos de veces antes de aprendelas. Por exemplo: «Cristóbal Colón descubrió América. ¿Quién descubrió América? Cristóbal Colón».

O peor é que despois dun esforzo tan descomunal, chegaba á clase, o profesor preguntáballe a lección e el dicía: «Cristóbal Colón puso sitio a Viena». Un desastre. Eu oínlle disparates inesquecibles, como un día que na clase de ciencias naturais dixo que o corazón estaba formado por catro paredes musulmanas. Noutra ocasión o profesor de … Seguir leyendo

Xenebra

Onte pola mañá, a iso das doce, cheguei ao aeroporto de Xenebra, en Suíza, para participar no encontro de escritores que se celebra no marco do Salón Internacional do Libro. Nevaba tanto que me metín no hotel, disposto a agardar as horas que aínda faltaban para que me viñesen buscar uns amigos e amigas suízos, cos que tiña que ir comer. Nada máis entrar no vestíbulo, atopeime con Juan Frías, o escritor que ten as orellas máis grandes do mundo, o cal lle dá unha aparencia moi similar a un rato, e puxémonos a falar. Co seu despiste habitual, que as persoas que o tratan coñecen ben, fíxome unha pregunta fantástica: “¿Ti sabes que vimos facer aquí?”.

Mentres el se dirixía ao bar do hotel, eu subín ata o meu cuarto, acendín o televisor para ver se dicían algo do asunto de Pinochet, e logo acordei saír a dar un … Seguir leyendo

Final dunha historia

O outro día, desde Italia contei a historia dunha rapaza de Vicenza a quen un admirador lle enviou mil rosas vermellas, unha homenaxe galante que estivo a punto de acabar co noivado da moza, pois o seu prometido, un dentista, non entendía que todo aquilo puidese suceder sen que ela dese motivos. Por outra parte, como dixen tamén, non é a primeira vez que esta muller provoca incendios como este. Hai pouco, un señor regaloulle unha Harley Davidson, pois a mociña parece que ten a afección das motos.

O sábado, no periódico de Módena vin unha foto da rapaza. A verdade é que debe de ser bonita. O mesmo periodista que firmaba a información non aforraba eloxios nin adxectivos, algúns deles postos en boca de veciños e amigos da interesada.Un deles chamáballe divina; outro aseguraba que nunca vira unha muller tan fermosa.

Sexa como sexa, a historia parece que rematou … Seguir leyendo

Linguas

O outro día falei aquí de palabras e atopeime, como esperaba, que a moita xente lle interesan os asuntos relacionados coa linguaxe. Non recordo se foi Alfonso Reyes quen dixo que se durante unha tertulia ou reunión decae o tema da conversa, ou ben porque alguén se poña a falar das súas experiencias vividas no cuartel con motivo de cumprir o servizo militar ou porque a algún dos asistentes se lle ocorra poñerse a contar con detalles unha película, o mellor é sacar un tema relacionado coa lingua.

De maneira automática, todo o mundo se interesa e a reunión anímase de novo. Debe ser certo porque eu xa o comprobei en bastantes ocasións. A propósito do artigo do outro día falei destes temas con varias persoas. Sempre me chamou a atención que os meus fillos, que son suecos de nacemento, lle chamasen aos seus avós nórdicos con dous nomes distintos, … Seguir leyendo

Un sistema pedagóxico

O periódico italiano La Voce, que dirixe Indro Montanelli, publicaba o domingo pasado a historia dun neno ao cal non lle está permitido ver a televisión. Cando os seus pais se sentan diante da pantalla para distraerse cos seus programas preferidos, el debe retirarse ao seu cuarto e dedicar ese tempo a outro tipo de actividades: ler un libro, tocar o violín, escoitar música ou simplemente non facer nada. O neno, non obstante, non protesta, porque non se trata dun castigo, senón dun programa pedagóxico.

Os pais do neno, que queren que o seu fillo sexa feliz, elixiron o mellor colexio que encontraron para darlle a educación máis conveniente destinada a conseguir ese fin. Trátase dunha escola que segue as teorías dun pedagogo austríaco de prestixio, que impón como norma fundamental que os nenos non vexan a televisión.

Supoño que será un experimento máis, probablemente destinado a fracasar, como … Seguir leyendo

O raio

Estes días de vacacións, o raio fixo algunhas falcatruadas por aquí abaixo, aínda que ningunha importante, por fortuna. A min pegoume un susto o venres pola noite, cando estaba eu só na casa, lendo unha biografía de Lorenzo de Medici. Nun momento escoitei como un trallazo dentro do salón e case simultaneamente foise a luz, ao tempo que o ceo retumbaba xusto por riba de min. Non había ningunha dúbida de que se trataba da tormenta que naqueles instantes caía con furia sobre o val, un diluvio de auga que parecía romper as tellas e unha luminaria de alustres seguidos, uns atrás dos outros, que entraban polas ventás como se fosen a lingua do demo.

Cando quedei sen luz, achegueime ás atoutiñas para restablecer as cousas no cadro de mandos, que supuxen que acababan de saltar. Como non cómpre saber nada de electricidade para resolver estas avarías elementais, en poucos … Seguir leyendo