La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Aí veñen os furóns

O furón é un bicho pequeniño e nervioso, parecido a unha donicela, que cheira a podre, como peido de demo. Eu vin varios cando era rapaz. Tíñanos escondidos en gaiolas os cazadores tramposos, que os utilizaban para a caza fraudulenta do coello. Meter aquel animal polo toco abaixo e escoitar deseguida unha especie de terremoto debaixo da terra era unha experiencia excitante para un neno, que ignoraba ata que punto se estaban violando con aquela práctica os presuntos dereitos dos coellos.

Non sei como son os furóns en América, pero alí teñen fama de chupa sangues. Parece que esa mala reputación lles vén dunha calumnia, cando unha señora de New Hampshire, no século pasado, dixo que a razón de que un neno se lle esmirriase dependía de que había un furón gordiño que vivía de chupalo.

A pesar de todo, hai alí unha asociación de defensa destes animais. Acaba de … Seguir leyendo

Un home satisfeito

Hai anos, un día estaba eu no xardín observando como uns homes facían unha pequena reparación no tellado da casa. Eran dous, pai e fillo, ambos de estatura alta e poucas carnes, tan escasas e apretadas que máis que delgados parecían enfermos. Non vin que estivesen contentos e os meus esforzos por manter unha conversa con eles resultaron un fracaso. Entón collín un libro e senteime no porche a ler un pouco, en parte para evitar unha situación que empezaba a ser absurda e incómoda para todos.

De súpeto, cando más metido estaba na lectura, escoitei un alboroto: naquel momento os dous homes baixaban das escaleiras a todo correr, como se fuxisen dun lóstrego. Transcorridos apenas uns segundos, xa os vin alancando por un campo veciño detrás dun porco. Un minuto despois, xa tiñan o bicho metido nun saco.

Sen dicirme nada, subiron de novo ao tellado e seguiron traballando, … Seguir leyendo

Un motivo de admiración

Hai uns días, nun programa de radio no que un contertulio falaba acremente do pasado falanxista de Julio Anguita, outro dos participantes, bastante irritado, saíu en defensa deste señor dicindo que a vida dunha persoa non se debe xulgar nunca polos seus erros, senón polas súas rectificacións. Como exemplo puxo a Charles Lindbergh, que foi condecorado polos nazis, que traballou pola neutralidade americana na Guerra Mundial, pero que despois non tivo inconveniente en participar en misións militares a favor dos Aliados.

Non resulta difícil estar de acordo cunha proposta tan razoable, aínda que dubido que o exemplo de Lindbergh sexa o máis apropiado. En todo caso, iso non invalida a corrección do pensamento expresado polo aludido señor, que aproveitou a cita para confesar a súa admiración polo célebre piloto americano.

Comparto a admiración, pero o que me gusta de Lindbergh non é ese voo de trinta horas sobre o océano, … Seguir leyendo

Asfalto

Desde hai uns días, os americanos están metidos en plena campaña electoral. Unha das cousas que máis me sorprende dela é a contrapropaganda. Na televisión, constantemente, aparecen mensaxes dun candidato contra outro. Por exemplo, o candidato demócrata ao senado por Nova York emite todos os días un anuncio no que aparece a fotografía do seu rival e, debaixo, unha lenda que se repite de viva voz e que di: “Demasiadas mentiras durante demasiado tempo”. Non parece moi edificante. Por iso tampouco resulta estraño que a xente teña aquí unha opinión bastante negativa dos seus políticos, aos que ás veces consideran dinosauros tramposos.

Outro asunto que sorprende é a importancia do diñeiro e a liberdade con que todos falan del. Nisto, os demócratas parten con desvantaxe, pois os ricos, normalmente, apoian aos republicanos. Por exemplo, un dos candidatos destes últimos por Nova York dispón duns catorce millóns de dólares para a … Seguir leyendo

Como unha sauna

A primeira sensación que tiven ao baixar do avión, na Habana, foi a de entrar nunha sauna: unha calor húmida que se apodera das persoas e que converte o corpo nunha masa preguizosa e torpe, disposta á vagancia. Menos mal que empezou a chover e a noitiña resultou moi agradable, sobre todo á beira do mar, que é onde está o hotel. Por certo que no mesmo vestíbulo hai unha tenda de puros para perder a cabeza. Aínda que o máis probable, se un se deixa levar polo entusiasmo, que perda a carteira.

Agora mesmo, cando escribo estas liñas, son as seis da mañá e fóra está completamente escuro. Erguinme cedo por culpa do cambio de hora, que ten unha diferenza de cinco con España, e porque me agradaba ver a saída do sol no trópico. Haberá que agardar porque aínda é noite pecha. A calor, non obstante, é xa … Seguir leyendo

Unha exposición

Onte estivemos na universidade estatal de New Jersey, na cidade de Newark, do outro lado do río Hudson, para ver a exposición “Galicia e América”, organizada polo Consello da Cultura Galega, que se celebra estes días. A sorpresa foi descubrir que había un bo número de estudantes galegos, algúns deles da comarca ourensá de Celanova, entusiasmados coa presenza do seu país nun lugar que non esperaban. Dicían que a partir de agora deixarían de ser alumnos anónimos e perdidos para dispoñer de identidade.

Paseando con Antón Santamarina e Pedro de Llano, este último recordoume algo que eu tiña esquecido completamente. Este proxecto naceu aquí mesmo en Nova York hai varios anos, un día que os tres visitamos o museo da emigración na illa de Ellis e pensamos que sería conveniente facer algo parecido en Galicia.

É confortable pensar que unha conversa informal poida resultar tan transcendente. A min sempre me … Seguir leyendo

Foto

Onte pola mañá estiven na Coruña e aproveitei uns minutos que tiven libres para entrar nunha tenda de fotografía, atraído por un par de xoias (quero dicir cámaras antigas) que vira no escaparate. Unha delas era un vello soño que acariñaba desde hai tempo, difícil de cumprir pola súa relativa rareza, sobre todo tendo en conta dous factores que case nunca se dan xuntos: bo estado e prezo razoable. Total, que saín un pouquiño máis pobre do que entrara, pero infinitamente máis feliz. Se hai ceo e vou a el, conténtome con que sexa así. E que poida retratar a san Pedro…

Na tenda, tamén me retrataron a min. Unha señora agradable que estaba mercando algo achegouse e fíxome unha pregunta: “É vostede a persoa que eu penso?” Respondinlle que seguramente era así, non porque eu dubidase de min, senón por medo a que ela estivese confundida. Logo díxome rindo … Seguir leyendo

Coller cogomelos pola nova

Teño un amigo ao que lle gustan os cogomelos, aínda que non creo que sexa un esperto no asunto. O que realmente lle gusta paréceme que é a natureza. De cando en vez sae ao campo a ver o que atopa, e procura, home respectuoso coas cousas e mais coa xente, cumprir as recomendacións que le nos libros. Aínda hai pouco soubo que é mellor cortar os cogomelos polo pé cun coitelo que arrincalos dun golpe. Polo visto, utilizando o primeiro dos procedementos, o fungo volve nacer ao ano seguinte.

Escuso dicir que o meu amigo mercou unha navalla e que se botou ao monte coa conciencia cívica relucente, disposto a utilizar unha técnica que lle parecía sinxela, ecolóxica e razoable. Despois de poñer en práctica sen dificultades maiores o novo método, atopouse cun individuo que andaba ao mesmo, pero pola vella.

Non resulta difícil imaxinar que o meu amigo, … Seguir leyendo

Contra todo pronóstico

Alá polo ano 1972, estando eu en Xenebra, un deputado suízo pediu no parlamento federal que se prohibise a venda dun pequeno avión chivato, fabricado no país, o Pilatus-Porter, que os americanos empregaban para que lles sinalase con fume aos grandes bombardeiros os seus obxectivos nas aldeas de Vietnam. Respondeulle outro deputado dicindo que aquel aparello, tan lento e minúsculo, que ademais non portaba armas, non se podía considerar un avión de guerra. O parlamento púxose de parte desta última consideración.

Outro tanto fixo a opinión pública suíza, confortada cun argumento falso, pero formalmente ben construído. Despois de todo, o nome do avión, Pilatus, permitía manter o negocio coa tranquilidade dunha conciencia non demasiado escrupulosa. En cuestións de política, os cidadáns suízos non son fáciles de entender.

Cada vez que fan un referendo, e fan moitos porque abondan poucas firmas para convocalos, os resultados non sempre resultan comprensibles. Teñen votado … Seguir leyendo

Bruto

En Beiro, o lugar ao que me referín onte, había algunha xente daquela que lle chamaban da “cáscara amarga”. En realidade, eran comunistas que traballaban nas obras do ferrocarril. Un deles, segundo se contaba na casa, un día achegouse de noite cun martelo, alá polos anos da República, e púxose a machacar a placa do Sagrado Corazón de Xesús que había na porta do patio. Por milagre, pouco tempo despois, cando empezou a guerra, salvou a vida. É un dicir, porque en realidade non se tratou de ningún feito sobrenatural, senón de que o meu tío, a pesar de ter moi mal xenio e ser ultraconservador, era tamén un home de bo corazón e foi testificar a favor do bruto dicindo unha enorme mentira: que asistía á misa todos os domingos.

Durante anos, eu mirei aquel señor de mala maneira. Mesmo non estaba moi seguro de que merecese vivir, pois … Seguir leyendo