por amarxedotempo | Ago 4, 2013 | Marxe
Hai uns anos, nos Estados Unidos, unha compañía de aviación organizou uns cursos para combater o medo a voar, que nalgunhas persoas chega a ser patolóxico. Unha parte da terapia baseábase en explicar o funcionamento dos avións e a perfección técnica de que están dotados, que os converte no medio de transporte máis seguro que existe. Cando o curso chegou á súa fin, a proba final consistiu nunha viaxe a Londres.
A mala sorte quixo que o avión sufrise un accidente e que morresen todos os pasaxeiros. Moitas veces teño pensado en como deberon ser ese dous ou tres minutos anteriores á catástrofe, cando xa estaba claro para todos que o voo remataba en traxedia. Non sería difícil imaxinar que pola cabeza dalgúns deles pasara por uns instantes a idea dunha broma macabra ou a sospeita de que se podería tratar dunha técnica de choque destinada a curalos definitivamente do … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Ago 3, 2013 | Marxe
Levo vinte anos tratando de explicarlles aos meus amigos suecos o que é Galicia, falándolles, sen necesidade de esaxerar as cousas, da beleza difícil de igualar da nosa paisaxe; anunciándolles que unha das cidades máis fermosas de Europa, e creo que levo visto todas as importantes, é Santiago de Compostela; ponderándolles as virtudes do carácter galego, que eu quero crer que é pacífico, sereno e dialogante, por máis que ás veces teña as miñas dúbidas, que naturalmente non lles conto.
En todo ese tempo, a única noticia que vin na prensa sueca que falara de Galicia foi unha entrevista que me fixeron hai anos nun periódico de aquí e na que contaba publicamente para todos os lectores estas mesmas cousas que lle conto en privado aos amigos.
Este ano, non obstante, houbo un cambio. Xa falei aquí de como Lugo apareceu citado na prensa e na televisión durante varias semanas … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Ago 2, 2013 | Marxe
Hai anos, nos Estados Unidos, apareceu unha moda entre os rapaces novos que consistía en estar metido todo o día na casa e saír de noite a facer o papón polos parques e xardíns. A iso das doce enchíanse estes de tipos pálidos e solitarios, con frecuencia mirando para o ceo ou dando pequenos paseos en silencio, sen falaren uns cos outros, como fantasmas. Era xente pacífica e absurda. Non recordo agora a explicación que lle daban os expertos ao fenómeno, pero algo tiña que ver con algún cabreo ou desencanto vital.
O domingo pasado tiven que erguerme cedo para ir ao aeroporto e descubrín que ás sete da mañá hai por esta zona onde vivo grupos de rapaces que se parecen bastante a aqueles americanos: cuadrillas enteiras de mozos arrimados contra as paredes ou desprazándose cansos pola beira das rúas, esperando os autobuses.
Son os clientes máis teimudos das … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Ago 1, 2013 | Marxe
Faime raro isto de pasar as mañás na casa sen ir buscar a Torrente para marcharmos a Baiona. Este vello costume de tantos anos parecía xa como pegado á pel, por iso resulta tan desconcertante cambialo. O que fago entón é baixar ata A Ramallosa, mercar os periódicos e sentarme a lelos no porche. Como onde vivo non se escoitan os coches, aínda non sei por que milagre, de cando en vez distráiome co cantar dalgún paxaro novo, pois os coñecidos xa non me chaman a atención. Non está mal, sobre todo se iso sucede no medio da lectura dalgunha noticia inquietante, das que chegan estes días. De maneira que as mañás transcorren así. Como os rapaces andan por Suecia, facéndolle compañía ao avó, que vive só nunha casiña de tres plantas e está a punto de cumprir os noventa anos, tócame a min facer tarefas que lles corresponden a … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Jul 31, 2013 | Marxe
Onte paroume un señor na rúa para dicirme algunhas cousas amables e para comunicarme que el tamén escribía. Contoume que está redactando un libro de memorias para os seus netos, pois estima que tivo unha vida moi interesante. Non me aclarou a que se debía o interese da súa biografía porque do que me quería falar, en realidade, era dun aspecto técnico relacionado con ela. Pretendía saber se entraba dentro da normalidade utilizar nomes supostos para non ferir algunhas das persoas das que trata no libro.
Despois de intercambiar opinións sobre este asunto, quedamos en que, sempre que se poida, é mellor non molestar a ninguén. Nese momento aproveitou para confesarme que el non ten inimigos e que se leva ben con todo o mundo, ademais de que se sente un home de paz, incapaz de facerlle mal nin a unha mosca.
As memorias, non obstante, non eran o que … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Jul 30, 2013 | Marxe
Esa moza a quen vin onte pola tarde sentada nunha terraza en Baiona é a vítima inocente dunha desorde caprichosa na natureza. Direi como era: alta, de corpo delgado e gracioso, loira con melena longa e ollos azuis, rostro perfecto. A boca grande e carnosa, os pómulos redondos, cubertos por unha pel suave e morena, unha miga pencosa. Pero o nariz… ¡unha calamidade de ósos prominentes e tempas anormalmente grandes, máis propias dunha vaca que dunha rapaza bonita como aquela!
Como é sabido, un dos moitos misterios que intrigan aos biólogos é o da xénese da forma, é dicir, esa arte escultórica que practican as células para esculpir un ser humano. Cada unha ten a súa especialidade. Unhas constrúen o corazón, outras fan os ollos e a boca, as orellas, os dentes. ¿Por que unhas veces se deteñen ao conseguir un nariz pefecto e outras seguen ata derramalo?
A esta … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Jul 29, 2013 | Marxe
Todos estes suecos que votan con entusiasmo pola extrema dereita e que asisten sen rubor aos mitins de dous personaxes pintorescos, un aristócrata tronado e un pobre empresario de feiras e festas medio analfabeto, acabaron cun dos mitos que fixeron deste país un modelo exemplar de convivencia. Xa non lles importa que os acusen de racistas, un sambenito que dificilmente se soportaría hai dez anos, cando ese tipo de sentimentos se consideraban propios de países atrasados, en Suecia superados para sempre.
Todo volve. É unha das poucas afirmacións que un pode facer de maneira categórica sen medo a ser desmentido pola realidade apenas uns minutos despois de formulala. A historia, como a experiencia, non se acumula: hai que vivila. Unha desgraza.
Onte, escoitando na televisión tantos rapaces novos falando de forma agresiva contra os estranxeiros que viven en Suecia, un sentía tristeza e impotencia. Os argumentos das persoas que trataban … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Jul 28, 2013 | Marxe
Onte pola tarde, revolvendo entre os moitos cachivaches que fun xuntando nos días que andei de viaxe por Europa, atopei un pequeno icono que merquei en Moscú, creo que nun deses mercados chamarileiros que abundan nas rúas do centro da cidade. Gustoume, en primeiro lugar, porque era pequeniño. En segundo, porque era antigo e tamén fermoso. Ignoro que valor poida ter e tampouco me importa, porque non o comprei para vender, senón para gozar mirándoo. Polo aspecto debe ter xa moitísimos anos. E tamén polo gastado que está.
Ten o aspecto dun relicario con dúas portiñas. No centro, unha figura que semella O Salvador, cunha lenda en alfabeto cirílico que resulta ilexible. Na folla interior de cada porta, aparecen seis figuras máis, supoño que santos, que tampouco se poden recoñecer. Con todo, non é a beleza do icono o que me fascina, senón a súa historia, as mans polas que … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Jul 26, 2013 | Marxe
Dinme dun señor que anda polos parques de Vigo, ás veces tamén por Ourense, á caza de paisanos. Coñézoo. Non se trata dun atracador nin dun maníaco sexual nin dun tolo: é simplemente un bromista. Elixe as vítimas entre parellas de xente maior, sempre que lle parezan persoas sen estudos. Cando os ten localizados, séntase a beira deles e, dirixíndose ao home, dille: “¿Non é vostede don Benito, o veterinario de Outomuro?” O señor, humilde campesiño que se ve tratar de veterinario, bótase a rir, como ri tamén a súa muller. Logo, recuperados do despropósito, aclaran a confusión, ás veces incluso sacando o carné para que non queden dúbidas.
O bromista, paisano el tamén, insiste, como se o documento de identidade non fose unha proba definitiva. Diante das desculpas do falso veterinario, que xura que se trata dun equívoco, o outro dálle un ultimátum: “A ver, aliente”. Normalmente, o infeliz … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Jul 26, 2013 | Marxe
Cóntame un amigo que en cuestión de chuvia provocada polos santos, un dos máis efectivos que el coñece é un san Pancracio que veneran nunha parroquia de aquí cerca, na montaña. Non se lle sabe dun só fracaso. Máis aínda, entre a invocación do seu favor e a caída das primeiras pingas de auga non pasan nunca arriba de dez ou doce horas, mesmo que a seca fose longa e pertinaz. Como resulta lóxico, o santo ten moitos devotos, aínda que limitados á comarca onde reside, pois non opera a distancia.
A intercesión require bañar a imaxe do patrón nunha poza que existe na parroquia e que ten a virtude de non secar nunca, mesmo que a chuvia falte durante meses. O día elixido para facer o rito, a xente acode á igrexa, escoita unha misa e despois vai en procesión ao lugar do baño. Con seguridade, ao día seguinte … Seguir leyendo