La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Seis millóns

Os cataláns están facendo unha campaña internacional de imaxe aproveitando a circunstancia irrepetible dos Xogos Olímpicos. En fronte deles, uns políticos excesivamente sensibles a todo canto teña que ver coa identidade catalá denuncian a acción do goberno daquel país con cualificativos que recollen desde a indignación ata o estupor, ademais doutros sentimentos, entre os que poucas veces se atopa a comprensión. De momento, dicir que Barcelona está nun país chamado Cataluña e que ese país está en España non debera sorprender a ninguén,aínda a aquelas persoas que se irritan coa ambigüidade certa, polo menos noutras ocasións, do señor Pujol.

Atribuírlle veleidades independentistas ao presidente da Generalitat non parece razoable. É certo que o citado político ás veces xoga de xeito calculado coa linguaxe nacionalista, pero non é máis que un xogo. Con el pretende atraer cara ao seu partido unha parte do electorado que aínda non superou todo canto quedou … Seguir leyendo

Un ourizo

O mércores pola mañá, cando saía da casa, atopei na porta un ourizo cacho. Parecía envolto sobre si mesmo e pechado como unha castaña, tanto que pensei que podía estar morto, en parte porque á súa beira, con cara de excitación nerviosa, permanecía sentada a cadela Buba. Non sería a primeira vez que facía unha falcatruada. Hai dous anos matou dous ourizos, utilizando sempre o mesmo procedemento: darlles a volta e atacalos pola panza. Collín a cadela e pecheina no garaxe. Logo entrei na cociña, botei un pouco leite nun prato e púxenllo ao animaliño, que pouco a pouco se foi abrindo ata deixar ver o fuciño e a cabeza.

Despois de mirar a un lado e ao outro, xa máis confiado, cheirou e dirixiuse ao prato. Unha vez alí, dubidou un instante, coma se tivese un trasacordo, pero finalmente púxose a comer. Empregou bastante tempo e logo retirouse a … Seguir leyendo

As razóns dun triunfo

Onte citei aquí ao Chinquena, un señor da miña vila que nos alugaba bicicletas aos rapaces. Tamén corría nelas con bastante éxito. Formaba parte dun pequeno grupo de ciclistas que participaban en carreiras locais, sobre todo nas festas de verán. Un deles, que se chamaba Porfirio, pero que era máis coñecido polo nome de Poteiro, chegou a intervir na Volta Ciclista a España. Tiña mala sorte: chocaba contra os coches. Nunha ocasión meteuse contra un camión nas portas mesmas da vila, mentres adestraba no medio da néboa.

Estes corredores vestían de uniforme, empregaban bicicletas especiais, con cambios, e levaban bidóns con glucosa, igual que agora. Non obstante non eran profesionais. Na vida de cada díadedicábanse a outros oficios. Recordo, por exemplo, un rapaz que traballaba de canteiro e que, como ciclista, gañaba moitos premios.

A xente mirábaos con admiración, sobre todo cando estaban preparados na meta de saída, todos elegantes … Seguir leyendo

Millóns de mortos

Despois de todo canto se leva escrito sobre a Unión Soviética, non pareceu posible que se poida sorprender xa ninguén co relato do que significou o stalisnismo en termos de miseria moral e dor humana. Non obstante, un informe universitario, elaborado recentemente por investigadores rusos e españois, acaba de poñer en números redondos a barbarie levada a cabo polo ditador comunista contra o seu propio pobo. O citado informe asegura que Stalin foi responsable da morte de 56 millóns de persoas. É unha cifra asombrosa, máis propia dun cataclismo provocado pola natureza que do fanatismo e a crueldade dun político e os cómplices que o axudaron.

Hai quen está disposto a aceptar estes terremotos históricos como hecatombes necesarias. Un dos argumentos que utilizan os defensores desta tese é que a nosa sensibilidade se mostra moi receptiva para os mortos recentes, como sería o caso das vítimas do stalinismo, pero que … Seguir leyendo

Mundos

Despois do artigo de onte, recordando o querido amigo José Ángel Valente, volvo ao tema do tren. Hoxe quero falar do apetito dos escritores, que nas recepcións oficiais asaltaban as mesas como se fosen unha pandilla de famentos. Algúns amigos faciamos con frecuencia bromas ao respecto ata que un escritor armenio nos dixo con toda a delicadeza do mundo que a metade da xente que viaxaba no expreso, procedente dos países do Leste, non estaba afeita a aquela clase de luxos. Quedamos todos bastante cortados, mesmo avergonzados.

Posteriormente, un novelista ruso, que daba tamén clases na universidade, confesoume que coas dietas en dólares que recibiamos a diario para os nosos gastos podía vivir el no seu país durante dous anos. Esa era a razón de que nunca tomase unha copa nos bares dos hoteis, nin fose aos restaurantes.

De xeito que no tren había dous mundos, o cal resultaba humillante … Seguir leyendo

Cousas prácticas

En relación cos inventores dos que falaba onte aquí, citei un señor que tiña patentado un artiluxio para pasar as follas dos libros sen usar as mans. Segundo me contou un fillo del, anos despois, o aparato funcionaba. Cando chegaba o inverno e o pai apañaba a gripe, metíase na cama ben acochadiño entre as mantas, colocaba á altura da cabeza unha especie de atril que arrincaba dunha das paredes do cuarto, suspendido por un brazo articulado, e púñase a ler. Ao acabar a folla, o mecanismo pasaba a páxina.

Este mesmo señor andou anos investigando nun cepillo de dentes automático, que non conseguiu resolver. Tamén pretendeu facer algo para evitar que as candeas das igrexas ardesen tan de présa e chegou a fabricar o prototipo dun abridor de latas eléctrico. Cando morreu, traballaba nun parachoques automático.

Non todos os inventores se contentan, non obstante, con estes enxeños de tipo … Seguir leyendo

Unha nova catequese

Teño a súa foto diante de min. É unha rapaza alta e guapa, de pelo loiro e ollos claros, vestida con blusa azul, rebeca mariña de colores e un pantalón curto que lle permite lucir unhas pernas longas e fermosas, máis fermosas agora que xa están lixeiramente escurecidas polo sol do verán. Se non fose porque na parte alta da blusa, saíndo de debaixo dela, leva unha prenda que remata abrazando o seu pescozo cun colo alto e redondo e cunha pequena fronte de plástico, ninguén diría que esta muller é cura.

Acaba de chegar á cidade, onde se vai encargar durante o verán dunha coñecida parroquia que hai na praia de Tylösand. Onte mesmo deu unha conferencia sobre un tema sen demasiado interese e conseguiu que a sala estivese abarrotada de xente.

Esta rapaza fíxose famosa en Suecia non por ser cura nin por ser guapa, cousas ambas que … Seguir leyendo

A aldea

Un amigo meu, que estivo de visita na casa hai un par de días, díxome que el sería incapaz de vivir no campo por culpa das moscas. Chamoume a atención o argumento e respondinlle que hoxe en día, sen vacas nin porcos, ese problema non é diferente do que sucede nas cidades, onde hai tamén moscas. Como non estaba de acordo, aseguroume que as da aldea eran máis gordas e que picaban máis e que resultaban moito máis perigosas porque andaban sempre entre restos de animais mortos e augas contaminadas.

O que entendín que quería dicir, non era tanto usar un dato obxectivo, como buscar argumentos a favor das súas preferencias. Das persoas que coñecín con máis aversión contra o mundo rural, o número un foi un parente meu que sostiña a teoría de que, no campo, había cobras dentro das casas. Dicíao con tanta convicción que eu, de neno, … Seguir leyendo

Unha peste e San Roque

Onte, cando cheguei a Vigo pola mañá, nada máis baixar do coche vinme sorprendido por unha peste inesperada de mosquitos que enchían o aire: nubes de bichos voando de aquí para alá, como bandadas diminutas de paxaros ananos. Nos escasos metros que me separaban do traballo tiven que librarme duns poucos. Eran verdes, coas ás máis grandes que o resto do corpo, duros como chícharos, aínda que bastante máis pequenos. Metíanse por todas partes, especialmente no pescozo e detrás das orellas.

Nas conversas telefónicas da mañá, foron moitas as persoas que me falaron do asunto. Case todos os comentarios remataban cunha frase humorística, que eu interpretei sempre como unha proba de temor ou de inquietude. Un amigo díxome que noutro tempo, un fenómeno así  daría orixe polo menos a unha novena.

Pouco antes de comer, mentres facía cola na caixa dunha tenda, escoitei dúas señoras maiores que falaban do fenómeno. … Seguir leyendo

Cuestión de nomes

A propósito desa historia de Torrente Ballester da que falei onte aquí, cando unha nena lle pediu unha peseta de pipas, acórdome tamén dunha vez que estaba eu firmando libros nunha feira, hai xa bastantes anos, e achegouse un señor que me pediu que lle dedicase unha novela poñendo o meu nome na dedicatoria, non na firma. Como a cousa me parecía un pouco absurda, pregunteille a que se debía tal extravagancia e respondeume que todo era tan normal como sinxelo: chamábase igual ca min.

Desde entón, a este señor téñolle gastado mil xudiadas, todas sen querer, pero algunhas nada agradables, como o día que lle anulei un billete de avión desde Madrid a Vigo, cando unha azafata de terra, ao retirar a tarxeta de embarque, se atopou con que eu tiña reservados dous billetes ao meu nome. Creo que foi a peor.

A cambio, grazas a padecer algúns inconvenientes, … Seguir leyendo