La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Un indio contaminado

Como xa saberán moitos lectores, Paulo Paiakan, aquel indio brasileiro que foi presentado ao mundo como un símbolo da pureza ecolóxica, que recibiu premios internacionais de mans das máis prestixiosas organizacións dedicadas á defensa da natureza e que chegou a converterse na bandeira da loita pola salvación do Amazonas, parece que está escapado da xustiza, presuntamente por violar a unha rapaza branca e intentar matala. A notica percorre agora o mundo como ese calafrío de medo que ás veces nos percorre o  sarrizo ata poñernos os pelos de punta. Ninguén esperaba unha nova tan brutal como esta. A acción de Paiakan está salpicada ademais de detalles morbosos que a fan aínda máis  repugnante.

En primeiro lugar, a vítima é unha mociña de dezaoito anos que estaba aprendéndolle a ler ás fillas do cacique. En segundo lugar, a violación, na que participou tamén a muller do indio, foi un acto salvaxe … Seguir leyendo

Os nomes da xente

A un compañeiro meu de escola, que agora se chama José, cando o bautizaron quixéronlle poñer General Moscardó. Oínllo contar a don Cesáreo, o cura da parroquia, que explicaba o esforzo que lle custara convencer o pai da criatura de que aquel non era nome de persoa. O bo do home estaba tan entusiasmado co heroe do Alcázar de Toledo que non se resistía á idea de perpetuar no seu fillo unha historia tan gloriosa. Finalmente, o señor abade conseguiu que a cousa quedase en José, que era o nome de pía do xeneral.

Por certo, que no Alcázar naceron unha nena e un neno durante o asedio. Eu oínlle contar a este último os traballos que pasou, xa cando era mozote, para evitar que os casasen. Finalmente, cada un tirou polo seu sitio: el acabou no exército, pero expulsado e encarcerado por rebelde, e ela como ama de casa. … Seguir leyendo

As noticias

O mércores pola noite, xa de madrugada, púxenme a ver na televisión un dos últimos noticiarios para coñecer o que sucedera no mundo durante o día. Coma sempre, as noticias tiñan todas o mesmo sentido tráxico habitual: a guerra en Iugoslavia, a contaminación dos alimentos, os secuestros cotiáns en Colombia, o asasinato a tiros dun presentador en México, incluídas as imaxes macabras do rostro da vítima destrozado polas balas, e algunhas desgrazas máis de menor entidade. Estiven esperando por esa pequena noticia que os responsables destes programas introducen ao final, quizais para aliviar a tensión, pero non chegou.

A non ser que se entendese por tal unha breve reportaxe, lida pola presentadora en ton festivo, sobre un gordo americano que tomou a decisión radical de deixar a gordura. Na pantalla apareceu entón un home de cincocentos quilos de peso, incapaz de moverse polo propio pé, enchufado a un tubo de … Seguir leyendo

Presumir de malos

Había na miña vila un home que presumía de malo, aínda que eu penso que non o era. Para manter a imaxe que quería transmitir de si mesmo, consciente ou inconscientemente, contaba horrores da súa vida e púñase de malvado, case de monstro demoníaco e sen entrañas. Por exemplo, dicía barbaridades dos seus pais, xa mortos, aos que situaba ardendo no inferno, o cal contrastaba coa fama que tiveran en vida ambos os dous de seren moi boa xente. Un barbeiro que coñecía mellor que ninguén a este afeccionado a ruín, aseguraba que se trataba dunha táctica premeditada, que lle permitía, entre outras cousas, non pagar a contribución ás festas, nin ir á misa, nin poñer a bandeira no balcón o día do Corpus.

Durante anos, eu recei por el, coa esperanza de que Deus lle perdoase os seus pecados e o trouxese ao camiño do ben. Para min, encomendalo … Seguir leyendo

Bañador

Estiven lendo nunha revista americana algunhas historias relacionadas cunha figura xurídica que ignoro se existe aquí, aínda que supoño que debe haber algo parecido, pois no fondo non se trata máis que dunha ofensa. A primeira é moi simple: a unha señora gorda e pequena chamáronlle hipopótamo no traballo, o cal motivou unha denuncia diante dun tribunal de xustiza. Polo que me pareceu entender, a muller non se queixaba do insulto que podía haber no dito, senón do dano psicolóxico que lle causara a nomeada que lle dirixiron. Non creo que se tratase dun formalismo legal, porque entrou chorando no xulgado.

A segunda das historias é bastante diferente. Como protagonista, aparece tamén unha señora, aínda que de características moi distintas da primeira. En vez de gorda, delgada; en vez de hipopótamo, gacela. ¿Como se pode, entón, ofender a unha muller desta condición valéndose do seu físico? Non parece fácil, por … Seguir leyendo