La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Recuperado

Hai algúns días falei aquí desta nova tendencia que se percibe en moitos historiadores de recompoñer por escrito unha boa imaxe dalgúns personaxes ilustres que pasaron á Historia con rasgos moi negativos. Citaba entón a algúns deles, como a raíña dona María Luísa de Parma, que polo visto foi máis virtuosa do que se ten contado; ou a dona Isabel II, que a pesar de que lle chamaba Paquito Natillas ao seu home, don Francisco de Asís, e lle cantaba por detrás cancións infamantes que aludían á súa escasa virilidade, non tiveron tan mala relación entre ambos os dous como se pensaba ata agora. A min non me parece mal.

Deste revisionismo, xusto ou indulxente, non se libran nin os  casos máis desesperados, incluso aqueles que se daban por perdidos, como é o caso do emperador Tasho, do Xapón, que en  realidade se chamaba Yoshihito, e que foi o avó … Seguir leyendo

Un expectáculo

Penso que foi na casa do Recaredo, no pequeno barrio das Quintas, un lugar da parroquia de Sabucedo, alá na Limia, onde lles entrou unha vez un raio na casa, haberá máis de corenta anos. Teño idea de que andou dando voltas polos cuartos, facendo estragos nos manubrios das portas e nos caixóns da cociña, especialmente naquel que se gardaban os coitelos, as culleres e os cubertos. Despois de causar todos estes estropicios, saíu por unha ventá que daba á horta e aínda desfixo o caldeiro do pozo.

Non sei se foi este mesmo raio ou outro parecido o que, nese paseo fulgurante pola casa, deixou a unha nena sen roupa, pero intacta, soamente cun medo horrible dentro do corpo e o resplandor da luz cegándolle os ollos durante unhas horas e un runrún insoportable nos oídos abouxándolle a cabeza para unha semana.

Historias como estas apareceron estes días nos … Seguir leyendo

Educación

Un profesor contounos o outro día a un grupo de amigos, durante o xantar, que nos colexios xa se chegou, por fin, á igualdade entre rapazas e rapaces. Non se trata de igualdade intelectual, que iso non se podería nin discutir, senón que uns e outras se comportan, polo visto, da mesma maneira. Por exemplo, o fútbol deixaría xa de ser un deporte exclusivamente masculino, así como subir ás árbores, tirar pedras, dicir palabras gordas e incluso pelexar. Polo que a isto último se refire, falamos de pelexas entre eles e elas, pois as outras, entre pares, sempre as houbo. Dáse a circunstancia, ademais, de que agora as nenas son tamén fortes e bravas.

Isto é unha novidade. Hai anos, cando eu era rapaz, nenas e nenos non podían facer as mesmas cousas. Naturalmente, sempre había algunha moza disposta a rebelarse e non aceptar esa imposición educativa, pero acababa por … Seguir leyendo

O silencio dun artista

Fixen ben onte en non dar o nome do artista que lle cortou a cabeza á serea de Copenhague en 1964. Eu non sabía que aínda hoxe, transcorridos máis de trinta anos, non se coñece a identidade do autor daquela acción. Non obstante, como contaba no meu artigo, en Dinamarca e Suecia, polo menos nos medios culturais, todo o mundo dicía o nome dun artista de certa sona, caracterizado polos seus xestos espectaculares. Este home, que non brillaba pola súa arte, conseguiu en cambio acadar a fama pola vía da extravagancia.

Xa dixen que coincidín con el nunha festa en Mølle, unha pequena aldea de pescadores situada á beira do Sund. Presentouse disfrazado de home de talento, cunha enorme gorra vasca na cabeza, prenda bastante rara naquel país, unha camisa florescente e uns pantalóns cheos de roña vella, pero moi ben planchados.

Teño a impresión de que un dos seus … Seguir leyendo

A guerra das esculturas

Hai anos coñecín nunha festa privada, en Suecia, a Jörgen Nash, un escultor danés que se fixo célebre en todo o mundo, non polo valor da súa obra artística, senón porque foi el quen, en sinal de protesta non recordo ben por que razón superior, lle arramplou coa cabeza á famosa figura da Sereíña de Copenhague. Como me imaxinara xa antes de coñecelo, era un fresco. Non obstante, por estar recente aínda daquela o suceso, foi o protagonista heroico da reunión, durante a cal asumiu o papeldun tipo audaz e terrible.

Non recordo case nada do que dixo, pois a memoria perdeu os detalles da conversa, aínda que me queda a lembranza neboenta dun discurso caótico, cheo de referencias pesadas á mitoloxía grega e a vinte ou trinta filósofos, especialmente a Nietzsche, que destacaba entre todos no medio da tortilla. O que si me quedou gravada foi a imaxe daquel … Seguir leyendo