La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Espazo para o sosego

Hai unha novela de Heinrich Böll, intelixente e divertida, na que un individuo ten a facultade de percibir o alento da xente a través do teléfono. Desta maneira, mentres conversa cos seus interlocutores por ese medio, o personaxe sabe con total seguridade se a boca lles cheira a allo, por exemplo, ou se, polo contrario, lles arrecende ao aroma agradable de calquera dentífrico quimicamente perfumado. Non recordo moito máis daquela novela do escritor alemán, pero ese detalle simpático téñoo moi vivo na memoria.

Acordeime disto onte pola mañá, cando ía no coche oíndo na radio a un deses insultadores que hai agora nas emisoras de Madrid e que tinguen coa color amarela da bile a luz primeira do día, tan agradable, por outra parte, se un non escoita estas cousas. Non sei por que, pareceume que o insultador tiña voz de úlcera.

Despois de descuartizar a vítima, que desta vez … Seguir leyendo

Un gran non é un cancro

Unha amiga miña, profesora de Ética en Oviedo, cando se ergue da cama para empezar o día, pon unha emisora de radio que se caracteriza pola agresividade dos seus contertulios. A iso das oito, asegura ela, xa teñen toda a carne picada: os inimigos pasados pola trituradora, a metade do país convertida nun monte infecto de pus, habitada por xentes encanalladas e sen escrúpulos, individuos deshonestos que carecen de conciencia moral, profesionais ineficaces e corruptos.

Despois desta zurra, na que un saco enteiro de palabras sen caridade vai e vén, coa contundencia do puño dun boxeador, da cara ao fígado e do fígado á cabeza de todos os excomungados, a miña amiga, ao chegar á rúa, marabíllase de que circulen os autobuses, de que a xente vaia ao traballo e de que non caian as casas.

Non é para menos. Non se explica ben que nun país onde hai tantos … Seguir leyendo

Unha definición acertada

Nalgunha parte das súas memorias, a escritora francesa Simone de Beauvoir conta que o seu pai era unha persoa tan ben educada que mesmo cando se enfadaba e se lle escapaba a palabra “merde”, por exemplo, esta soaba ben nos seus labios. É certo que hai xente que ten esa virtude, igual que hai xente que ten a contraria. Nos meus anos de estudante en Santiago  andaba pola facultade de Letras unha rapaza guapa e delicada que dicía con graza unhas enormidades capaces de sobrecollerlle o corazón a un bárbaro.

En xeral, a xente non é demasiado ocorrente cando fala mal. Case todo o mundo emprega as mesmas expresións, que de tanto seren usadas xa non significan nada. Non é raro que en Chile, os españois sexan coñecidos popularmente polo nome  de “coños”, a causa do hábito rutinario na utilización desa palabra.

Onte, non obstante, lin na prensa unha expresión … Seguir leyendo

Sufrir

Onte vin a un home furioso. Protestaba por algo que, en principio, contemplado desde fóra, a min me parecía un problema menor: unha determinada obra de carácter público coa que o individuo non estaba de acordo. Pero facíao cunha paixón e unha emoción tan desbordadas que a calquera expectador obxectivo supoño que lle acabaría causando a sensación que a min me produciu. Quédame a dúbida, sen embargo, de se unha indignación tan absoluta e terminante res`ponderá de feito a un sentemento de ánimo paralelo ou se polo contrario non será unha sorte de comedia que eu non consigo entender.

Porque, como se pode enfadar un tanto por algo tan continxente e discutible como o motivo que lle fixo perder os estribos ao home do que estou falando? Mentres o vía berrar como un posuído polo demo, pensaba eu nos estragos urbanístcos feitos a poucos metros do l ugar onde se … Seguir leyendo

Un demo novo

Teño un amigo profesor que sabe todo o que se pode saber sobre demos e que cre nos espíritos. Non se trata dun tolo nin dun tonto, senón dunha persoa intelixente e culta, pero que ten esa teima. O sábado, por exemplo, faloume dun artigo que acababa de ler nunha revista americana e díxome que hai un demo novo, nacido hai uns trinta anos, que ten a misión de acabar co mundo polo procedemento de manchalo. Supuxen que se trataba dunha maneira metafórica de referirse ao problema da contaminación.

Non era iso. O tal demo naceu realmente no mundo dos demos e vive igual que vivimos nós, pero nun mundo diferente, onde non hai ninguén que sexa boa persoa, aínda que todos son moi listos. Non digo que non, pero non consigo entendelo. Segundo o meu amigo, a miña postura non é máis que un puro prexuízo.

Púxome un exemplo. … Seguir leyendo