La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

O predicador pedicado

Unha cousa que sempre me chamou a atención en Suecia foi a disciplina da xente en relación co alcohol á hora de conducir. Eu mesmo, que son pouco bebedor, téñome brindado moitas veces a servir de chofer a amigos e parentes cando acudimos a unha cea fóra da casa. De non atopar este tipo de axuda, alguén tería que pasar a velada sen probar máis que auga, o cal, para unha persoa daquel país, onde o licor se considera como un anticipo do ceo, sería unha desgraza. Aínda así, raramente se saltan esa norma.

A min paréceme ben que os suecos sexan tan estritos, así como me parece mal que aquí sexamos exactamente o contrario. O único accidente de automóbil que tiven na miña vida ocorreume en Ourense, hai anos, cando unha amiga me fixo aterrar nun prado. Coas copas que bebera, en Suecia pasaría un par de anos no … Seguir leyendo

Maldades

O outro día pedíronme que definise a maldade. Non fun capaz, pero acordeime da novela O primo Basilio, de Eça de Queirós, onde hai un personaxe perverso, a criada de Luísa, que somete a esta a unha chantaxe dunha ruindade refinada, todo porque sabe do adulterio da señora co seu primo. Trátase, sen embargo, dunha maldade negra, nacida nos abismos escuros da alma, como se fose o arroto dunha víbora ou dun sapo. Como tal, produce noxo e esperta sentimentos de desprezo. Pero a maldade non sempre é tan mala.

Poñerei outro exemplo. Un día, unha señora presentouse no estudio dun pintor coa intención de que este lle fixese un retrato. Non lle impuxo condición, a non ser que lle pintase unha diadema de diamantes e outras pedras preciosas, así como un colar igualmente fastuoso. Rematado o traballo, o artista quixo saber a razón daquel capricho e obtivo a … Seguir leyendo

A poesía

Este verán vense moitos negocios ambulantes atendidos por rapaces novos. Algúns empezan a ser clásicos, como os que consisten en vender coios ou cunchas co nome do comprador, posto no momento cun bolígrafo especial. O outro día, na Ramallosa, un deses recordos valía quince pesetas. Non abundan tanto, polo menos nesta zona de aquí abaixo, os retratistas, que noutros lugares son lexión. O ano pasado, en Panxón vin un tragalumes e dúas rapazas que facían bicicletas pequeniñas, de distinto tamaño, con arame. Merquei unha tan minúscula, non moito maior que unha faba, que a perdín. Lamenteino porque era bonita.

A última vez que estiven en Santiago, antes das vacacións, vin un señor que vendía un rato mecánico moi ocorrente. En primeiro lugar, parecíase aos de verdade polo aspecto, pero ademais movíase coma eles. Pareime un momento a mirar e quedei alí parado durante algúns minutos, non só porque resultaba gracioso, … Seguir leyendo

Unha santa que non foi

A poucos santos lle recei eu máis na miña vida que a santa Mariña de Augas Santas. En primeiro lugar porque é a patroa da miña vila; en segundo, porque na biografía dela que nos lían na escola había unha frase que me parecía impoñente: “Pensaba el impío pretor romano que podía burlar la voluntad de Dios”. Por último, porque eu mesmo vin, na aldea que leva o seu nome, o buraquiño minúsculo por onde saíu do forno onde a meteron para queimala e a orella que deixou impresa nunha pedra para refrescarse.

Revolvendo entre os libros antigos da feira que se está celebrando estes días en Vigo, descubrín un tomiño titulado Santos que no fueron, no que se asegura, paréceme ademais que con argumentos ben fundados historicamente, que a santa da miña parrroquia, á cal tantas avemarías lle mandei, non figura no santoral.

Non me preocupa que se … Seguir leyendo

En carroza

Non recordo se teño contado aquí as vicisitudes polas que atravesou a banda de música da miña vila, que foron desde o feito de que non sabían tocar andando porque o seu primeiro director, don Pedro el Cruel, era coxo e ensaiaba cos músicos sentados, ata o escándalo de ter que disolver a agrupación pola simple razón de que os seus compoñentes comían tanto que acabaron por non seren contratados en ningún sitio. Como se sabe, os membros das bandas eran acollidos nas casas do lugar onde se celebraba a festa.

De maneira que, durante a miña infancia, nos festexos de verán traían sempre bandas de fóra. Eu recordo como habituais a de Alongos e a Lira de Ribadavia. Tocante a números fortes, gardo na memoria a lembranza dunha banda militar de León e unha portuguesa de Chaves, esta última creo que formada por bombeiros voluntarios.

Esa é a razón, … Seguir leyendo