La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Entrevista

Agora mesmo, cando escribo este artigo, estou nun despacho de Televisión Española en Galicia, que me prestaron para que fixese os meus deberes do día. Van ser as oito da noite e non queda moito tempo para enviar o traballo ao periódico, por máis que a informática faga o milagre de resolver o problema da transmisión nuns poucos segundos. Escuso dicir que eu, disto dos ordenadores, non entendo absolutamente nada. Só sei que se lle dou a  determinadas teclas, seguindo unha secuencia establecida, estas liñas que eu escribo na pantalla aparecen ao día seguinte neste  recuncho do periódico. Torrente Balleste dicía que hai unha bruxa dentro.

Estou na televisión para unha entrevista. Hai uns minutos, os responsables do programa explicáronme en que vai consistir a cousa, máis ou menos, pois polo ton un pouco coñón en que se expresaron, sospeito que me van facer algunha pequena xudiada. Como estará feita … Seguir leyendo

Don Honorio

Recordo a don Honorio, un enaniño de bo parecer, ben feito e perfectamente vestido, sempre de pé á porta da tenda de Lepina, alá en Xinzo, tan digno e tan posto, vivindo do prestixio dunha alcaldía que detentara antes da guerra. Tina lenda. Dicíase, por exemplo, que tomaba un frasco diario de aspirinas e que lle sentaban moi ben; voracidade que contrastaba coa cativez dun corpo case minúsculo. Tamén se aseguraba que a súa escasa dimensión non afectaba por igual a todas as partes da súa menguada anatomía, sobre unha parte da cal se contabanenormidades e desmesuras.

O que sí daba era unhas patadas terribles. Tiñamos os nenos o mal costume de lle ir dicir bos días ou boas tardes ao pasar, algo que non aturaba, aínda hoxe non sei por que motivo, e que castigaba cuns couces furiosos e precisos. Naturalmente, a broma suprema consistía en coller a algún … Seguir leyendo

Xornada para falar

Escribo desde unha solitaria praia asturiana, preto de Llanes, a varios quilómetros de calquera lugar civilizado. Desde a ventá do meu cuarto, no hotel, vexo as ondas que rompen a pouco máis de vinte metros, entre rochas, cunha furia venteada que atravesa a barreira liviá do cristal e me enche o cuarto de alegría. A auga ten unha color verde intensa, da estirpe das esmeraldas, e a area posúe a calidade inmaculada das patenas.  A cada lado, a non ser na parte que se abre ao mar, as montañas espantan o mundo.

Aquí vou pasar tres días para falar de literatura con trinta escritores de toda España, incluídos un par de amigos galegos, Xesús Rábade e Luís Tosar. Neste momento, mentres escribo estas liñas, chégame a ledicia dos encontros nos corredores.  Escoito voces coñecidas que se saúdan e anuncian tertulias no salón, despois da cea.

Se non fose pecado dicilo, … Seguir leyendo

Gabardina

Estes días falei de dúas experiencias nas que me tocou ser desprezado, unha por querer mercar unha cámara antiga e a outra cando quixen comprar un cinto. Peor foi un día que entrei nuns grandes almacéns para adquirir unha gabardina. O señor que me atendía deume un exemplar da marca que lle solicitei, inglesa como a que acababa de gastar. O certo é que me sentaba como un tiro. Sen abrir a boca, o home facilitoume outra marca.

Púxena, mireime e observei que me sentaba moito mellor, pero non me gustaba, sobre todo porque levaba na cabeza a idea de mercar unha como a outra. Insistinlle para que me trouxese un modelo distinto da marca que eu quería. Con cara de paciencia, axudoume a vestir unha especie de sotana espantosa, peor aínda que a primeira. Refugueina, naturalmente, e expliqueille que non ía levar a que el me pretendía vender, porque … Seguir leyendo

O pensamento preguizoso

Hai uns anos, nun deses locais nocturnos que tanto proliferan en Compostela e nos que antes abundaban as tertulias e reunións dos noctámbulos, un día escoitei unha insensatez colosal. Un rapaz que estaba casado cunha rapaza alemá, e que vivira cinco anos no país da súa muller, explicaba con graza e intelixencia como eran os alemáns, como pensaban e como vivían. Nun momento, un dos contertulios, que non parecía de acordo, pero que nunca estivera en Alemaña, díxolle: “Non tes nin zorra idea”.

O motivo da discrepancia baseábase en que o opinante pensaba que as explicacións do meu amigo eran puramente subxectivas, alleas a calquera análise obxectiva da realidade. Un estudo científico do comportamento da sociedade alemá, aseguraba o personaxe, tiña que entrar en aspectos tan determinantes como a loita de clases ou os intereses do gran capital, por poñer un exemplo.

É unha mostra elocuente do que podemos chamar … Seguir leyendo