La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Final dunha historia

O outro día, desde Italia contei a historia dunha rapaza de Vicenza a quen un admirador lle enviou mil rosas vermellas, unha homenaxe galante que estivo a punto de acabar co noivado da moza, pois o seu prometido, un dentista, non entendía que todo aquilo puidese suceder sen que ela dese motivos. Por outra parte, como dixen tamén, non é a primeira vez que esta muller provoca incendios como este. Hai pouco, un señor regaloulle unha Harley Davidson, pois a mociña parece que ten a afección das motos.

O sábado, no periódico de Módena vin unha foto da rapaza. A verdade é que debe de ser bonita. O mesmo periodista que firmaba a información non aforraba eloxios nin adxectivos, algúns deles postos en boca de veciños e amigos da interesada.Un deles chamáballe divina; outro aseguraba que nunca vira unha muller tan fermosa.

Sexa como sexa, a historia parece que rematou … Seguir leyendo

Linguas

O outro día falei aquí de palabras e atopeime, como esperaba, que a moita xente lle interesan os asuntos relacionados coa linguaxe. Non recordo se foi Alfonso Reyes quen dixo que se durante unha tertulia ou reunión decae o tema da conversa, ou ben porque alguén se poña a falar das súas experiencias vividas no cuartel con motivo de cumprir o servizo militar ou porque a algún dos asistentes se lle ocorra poñerse a contar con detalles unha película, o mellor é sacar un tema relacionado coa lingua.

De maneira automática, todo o mundo se interesa e a reunión anímase de novo. Debe ser certo porque eu xa o comprobei en bastantes ocasións. A propósito do artigo do outro día falei destes temas con varias persoas. Sempre me chamou a atención que os meus fillos, que son suecos de nacemento, lle chamasen aos seus avós nórdicos con dous nomes distintos, … Seguir leyendo

Un sistema pedagóxico

O periódico italiano La Voce, que dirixe Indro Montanelli, publicaba o domingo pasado a historia dun neno ao cal non lle está permitido ver a televisión. Cando os seus pais se sentan diante da pantalla para distraerse cos seus programas preferidos, el debe retirarse ao seu cuarto e dedicar ese tempo a outro tipo de actividades: ler un libro, tocar o violín, escoitar música ou simplemente non facer nada. O neno, non obstante, non protesta, porque non se trata dun castigo, senón dun programa pedagóxico.

Os pais do neno, que queren que o seu fillo sexa feliz, elixiron o mellor colexio que encontraron para darlle a educación máis conveniente destinada a conseguir ese fin. Trátase dunha escola que segue as teorías dun pedagogo austríaco de prestixio, que impón como norma fundamental que os nenos non vexan a televisión.

Supoño que será un experimento máis, probablemente destinado a fracasar, como … Seguir leyendo

O raio

Estes días de vacacións, o raio fixo algunhas falcatruadas por aquí abaixo, aínda que ningunha importante, por fortuna. A min pegoume un susto o venres pola noite, cando estaba eu só na casa, lendo unha biografía de Lorenzo de Medici. Nun momento escoitei como un trallazo dentro do salón e case simultaneamente foise a luz, ao tempo que o ceo retumbaba xusto por riba de min. Non había ningunha dúbida de que se trataba da tormenta que naqueles instantes caía con furia sobre o val, un diluvio de auga que parecía romper as tellas e unha luminaria de alustres seguidos, uns atrás dos outros, que entraban polas ventás como se fosen a lingua do demo.

Cando quedei sen luz, achegueime ás atoutiñas para restablecer as cousas no cadro de mandos, que supuxen que acababan de saltar. Como non cómpre saber nada de electricidade para resolver estas avarías elementais, en poucos … Seguir leyendo

O atraso do cuco

Este ano aínda non escoitei o canto do cuco, o cal me trae algo desconcertado, pois a estas alturas xa debía andar por aquí. Teño preguntado a algúns veciños e todos coinciden en que aínda non chegou; mesmo un deles me ten dito que cando  el era neno, os vellos aseguraban que estes atrasos eran sinal de que o verán tamén se ía atrasar. Na súa opinión persoal todo anda tan revolto, sobre todo as cousas relacionadas co clima, que non lle estrañaría que iso afectase tanto á vida da xente como aos costumes dos paxaros.

Alá en Sabucedo, cando eu era rapaz, había un home moi traballador, dos que empezaban o labor ao romper do día e que non remataban ata os pechos da noite, que por este tempo procuraba madrugar aínda máis, pois cría firmemente que se o primeiro canto do cuco o pillaba antes de tomar o … Seguir leyendo