La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Un ceo de fantasía

Estes días, por razóns que non veñen ao caso, estou lendo vidas de santos. Xa levo lidas arredor de dez ou doce. En xeral, todas narran pequenos ou grandes prodixios, un dos sinais inequívocos da santidade, que con frecuencia se repiten. Por exemplo, xa lin dúas veces o mesmo milagre: o perfume deleitoso que saíu da tumba de dous destes fillos predilectos de Deus, despois de que se fose averiguar, pasados anos da súa morte, en que estado de conservación se atopaban os seus restos. Ambos arrecendían a flores.

Outro aspecto que me chamou a atención foi a linguaxe en que están escritas estas vidas. Case todos os santos, xa de nenos, deron mostras de virtude; a maioría medraron no temor de Deus e nos principios da sabedoría; todos, absolutamente todos, morreron en olor de santidade e entraron na Gloria entre cantos celestiais.

Tamén ocorre que a maior parte destas … Seguir leyendo

Unha estatua para Esterholz

Na pequena localidade alemá de Dagenberg, na costa do Mar do Norte, hai unha estación metereolóxica similar a moitas outras que cobren a totalidade xeográfica daquel país. O seu director, un mestre local xubilado, gozaba dun recoñecido prestixio profesional e dunha fama non menor polo feito de que os seus partes eran dos máis escrupulosos de todos cantos se recibían na estación central e porque na localidade que tiña encomendada chovía máis que en ningún outro punto de Alemaña. Iso ata hai uns días.

Agora acaba de descubrirse que o señor Esterholz era un tramposo contumaz e que os partes que enviaba estaban manipulados. Desde hai máis de vinte anos, este home de aparencia plácida, mirada pícara e rostro vivo e xuvenil engadía uns vasos de auga no pluviómetro para manter a ficción de que Dagenberg era o lugar de Alemaña onde máis chovía.

Por esta razón acaba de ser … Seguir leyendo

Erros

Onte falei aquí dun erro que apareceu neste mesmo periódico, onde nun artigo sobre a enfermidade de “alzheimer” se advertía sobre a necesidade de acudir ao médico cando se notasen os primeiros “despiestes”. Non é raro que ocorran estas cousas e hai exemplos, algúns moi famosos, de auténticos despistes cometidos por linotipistas ou correctores nas páxinas dos xornais. Sucede tamén cos libros. A este respecto cítase sempre un título que pareceu cun colofón que dicía: “Este libro es el primero en la historia de la imprenta que sale a la calle sin ninguna erata”.

Moitas veces, tales equivocacións nunca existiron, pero circulan por aí como se fosen certas, o mesmo que ocorre coas portadas máis célebres da revista La Codorniz, que nunca se publicaron, a pesar de que hai xente que xura que as viu. En Ourense, unha vez contáronme que apareceran dúas fotos cos pés cambiados: nunha … Seguir leyendo

Falar claro

Hai uns días, nun coloquio literario, despois de estar falando durante dúas horas, alguén pensou que eu era outro escritor. Pacientemente aturei una bronca que non ía dirixida a min, pero que me divertía, ata que por fin, para aclarar a situación cunha anécdota, citei o nome de Carson McCullers, o cal aumentou aínda máis a confusión, entre outras cousas porque ningún dos meus interlocutores coñecía o nome da escritora americana. Entón, co fin de informalos do xeito máis claro posible, preguntei se algún dos presentes lera as memorias de John Huston, nas que contaba una fermosa historia da novelista. Ninguén as lera, pero tampouco ninguén coñecía a Huston.

Aproveitei entón para falar de cine, de películas como A raíña de África e incluso dunha historia durante a rodaxe desta última. Cando un leopardo ferido atacou a un grupo de cazadores e marchou cun neno na boca. Metido na faena, … Seguir leyendo

Saír na televisión

Acabo de ler nun periódico que o famoso Henry Lee Lucas, condenado a morte hai xa varios anos, aínda vive. A verdade é que eu o daba por morto e sepultado. Como se recordará, este famoso personaxe estivo acusado de máis de mil asasinatos, incluído o da súa propia nai. O que sucede é que un día se demostrou que aquela inmensa carnicería, a máis grande de toda a historia do crime individual, non fora máis que un invento feito por el mesmo para saír na televisión e converterse nunha celebridade.

A patraña empezou cando a policía o acusou de ser o autor de varias mortes ata entón sen resolver e isto espertou a atención dos periódicos e demais medios, que acudían ao cárcere para entrevistar ao monstro. A este pareceulle tan bonito todo aquilo que decidiu seguir adiante. Naturalmente, para conseguilo, tivo que estudar.

Tratábase de facer verosímiles as … Seguir leyendo