La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Hedy

Os periódicos de onte daban a noticia da morte de Hedy Lamarr, que chegou a ser famosa no mundo do cine como a actriz que non fixo Casablanca e porque foi a protagonista dunha película escandalosa, Extase. As dúas cousas son certas, pero hai moito máis. En primeiro lugar, é verdade que Lamarr foi a elixida polos responsables da Warner para o papel que logo acabaría facendo Ingrid Bergman, pero foron os directivos dos estudos os que non deron o permiso necesario. Non houbo máis ca iso e non se sabe que aquela negativa lle crease problemas nin que a convertese nun ser frustrado.

O da película Extase é outra historia. Por riba dos seus valores artísticos, que levan a marca dun bo director, Gustav Machatý, e dun excelente guionista, o poeta checo Vitéslav Nezval, recórdase hoxe por un par de escenas eróticas e porque era unha das primeiras veces … Seguir leyendo

Unha mirada desde a parede

Escribo este artigo nun vello pazo da provincia de Lugo, a onde vin pasar o día cun grupo de sete amigos para falar das nosas cousas. Chegamos pola mañá, estivemos na cociña tomando un aperitivo a base de chourizos asados no lume da lareira e logo pasamos ao comedor. O xantar consistiu nun xabarín asado, sen salsas, acompañado de ensalada e patacas cocidas, máis uns bos queixos de postre e unhas filloas. Por suposto, non faltaron os puros nin as anécdotas nin os exercicios de enxeño na conversa.

A dignificación deste pequeno exceso gastronómico correspondeu á tertulia que se organizou despois no salón, durante horas. Fóra facía frío, pero dentro da casa había unha temperatura agradable que invitaba a falar. E falouse moito. Un tiña a sensación de estar noutro tempo, en parte polo ben conservada que está esta vella mansión.

Agora mesmo, estou metido nun cuarto, próximo á biblioteca, … Seguir leyendo

Voar sen alas

De neno coñecín varios individuos que quixeron voar utilizando alas de palla. Un deles desfixo os fociños cando se botou desde a cima dunha árbore e tivo que pasar pola vergonza de ser trasladado ata a casa atravesado no lombo dun burro. Salvouse, a pesar de todo. Non tivo tanta sorte un francés que inventou un artiluxio mecánico, algo así como as ás dun morcego en versión futurista, e que se lanzou desde o primeiro piso da Torre Eiffel. Na película que se garda do suceso vese como o toliño se enterra medio metro no chan.

Hai uns días estivo na casa o mago Antón, que prepara novo espectáculo. Nel vai voar dentro da carpa, sobre o público, en todas as direccións, subindo e baixando, tirándose en picado, proseguindo despois en voo rasante, cos zapatos rozando as cabezas dos espectadores, para remontarse de novo ata o curuto do circo.

A … Seguir leyendo

O amigo

Coñecín a Camilo José Cela cando eu andaba aprendendo a ser escritor, hai xa máis de trinta anos. Presentoumo, se mal non recordo, o vello Trillo, un querido amigo seu de Tui, que cando lle escoitaba dicir unha palabrota, lle rifaba: «¡Camilo, eres un grosero!». Este facía que se arrepentía e dicía unha burrada aínda maior. Logo pedía perdón: «Es que soy un poco bruto. ¿No ves que tengo cara de caballo?». Daquela, o premio Nobel Camilo José Cela era unha especie de terremoto, con frecuencia ó borde do disparate. Un día, despois de cear, cando pasabamos por diante dunha terraza chea de xente, coas respectivas mulleres, camiño do hotel, díxome en voz alta: «¿Por qué no mandamos a este par de golfas a la cama y tú y yo nos vamos a romper los muebles de una discoteca».

Ese era o personaxe literario, unha construcción que durante anos foi … Seguir leyendo

Decorado de inocentes

Debeu ser alá polos anos corenta, ou quizais xa un pouco máis tarde. O caso é que nun dos autobuses que facían o servizo de liña de Ourense a Verín produciuse un atraco. Se mal non recordo, o asalto ocorreu un día pola tarde, nunha curva que había antes do alto das Estivadas, e acabou coa morte a tiros do revisor. Ademais dos moitos rumores que correron daquela, con versións variadas e incluso fantasiosas, pouco tempo despois, nun xantar na casa dos meus pais, unha das testemuñas contou o realmente sucedido.

O único que me quedou na memoria foi a sensación de medo que transmitía aquel señor ao describir o atraco, sobre todo cando soaron os disparos e o corpo da vítima caeu sen vida no  chan. Durante tempo, non conseguín subir naquel coche sen que me pasase pola cabeza a idea de que nos ían matar a todos.

Esta … Seguir leyendo