El conselleiro de Educación no ha tenido mucha fortuna desde su toma de posesión. Jesús Vázquez parece la Magdalena Álvarez de la Xunta de Feijoo: cada decisión que toma va aparejada de mucha polémica. La última es el bautizo de las galescolas como galiñas azules. Y su crítica a la politización. Solo voy a hacer dos comentarios:
1. No me gustan los políticos que critican la política porque sí. ¿Qué debería pensar de ellos?
2. La educación es fundamental para la prosperidad del país. Se necesita un sistema de enseñanza fuerte para salir adelante en el mundo globalizado y coger -por una vez- el tren de las nuevas tecnologías. Y eso parece difícil cuando el Gobierno de la Xunta ofrece la sensación de que para ellos este departamento clave es un problema, un tragacartos.
Para lo demás, debo citar a Xosé Luis Barreiro («Despolitizar la escuela es una actividad tan estéril y neurótica como politizarla», «nunca me convencieron las escuelas creadas al margen del sistema educativo», «no me veo llevando a mis nietos a la galiña azul») y recomendar sí o sí la lectura de su artículo Las gallinas azules y los delfines colorados.
PD: Sobre el revisionismo de la Xunta de Feijoo, tomo prestado de Perfecto Conde y sus Croques la siguiente reflexión:
«Mágoa que non se decatasen a tempo Touriño e Quintana de que ía pasar o que está pasando. Se o adiviñaran, abondaríalles con tomar as medidas que fosen contrarias ás que tomaron par ver como agora se acometerían as que eles querían por en marcha».
A min tampouco me gustan os políticos que critican a política porque considero que insultan a miña intelixencia, pero recoñezamos que frases como esa funcionan dende o punto de vista mediático e son moi galegas (por desgraza). En Cataluña ou Euskadi non funcionarían e iso, tamén recoñezámolo, está en relación co nivel cultural e de formación dos seus cidadáns.
O artigo de Barreiro Rivas, como sempre, é espléndido. É outra das cabezas pensantes desperdiciadas polos galegos de ben. Igual que agora acaba de desperdiciarse a xentes como Quintana ou Suárez Canal.
En canto ao tema lingüístico, de novo é un problema dos gallegos (xa nin me atrevo a falar de galegos), uns gallegos que prefiren vender orujo que augardente, uns galegos que prefiren vender txangurro que pateiros, uns galegos que prefiren vender ternera que vitela, uns galegos que prefiren vender gallitos del norte que meigas, uns galegos que prefiren «pulpo a la romería» que polbo á feira, pensando que así son máis modernos e venden máis. O colmo son eses letreiros «prohibido el baño, prohibido o baño» que, recoñezámolo, resultan ridículos e sentir vergoña allea.
Uns galegos que non teñen problema en que en Valencia todo apareza escrito en valenciano pero que non soportan que en Barcelona se use o catalán. Isto é politización da lingua ou que é?
En canto ao tema da bandeira pois o mesmo: non hai problema en ver aos asturianos coa súa (cada vez máis, igual que cada vez máis o bable se está a recuperar), ou aos valencianos coa súa, pero !Oh! !que horrror! unha catalana, ikurriña ou galega: independentistas!. Isto non é politización? isto non é estupidez?……. E mentres Galicia camiñando, cara a cola de Europa, Asturias conectada, Castela conectada, Portugal conectado. Pero a burguesía galega é a responsable (e entre ela os donos dos medios de comunicación).