por amarxedotempo | Sep 28, 2015 | Marxe
O outro día falei aquí do Chino-Xaponés, un mendiño da miña infancia que morreu queimado nun forno. Asociada a el , venme agora á memoria a figura dun colega seu a quen todo o mundo lle chamaba O Mangante. Era un rapaz novo, de aspecto infeliz, querido por todos. Pasaba o día na rúa, á espreita do que caera: uns céntimos dados por un transeúnte caritativo, unha camisa vella, zurcida vinte veces e imposible xa de ser vestida cun mínimo de decoro por parte dunha persoa normal, unha bola de pan… Non era tolo. Lanzado á miseria por calquera treboada maldita da vida, limitábase a sobrevivir ao amparo dos demais.
Un día axudoume. Perdido á saída da igrexa no tumulto dun bautizo, onde todo o mundo se esquecera de min, convertido de pronto en raparigo de segunda ante a presenza gozosa e fráxil dun neno novo na familia, colleume da … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 27, 2015 | Marxe
Nunha ocasión, durante unha festa na que se sentía a desgusto, William Faulkner dedicouse a saudar os asistentes con frases absurdas. Por exemplo, a unha señora emperifollada que se achegou a el para darlle a man cun xesto arrebatado de admiración infantil, díxolle en voz alta, sen que ela se decatase, dado o estado próximo ao éxtase no que se atopaba: “¿Como está vostede, señora cabra?” E a un libreiro que lle trataba de confesar a devoción que sentía por el, díxolle: “Encantado de saudalo, señor merluzo”.
Estes días, con motivo do centenario de nacemento do novelista americano, alguén falou da súa simpatía, unha graza que ata agora permanecía oculta, pois a imaxe que nos chegou del parece exactamente a contraria: unha vez, segundo teñen contado os seus biógrafos, tiroulle unha botella de whisky á cabeza a unha periodista.
É dicir, que se sabía de Faulkner que bebía moito e … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 26, 2015 | Marxe
A miña tía Elvira, da que falei onte, estaba casada cun estremeño de apelido que aos nenos da familia nos resultaba cómico: Camisón. Na casa todos lle chamabamos así, o tío Camisón, aínda que ás veces tamén nos referiamos a el como o tío Gonzalo. A min sempre me pareceu un home bo, por máis que, como militar, tiña fama de ser bastante duro. Oín dicir que un día, no patio do cuartel, coa tropa formada, pediu voluntarios para ir combater o comunismo a Rusia, coa División Azul, e ao non ter máis que catro ou cinco candidatos, designou os demais a dedo.
Cando morreu, sendo eu un rapaz de poucos anos, un profesor chamoume para darme a noticia. Díxome: “Sae, que morreu o teu tío Pijama”. Deume a risa e logo sentín vergonza porque diante da morte eu sabía que estaba prohibido rir. Volvería rir anos despois, un día … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 25, 2015 | Marxe
Alá polos anos 1957 ou 1958, o gánster Johnny Stompanato, famoso como amante entre algunhas mulleres coñecidas de Hollywood, morría dunha puñalada na barriga nunha luxosa mansión do barrio de Beverly Hills. Moitas persoas recordarán aquel suceso desgraciado porque a autora da morte era a filla da actriz Lana Turner. Nos días que seguiron, as revelacións que saíron á luz no transcurso do xuízo deron unha imaxe moi pouco idílica daquela moza que se contvertera en estrela de cine anos antes cun papeliño de nada.
Diante do tribunal, Lana Turner fixo un papel magnífico, sobre todo cando describiu con detalles de experta narradora o momento do crime: o sangue no peito de Johnny, o terrible ronquido que lle saíu da gorxa e o intento de facerlle a respiración boca a boca máis como un xesto de amor que por prestarlle un último auxilio.
Despois do fallo absolutorio do xurado, os … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 24, 2015 | Marxe
Hai unha semana, cando saía de revolver libros nunha librería, vin dous tolos, un a catro metros do outro, metidos nunha curiosa disputa. O primeiro, alto e pulcro, ben coñecido polas persoas que transitan a diario por unha céntrica rúa de Vigo, repetía sen cesar unha estrala salmodia monocorde, de significación relaixiosa, pero probablemente heterodoxa. O outro, vestido dun xeito estrafalaria, cuberto cun sombreiromilitar e unha vara na man, dicíalle rindo: «Cala, tolo, que son o Papa de Roma e pódoche dar unha hostia que te tumbo, pecador».
Esto de ser Papa, ou incluso o mesmo Espírito Santo, é unha das teimas máis común entre os tolos. Hai tempo, segundo me comtouo un amigo médico, nun sanatorio psiquiátrico de Ourense convivían pacíficamente varios destes altos cargos celestiais, sen que ningún deles reclamara xerarquía nin trato especial, a non ser nas relación co cura do centro, ao cal, polo menos un … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 23, 2015 | Marxe
Este par de días que pasei na aldea, a tres horas de Nova York, permitíronme gozar desa outra parte deste país tan pouco coñecida fóra de aquí, como se os EEUU non fosen outra cousa que un conxunto de grandes cidades cheas de rañaceos, riqueza desmesurada para algúns, barrios miserables e violencia. No lugar onde estiven, un pequeno concello que se chama Lexington, as casas están espalladas polo bosque e as montañas, a xente fai tertulia de noite nos porches, pasea á beira dos lagos, anda en bicicleta ou aproveita o bo tempo para asar carne na grella do xardín. A vida transcorre en calma.
Os meus amigos, por exemplo, leváronme a unha casa de madeira, solitaria no bosque, onde había unha librería de vello, rexentada por unha señora que se chama Terry. Aproveite para mercar algunhas edicións do século XIX, entre elas un exemplar precioso de The Scarlet Letter… Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 22, 2015 | Marxe
O venres pola noite estiven lendo un libro no que se contan algunhas historias bastante macabras de Luis Buñuel e Salvador Dalí, supoño que certas. Polo visto, cando os dous eran estudantes en Madrid, alá polos anos vinte, algunhas noites saían de caza, acompañados por un negro grande e bruto que conducía o coche no que se desprazaban pola cidade. A caza, que dirixía Buñuel, en realidade consistía en facerse pasar por mariquitas para atraer a algún homosexual despistado e pegarlle unha tunda.
Confeso que as historias deste home, que tanta simpatía espertan en tanta xente, a min nunca me fixeron graza. Son bromas que sempre me pareceu que estaban feitas con humor de taberna. Naturalmente, isto que lin o venres revela un fondo canalla, máis propio dun señorito como Dalí que dun anarquista como Buñuel.
Despois de ler esta historia, o sábado pola mañá atopeime nun periódico cunhas cartas … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 21, 2015 | Marxe
Hai anos, o día da coroación de Xoán XXIII, un grupo nutrido de persoas da miña vila xuntáronse no casino para seguir a cerimonia pola televisión. No momento de colocarlle ao Papa a tiara sobre a cabeza, un funcionario público daqueles que se chamaban “enchufados”, non moi ben querido pola súa afección ás pistolas e o desprezo á vida dos demais, dixo en voz alta que a “piara” era de outro. Tratábase dun tipo bastante bruto, que tamén utilizaba a expresión “pataca minuta” en vez de “peccata minuta”.
Nisto da lingua ninguén está libre de meter a pata. Hai en Madrid un periodista moi famoso que periodicamente se empeña en cualificar de “inconsútil” a algunha muller. Con toda seguridade debe pensar que esa palabra talvez quere dicir subtil ou algo parecido, e non “sen costura”, que é o seu verdadeiro significado.
Eu mesmo recordo, cando ía á escola, que un … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 20, 2015 | Marxe
Unha rapaza americana chamada Andrea Zittel, de vinte e sete anos, decidiu un día coller un ovo de galiña, chocalo, criar o pito cando nacera, sacrificalo cando fora grande e finalmente disecalo. Unha historia só insignificante na aparencia, pois do que se trataba era de facer unha obra de arte encamiñada a explorar a cuestión da posesión e a propiedade, é dicir, como o feito de darlle a vida a un ser, neste caso o pito, concédelle tamén a un o dereito de matalo. O proxecto fracasou porque ao final a artista encariñouse co bicho.
É probable que tal decisión fose negativa para a arte, pero está claro que acabou sendo unha sorte para o polo, que agora vive, rodeado de mimos, nun apartamento de Nova York. Ademais, o fondo filosófico do asunto estaba mal concibido: quen tiña que decidir sobre a sorte do animal era a nai galiña, non … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 19, 2015 | Marxe
Creo que a palabra anano xa non é correcta. Escoiteillo dicir hai anos ao meu amigo Rafaelito Cacá, que andaba no Bombero Torero e que un día, nun programa de televisión, comentou que el prefería que lle chamasen pequeno. Digo isto porque o que vou contar tivo como protagonista a un señor desas características, a quen vin pola rúa, sometido ás monadas, seguramente inocentes na intención, como se verá despois, dun grupo de rapazotes en trance de divertirse sen se decatar de que lle estaban facendo mal a outra persoa.
Ía o pequeno el só polo medio dunha rúa peonil, cando de pronto, un dos mociños, que estaba parado coa pandilla diante dun comercio de fotos, púxose detrás del para medirse, non tanto para resaltar a altura desproporcionada do seu corpo adolescente, como para facer unha broma, convencido quizais de que a vítima non se ía decatar. Equivocouse porque recibiu … Seguir leyendo