por amarxedotempo | Dic 28, 2015 | Marxe
Os periódicos de todo o mundo falan estes días de Borislav Herak, un rapaz serbio de vinte anos que moi pronto vai comparecer, para ser fusilado diante dun pelotón bosnio. Nas fotografías ten cara de idiota. Non foi capaz de rematar os estudos primarios e tívose que contentar cun traballo de nada: carrexar vultos nunha fábrica téxtil. A vida perdeuna tamén por unha estupidez, el mesmo se foi meter na boca do lobo ao confundirse de estrada e acabar nas mans dos seus inimigos.
Ademais cantou de coro todas as barbaridades que fixera. Empezou matando bosnios porque escoitou dicir pola radio que estes querían matar tamén a todos os serbios. Despois pensou que a guerra era unha boa ocasión para facerse con cartos e comprar un televisor. Por ese motivo lle desfixo a cabeza a culatazos a unha pobre vella, á cal lle roubou uns poucos marcos. Como nunca se … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Dic 27, 2015 | Marxe
Estes días vexo moito en Ourense un deses trens chu-chú que percorren as rúas tocando unha campá e cargados de nenos e xente maior. Polo que deduzo, debe tratarse dunha cousa de publicidade. É igual que un xoguete grande, como se un rei mago xigantesco lle deixase ese regalo á cidade. Onte descubrín subido nel, todo serio e con cara de estar facendo algo importante, un señor vestido cun abrigo azul marino e un sombreiro escuro que observaba con compracencia o mundo desde o seu asento. Parecía feliz.
Pola noite, cando me marchaba para a casa, vin como o tren chu-chú avanzaba pola rúa do Paseo, que é peonal, cargado con persoas de todas as idades, dando unha das últimas voltas da xornada. De pronto, o condutor atopouse con que tres cidadáns deixaran os coches estacionados de xeito que lle pechaban o paso.
Non era fácil resolver o problema. O … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Dic 26, 2015 | Marxe
Estes días pasados puiden observar que os nenos cren en Papá Noel como antes criamos nos Reis Magos. Iso xa o tiña visto en Suecia, onde é tradicional que alguén da familia se disfrace coas roupas e as barbas do personaxe para repartir os regalos. Cando o velliño peta na porta e entra na casa, os rapaces poñen unha cara de asombro absoluto, coma se o mundo acabase de ser inventado diante dos seus ollos, cos peixes, os leóns, as xirafas, os tronos e a neve acabados de crear a partir da nada. Séntense tan marabillados que son incapaces de descubir que debaixo daquela capa e aquel gorro encarnado se esconde alguén coñecido.
Normalmente, nunca o descobren, aínda que por lóxica, se pensasen un pouco, comprobarían que naquel momento falta unha das persoas que estaba na reunión e que de novo volve aparecer milagrosamente cando Papá Noel xa se foi. … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Dic 24, 2015 | Marxe
O home do que vou falar aquí xa non vive. Chamábase G. E. Moore e formou parte daquel brillante cenáculo de Cambridge que contaba con individuos tan estrafalarios e intelixentes como Bertrand Russell, que era un lascivo, ou Wittgenstein, que domesticaba paxaros, ou o matemático S. Ramanujan, que un día viu chegar no taxi número 1729 ao seu colega G. H. Hardy, díxolle que aquel era o número máis pequeno que é dúas veces a suma de dous cubos e deixouno varios meses pensando ata que puido demostralo.
Polo que respecta a Moore, fumaba en cachimba dunha maneira moi curiosa. Cando tiña cargada a pipa, co tabaco ben apertado, acendía un misto para prendela. Nese instante, co xesto suspendido, empezaba a falar coa súa característica voz pausada, unha miga gangosa, mentres o lume se consumía pouco a pouco.
No momento en que sentía arder os dedos, apagaba o misto e, … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Dic 23, 2015 | Marxe
A primeira vez que oín falar da Arxentina como dun país conflictivo foi alá polo principio dos anos sesenta, cando estudiaba en Santiago e mantiña unha boa relación persoal co meu catedrático de Literatura, don Enrique Moreno Báez, que con frecuencia me invitaba a tomar o té á súa casa, o mesmo que a dous ou tres alumnos máis, cada vez que tiña a algún convidado ilustre. Unha desas veces coincidiu cunha visita de Francisco Romero, catedrático de Filosofía en Buenos Aires, un home de conversa amena, probablemente moi sabio, que nos fixo pasar unha agradable velada vespertina falando do seu país.
Había xa algún tempo que caera Perón, a quen por certo eu coñecera de causalidade en Madrid, nun restaurante arxentino que se chamaba Tranquilino. (Entre parénteses: non me impresionou nada e pareceume un golfo). Por eso me chamou a atención que entre as cousas que Francisco Romero … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Dic 22, 2015 | Marxe
Non recordo en que libro de Álvaro Cunqueiro se fala dun personaxe que por calquera cousa, se tiña que xurar, cagábase en Weyler. A primeira vez que eu me atopei co escritor, alá polo verán do ano 1964, en Vilagarcía, falando dese asunto dixo que non era o único, pois na súa época de estudante coñecera un vello de Lugo que facía o mesmo pero con máis elegancia: “Me cago en don Valeriano Weyler y Nicolau”. Polo visto, este vello lugués chegara a pelexarse sañudamente cun viaxante de comercio por culpa do xeneral.
Unha das persoas que asistían á conversa, Xusto García Quirós, dixo que el non sería capaz de pelexar por Weyler, pero que no instituto se batera a labazadas cun compañeiro que se atrevera, sabendo que el era carlista, a escribir debaixo do retrato de don Carlos María Isidro dúas palabras infamantes: “Rei Cuchufleta”.
Mirando con cara de … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Dic 21, 2015 | Marxe
Estiven lendo en The New Yorker, esa alegría periódica que me chega de América por correo, unha historia sobre o célebre monstro do lago Ness, do que había tempo que non se escoitaba falar. Como se sabe, de cando en vez, ese animal descoñecido e prodixioso aparece na prensa e volve desaparecer, igual que din que ocorre na realidade. Antes, os soviéticos aseguraban que se trataba dunha manobra do capitalismo occidental para distraer a xente das súas graves preocupacións en época de dificultades ou de crise. Naturalmente, era unha bobada, dita con solemnidade, pero bobada ao fin e ao cabo. Estas tonterías e outras semellantes foron as que converteron o comunismo soviético nunha calamidade intelectual, non apto para persoas intelixentes.
Entre os que cren na existencia do monstro, está un profesor americano que xura telo visto en presenza de testemuñas e que lle fixo unhas fotos que deron a … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Dic 20, 2015 | Marxe
O sábado pola noite estiven no castelo de Soutomaior para recoller un premio que leva un título impresionante: “Fumador galego de habanos do ano 1999”. Supoño que da mesma maneira que Miss Universo non é, por pura lóxica, a muller máis fermosa do mundo, nisto dos puros debe pasar algo moi parecido. Polo tanto, na honrosa distinción que outorgaron os membros do Club Epicur de Galicia tiveron que influír outras circunstancias que non coñezo ben, ademais do feito real, que eu nunca ocultei, de ser un pacífico fumador de puros habanos, nunca de cigarros, desde hai moitísimo tempo.
Por alí andaba, por exemplo, unha antiga alumna miña, casada cun bo fumador, que segundo me contou todo o mundo, na asemblea de Ourense, onde se decidiu a elección, ela actuou como axente electoral entusiaste e, polo que se ve, eficaz. Por outro lado, a maior parte dos asistentes ao acto confesáronme … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Dic 19, 2015 | Marxe
Pola mesma época na que coñecín ao coello Churchill, viña tamén moito pola miña vila un lagarto que durmía nunha cama con cabezal, todo feito cun par de toallas. Pertencía a unha señora cubana de pel de oliva, con voz de augardente rasposo e falares caribeños. Vendía unhas cremas milagrosas que curaban a reuma e a dor de cabeza e que aseguraba que estaban feitas con unto de cobras e lagartos, aínda que eu estou convencido de que se trataba nada máis que de vaselina. Probablemente era un bo negocio.
O produto viña nunhas caixiñas redondas de madeira liviá, dun grosor aproximado ao dun papel. Creo que custaban unha peseta. Os paisanos compraban bastantes e, ás veces, antes de decidirse, facían un aparte coa señora, coa que falaban en voz baixa, quizais para preguntar cousas que lles daba vergonza dicir en voz alta.
Mentres se celebraba todo este cerimonial, o … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Dic 18, 2015 | Marxe
Hoxe quero escribir sobre as persoas que o outro día fixeron cola nunha tenda da Coruña para que lles firmase un libro. Por riba, cheguei con atraso, cando elas levaban alí varios minutos agardando. Falo disto aquí para agradecerlles, en primeiro lugar, a súa paciencia, pero sobre todo o interese que amosaron ao preguntarme pola saúde do gato Samuel ou pola nena que temos na casa ou polas mazás do xardín ou por outras cousas que non veñen ao caso. Lamento non poder falar con cada unha máis tempo, pero resultaba imposible. Tampouco lles puiden poñer dedicatorias máis personalizadas. Sirvan, pois, estas liñas de desculpas por todo iso.
A ocasión serviu para coñecer a viúva de Narciso Rivas, a quen eu tratei de neno cando el pasaba os veráns no pazo de Bóveda, moito antes de casar. Fun merendar alí varias veces, fascinado sempre por unha babucha chinesa que había … Seguir leyendo