La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Un desastre con corazón

Xa falei onte do libro que escribiu a muller de Saint-Exupéry, o autor de O principiño, que está conmovendo a opinión pública mundial, sorprendida de que o autor dun libro tan fermoso, lido con amor por millóns de persoas, fose un marido tan disparatado. Sen xulgalo polos seus amoríos de ocasión ou polas súas infidelidades, o certo é que do retrato que del nos deixou Consuelo Suncín resulta un home extraordinario. Por veces, un ten a impresión de atoparse diante dun tolo, por momentos parece un neno grande, nalgunhas ocasións semella un ser humano profundamente infeliz.

Sen embargo, sempre o vemos como unha persoa excepcional, dotada dunha capacidade inmensa para querer. E para facer sufrir. Está claro que Consuelo padeceu ambas as dúas. Durante os anos que viviron xuntos, levouna do ceo á terra case simultaneamente. Cando ela se sentía feliz ao seu lado, escoitando promesas de amor eterno, … Seguir leyendo

As andanzas dun concelleiro

Onte pola noite escoitei na televisión ese concelleiro de Madrid, chamado Ángel Matanzo, que estes días anda facendo o ridículo por aí. Estaba irritado en exceso e desabrido. Parece un tipo inflamado, co subconsciente ao aire, deses dos que na miña terra din que falan sen permiso da cabeza. Ignoro en que consiste a burla que lle fan ese grupo de actores que o converteron en personaxe cómico dunha obra de teatro. É posible que sexa cruel ou mordaz, pero dubido que o traten tan mal como el se está tratando a si mesmo.

Fala o citado concelleiro cunha voz rouca, de madrugada, foneticamente pretendida nunha larinxe golfa e sintacticamente descalabrada. Con esas virtudes, non parece difícil elixilo para facer escarnio, sobre todo se a ese par de catástrofes se lle engade aínda un temperamento fabricado quen sabe en que quincallería para atolondrados. Vese que os actores tampouco tiveron moito … Seguir leyendo

Comer un xeado

Hai uns anos, consultando uns periódicos antigos, de principios de século, atopeime coa queixa dun señor que estaba indignado porque nun café de Ourense actuaba unha señorita desvergonzada, con pouca roupa, que no transcurso do número que representaba, non tiña reparos en pasarlle a man pola cara aos espectadores ou abrazalos dunha maneira pouco adecuada. O home enfadado reclamaba a intervención rápida das autoridades, a fin de evitar, dicía el, “males irreparables para a moral da nosa cidade”.

Non lle deberon de facer moito caso porque o anuncio da actuación daquela señorita, que se chamaba La Pulguita, seguiu no periódico durante bastante tempo. Tampouco debeu de ter moita transcendencia para o futuro moral da cidade, pois en Ourense, que eu saiba, non se notan en absoluto os males causados por aquela muller.

En Italia, preto de Trieste, tamén se produciu un feito similar, pero con denuncia diante dos tribunais. A … Seguir leyendo

Anuncios en América

Onte pola tarde, a falta de mellor cousa que facer, tendo en conta o vento e a chuvia, que non invitaban a pasear, estiven mirando anuncios nunhas revistas americanas. Atopei de todo: patacas de claro sabor tradicional servidas mensualmente por correo; aparatos eléctricos para quitar toda clase de dores corporais; adhesivos en forma de ra para poñer o remite das cartas; xamón afumado, que mercado nunha determinada cantidade incluía de regalo un pouco de queixo especial e algúns gramos de panceta…

Nisto de comer, vin tamén que anunciaban bistés servidos a domicilio, coa garantía absoluta de que o cliente quedaría satisfeito, ademais de que lle entregan gratis un libro de cociña. Vin así mesmo un debuxo de Fidel Castro cun enorme habano na boca, ofrecendo unha aventura de sete días en Cuba para fumar puros.

O máis curioso de todos, non obstante, pareceume un aparato para espertar polas mañás pouco … Seguir leyendo

Para curar un mal

Cando eu era neno, pasaba longas tempadas nunha pequena aldea da Limia, no borde sur da Lagoa de Antela, onde un tío meu era médico rural, daqueles que andaban a cabalo. Algunhas das cousas que recordo con máis agrado daquelaépoca eran as letanías de agradecemento que ían soltando os enfermos polas escaleiras abaixo, cando saían da consulta, e as longas conversas que tiñan lugar polas noites arredor do lume, mentres as mulleres ían e viñan preparando a cea ou algún dos homes atendía con naturalidade, pero non sen un certo orgullo, o lombo que se asaba lentamente no espeto.

Pola casa ían uns tipos moi curiosos, como un que chamaban o Parolante e que contaba unha mentiras imponentes, pero divertidas e cheas de inocencia. Eu, que lles cría todas, tíñao por un individuo encantador, ao que lle sucedían sempre cousas marabillosas, como aquela historia dunha lebre que se riu del … Seguir leyendo

A tristeza dunha amiga

Unha amiga miña que hai anos foi revolucionaria por amor á humanidade e que agora é simplemente boa persoa coa xente que a rodea, acaba de trasladarse de casa e atópase con que os veciños do edificio onde reside teñen decretado que un dos inquilinos, home triste, calado e infeliz, é gafe. Aínda que a cousa de momento non pasa de ser unha broma, ao tal individuo considérano responsable de todas cantas desgrazas e desperfectos afectan á comunidade. O peor de todo é que hai xente que xa empeza a crer no maleficio do personaxe.

Seguro que os máis convencidos non han tardar en esquivar o desgraciado nos ascensores. E os máis entendidos acabarán por facerlle a figa cos dedos, iso si, coa man discretamente escondida no peto do pantalón ou da chaqueta, porque entre bromas e veras, por se acaso, ninguén se atreverá a desafiar os poderes do malvado.… Seguir leyendo

Maldade

Hoxe vou escribir unha maldade. Antes, non obstante, quero citar aquí a frase que lle escoitei dicir un día no Café Miño de Ourense ao meu amigo Luís Cabo, vello comunista de Monforte, tan boa persoa que cando veu xogar a Madrid a selección nacional de fútbol da Unión Soviética pasou todo o tempo que durou o partido mirando cuns prismáticos a bandeira visitante, chorando sen parar. Pois Luís Cabo dixo nunha ocasión que era perfectamente lexítimo ser un golfo, para aqueles que tivesen ese gusto, pero que debía estar prohibido ter cara de senvergonza.

Supoño que a frase se refería a alguén en concreto. Acordeime disto o outro día, mentres vía noticias na televisión. Falaban dos líos de Marbella e dos problemas que ten o seu alcalde. De pronto, cando as cámaras enfocaron a cabeceira dunha manifestación a favor da liberdade dese señor, vin en primeira fila a un … Seguir leyendo

Un fenómeno da natureza

Hai cinco ou seis anos, os periódicos publicaron un desmentido sorprendente: non era certo que un neno chinés fose capaz de ler coas orellas. A noticia aparecera uns días antes, apoiada pola autoridade dun vídeo no que se vía o rapaz facendo unha exhibición das súas facultades. Finalmente, todo resultou ser unha fraude dos pais, uns campesiños pobres que só pretendían gañar un pouco diñeiro. Desa maneira, nin resolveron os seus problemas económicos nin enganaron a ninguén: acabaron no cárcere.

Agora leo que en Armenia hai un señor do tamaño dunha mosca, é dicir, que ten a feitura exacta dun home, pero que non mide máis que uns milímetros. Se o individuo vivise nun domicilio coñecido, todo estaría máis claro. Pero non é así, pois aseguran que o levaban uns ambulantes, metido nun frasco, na raia con Turquía.

A min, un home coma ese, gustaríame velo. Non tanto polo morbo … Seguir leyendo

O Anxo da Garda

En Italia, nunha aldea próxima a Cosenza, no sur do país, a unha nena de cinco anos saíronlle uns vultos nas costas, un de cada lado. Antes de que os médicos tratasen de explicar a que se debía ese feito, unha veciña empezou a dicir que as tales excrecencias non eran doutra cousa que ás e que a meniña era un anxo. Naturalmente, deseguida apareceron devotos para ver a criatura celestial, que de momento, deixando a un lado a circunstancia de que teña esa particularidade nas costas, compórtase como unha nena calquera.

Hai poucos meses aínda, un profesor americano da universidade  de Minnesota, nos Estados Unidos, publicou un traballo polémico sobre o número de anxos existentes. Baseándose en estudos bíblicos moi rigorosos, chegou á conclusión de que son poucos, atrevéndose a adiantar unha cifra próxima aos trinta e cinco mil.

Como se sabe, os anxos están de moda en todo … Seguir leyendo

Amor

Cando eu era estudante en Santiago tiña un amigo moi revolucionario e bastante golfo. Isto último non o digo porque levase ningún tipo de vida disoluta, senón porque me daba a impresión de que non amaba a humanidade tanto como el dicía ou pensaba, senón que máis ben odiaba a medio mundo: os capitalistas, os curas, os americanos, a De Gaulle, a Santiago Carrillo (o meu amigo era partidario dos chinos), os profesores, o Real Madrid e a selección nacional de fútbol (el volvía polos portugueses, incluso cando xogaban contra España). O que nunca entendín é por que trataba tan mal a rapaza que nos facía a limpeza.

Aquel mozo era como unha amiga da miña nai que facía novenas para que lle tocase a ela a lotería e poder repartila cos pobres, en vez de rezar para que lle tocase xa aos pobres ou para que estes non existisen. … Seguir leyendo