por amarxedotempo | Oct 4, 2016 | Marxe
O outro día, antes de regresar a Nova York, fun dar una última volta por Chicago, aproveitando o tempo que me quedaba ata a hora da partida do avión. Nada máis saír do hotel, sobre a beira da rúa, vin un paxariño morto. Uns metros máis alá, atopei outro. E despois, nun percorrido dun par de quilómetros, sen moverme do centro da cidade, descubrín moitos máis. Busqueille unha explicación ao misterio e pareceume que o vento podía ser a causa de que os pobres bichiños se estrelasen contra as enormes moles de cristal dos rañaceos.
Se estes últimos non fosen tan grandiosos e elegantes na súa estilizada fermosura xeométrica, un podería sentir fácilmente a tentación de compoñer un artigo sentimental e parvo sobre a barbarie dunha civilización que sacrifica dun xeito tan inhumano miles de paxaros: un símbolo perfecto para mentir de forma poética.
Pero o día estaba azul e … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Oct 3, 2016 | Marxe
Onte estiven en Ferrol para dar unha conferencia na Facultade de Humanidades. Logo, un grupo de profesores, entre eles o decano, invitáronme a ver o campus e a visitar a biblioteca e os edificios que compoñen o complexo universitario ferrolán. Por último, a iso das dúas da tarde, aproveitando a fermosura do día e o bo tempo, fomos andando ata un restaurante do centro da cidade para comermos xuntos. Se agora mesmo tivese que dicir en que consistiu o xantar, tería que pensar un pouco. Acórdome, en cambio, palabra por palabra, de todo canto falamos.
Falamos incluso do tempo. Cando alguén afirmou que na Galicia do sur había un clima mediterráneo, unha das comensais puxo cara de escepticismo e eu pregunteille por que non estaba de acordo. Dixo que era valenciana e falou da dureza dos invernos en Galicia, sobre todo en Santiago, onde residiu. Un día viu a tanta … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Oct 2, 2016 | Marxe
O sábado tiven que dar unha conferencia, manter un coloquio tres horas despois cun grupo duns trinta escritores cubanos e participar a continuación nunha mesa redonda. Cando rematei, invitáronme a unha reunión con novelistas e poetas,pero decidín que estaba canso e prefería dar un paseo. De maneira que collín o andante e perdinme polas rúas da Habana Vella, a parte máis antiga, declarada patrimonio da humanidade. Desde logo, a humanidade debía preocuparse algo máis polas súas cousas.
Aínda se ve ben o que debeu ser esta cidade. A pesar de que moitos dos edificios, dunha fermosura magnífica, están practicamente en ruínas, non resulta difícil imaxinalos no esplendor da súa gloria. Hai grandes palacios, agora convertidos en vivendas de veciños, que manteñen con moito esforzo a súa vella dignidade.
A xente, negros na súa inmensa maioría, vive na porta das casas ou nos balcóns, espidos de medio corpo, sentados en cadeiras … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Oct 1, 2016 | Marxe
En portugués, a iso que nós chamamos pavo, eles chámanlle perú. Como a palabra cultura significa tamén cultivo, non é raro que cando Eugenio Montes chegou a Portugal e mercou un libro titulado A cultura do Perú levase unha enorme sorpresa ao descubrir de que cousa se trataba. Contouno o presidente da Xunta na reunión de Viana do Castelo. Supoño que debe ser un dos moitos equívocos que se citan para establecer as diferenzas entre galego e portugués, que nese nivel son moi abundantes.
Danse con frecuencia entre linguas irmás. Concretamente no español de América temos exemplos coñecidos de todos. Son famosos os apuros que pasan os conferenciantes da península en Bos Aires para non dicir o verbo coger, que alí ten o mesmo significado que para nós ten ese verbo que empeza por j e que non vou escribir aquí. En Venezuela, por outra parte, os … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 30, 2016 | Marxe
O señor Vernon Harvey, cidadán americano, tiña unha filla adolescente. Un día, dous malvados fixeron con ela o que non resulta difícil imaxinar. Primeiro violárona por quenda e logo cóserona a puñaladas: dezasete en total. Por unha desas incomprensibles decisións da xustiza daquel país, o autor material da morte foi condenado a cadea perpetua, mentres que o cómplice, responsable só de agarrar a vítima cando o asasino lle fundía o puñal no corpo, acabou na cadeira eléctrica. Un caso como miles, case trivial.
O día da execución, o pai da rapaza quixo estar presente. Xa que non podía matar o criminal coas propias mans, polo menos quería velo morrer. Asistiu á cerimonia desde detrás dunha ventá. Ao rematar, saíu da prisión eufórico e feliz, cantando de alegría, e foi brindar cuns amigos pola morte do violador da súa filla.
Leo nun periódico americano que o señor Harvey anda agora desalentado. … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 29, 2016 | Marxe
De todas as historias que se contan de Urbano Lugrís, aquel gran pintor que morreu en Vigo no ano 1973, cada vez resulta máis difícil saber cales foron certas e cales pertencen á riquísima lenda que se foi tecendo arredor da súa espléndida figura humana ao longo dos anos. Coñezo varias persoas que me aseguraron seren testemuñas dalgunhas delas. ¿Será verdade, como afirman, que un día o artista se botou a correr na rúa, atravesándoa ata o outro lado cos brazos abertos en actitude de abrazo cara a un pobre cura velliño ao que lle chamaba papá a berros, coa voz garimosa dun afecto filial conmovedor? Uns din que sucedeu na Coruña, concretamente na rúa de San Andrés; outros, que ocorreu no centro de Vigo, baixando por Colón.
Supoño que debe ser apócrifa unha das anécdotas que máis circularon en vida do pintor e que aínda hoxe se segue a … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 28, 2016 | Marxe
Barcelona cheira a allo. Non me tiña fixado ata agora, pero dada a miña incompatibilidade absoluta con esta agresión culinaria, onte erguinme como vítima da súa presenza insidiosa e masiva na cea da véspera. Non sei se este condimento forma parte diso que agora se chama a dieta mediterránea, moi boa para o corazón, polo que se di, pero fatal para a cousa gástrica. O caso é que desde entón percibo o seu cheiro ata nas rúas, o cal, por outra parte, me aforra traballo e preguntas á hora de buscar un restaurante.
En cuestións de cociña, a pesar do allo, os cataláns son inventores dunha miudeza magnífica: o pan con tomate. Non coñezo a ninguén que renegue desta marabilla humilde, tan natural e simple que parece froito saído dunha árbore ou dunha planta. Sempre fago o propósito de implantalo na casa, pero nunca persevero.
Observo que están de moda … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 27, 2016 | Marxe
En Nova York vense moitos curandeiros instalados na rúa, dedicados maiormente a darlle masaxes á xente que o solicita. Hainos de todos os tipos, desde aqueles que traballan en grupo, debaixo dun tenderete de lona, como se formasen un salón, ata aqueles outros que actúan en solitario, sen máis parafernalia que a cadeira especial onde sentan os clientes. En xeral, anúncianse cun cartel, no que figuran tanto as virtudes curativas e a propaganda das habilidades de cada un, coma os prezos das sesións, que andan arredor dos cinco ou os dez dólares, segundo os barrios. No centro, por exemplo, son máis caros; na periferia ocorre exactamente o contrario.
Moita xente fai un alto no camiño para someterse a unha destas sesións de masaxe. Séntanse nunhas cadeiras especiais, que se parecen a reclinatorios, nunha posición que semella bastante cómoda, coa cabeza caída cara adiante e apoiada nunha especie de coxín suave, … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 26, 2016 | Marxe
Como profesor recordo que era un home afable, esixente e traballador, incluso brillante, se non fose porque falaba nun ton baixo e monocorde, non fácil de entender. Desde a súa mesa miraba cara ao fondo da aula, un mentro por riba das nosas cabezas, como evitando o encontro das miradas, quizais porque a timidez non lle permitía unha intimidade maior. Trataba os alumnos con respecto exquisito, mesmo os máis indisciplinados, aínda que non perdía nunca a autoridade. Eu diría que era un bo profesor.
Non o tratei á marxe das aulas, pero sei que tiña lenda de home raro, pouco sociable. Vivía só, creo que cunha vella criada, e dedicábase a ler e escribir, por máis que non lle lin outra cousa que pequenos traballos de investigación. Pareceume que estaban ben, realizados co mesmo rigor erudito que puña nas súas clases.
Vino onte pola rúa, furgando nas papeleiras, pero con … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 25, 2016 | Marxe
Estes días, por razóns que non veñen ao caso, estou lendo vidas de santos. Xa levo lidas arredor de dez ou doce. En xeral, todas narran pequenos ou grandes prodixios, un dos sinais inequívocos da santidade, que con frecuencia se repiten. Por exemplo, xa lin dúas veces o mesmo milagre: o perfume deleitoso que saíu da tumba de dous destes fillos predilectos de Deus, despois de que se fose averiguar, pasados anos da súa morte, en que estado de conservación se atopaban os seus restos. Ambos arrecendían a flores.
Outro aspecto que me chamou a atención foi a linguaxe en que están escritas estas vidas. Case todos os santos, xa de nenos, deron mostras de virtude; a maioría medraron no temor de Deus e nos principios da sabedoría; todos, absolutamente todos, morreron en olor de santidade e entraron na Gloria entre cantos celestiais.
Tamén ocorre que a maior parte destas … Seguir leyendo