La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Lembranzas

Ese Paquiño Cebola do que falei onte aquí chamábase Francisco Janeiro polo cristián, pero el mesmo tiña asumido o alcume como propio. Dicía: “Llamar me llamo Francisco, pero mi nombre de verdad es Cebola”. Non sei de onde lle viña a nomeada, quizais dalgún episodio descoñecido da súa infancia. Falaba sempre en castelán, igual que o seu amigo Efraín, un colega da parte de Maceda, que dicía palabras como “pián”, “quialdo” e outras polo estilo. Deste último publiquei unha entrevista inventada nun periódico escolar que escribía eu só daquela e que se chamaba El Averno. Por certo que por chamarlle “faba” a un profesor recibín vinte labazadas.

A propósito de El Averno, este consistía en catro follas escritas a man, que saía os xoves en exemplar único. Foi medio clandestino ata que o meu profesor de Literatura, don Agustín  Madarnás, me pediu que o lese na clase. Iso … Seguir leyendo

Os insultos

Hai uns días, en Ourense, durante unha proxección cinematográfica á que asistín, producíuse un longo apagón que acabou por irritar ao sector máis xuvenil da concorrencia. Amparados na escuridade, os gamberros elexiron como vítima, non sei por que razón, ao acomodador. Chamáronlle nomeadas feas e, segundo me pareceu, incluso lle lanzaron algunha cousa contra a cara, que el esquivou. Home prudente, limitouse a contestar aos agresores dicíndolles que eran uns «gandules»e uns «badulaques». Iso foi todo. Ao se reanudar a sesión, volveuse resctablecer a orde, atraídos novamente os asistentes polo contido da película, unha americanada intranscendente, pero ben feita, como ocorre case sempre co cine daquel país.

Había tempo que eu non escoitara as palabras con que o acomodador tratou de responder á agresión dos seus verdugos. En realidade, con palabras de outro tempo e supoñen unha concepción do insulto radicalmente distinta da actual. É unha concepción decente, que pon … Seguir leyendo

Bandos

Hai uns días, mentres lía no salón pola noite, xa de madrugada, reparei un momento no televisor, que estaba acendido e só nunha esquina, sen voz, traballando para ninguén. O que me distraeu da lectura foron unhas luces que chegaron ata min, procedentes da pantalla, e a continuación o rostro dunha rapaciña fermosa, duns vinte anos, que sostiña unha vela na man e que choraba a fío, pero cos músculos da cara enteiros, sen engurras, como se fose consciente de que a fondura da pena non require de ningunha teatralización engadida e que basta con chorar. A curiosidade levoume a darlle voz ao televisor para ver que pasaba.

Estaban dando, nunha desas cadeas que entran a través dos satélites, unha reportaxe sobre ese retrasado mental que executaron hai pouco nos Estados Unidos. Como sucede case sempre neste tipo de situacións, había dous bandos, o dos que protestaban contra a aplicación … Seguir leyendo

Animais tolos

Onte lin nos periódicos que en Inglaterra mataron un polo que estaba mal da cabeza. Na noticia soamente se dicía que o animal daba mostras de comportamentos estraños, pero sen concretar en que consistía a súa loucura. Aínda que pareza raro, non se trata dun feito extravagante, pois os bichos sofren tamén esta clase de trastornos. Sen ir máis lonxe, nós tivemos unha gata que estaba tola. Atacaba a toda a familia de maneira inesperada, coma se fose un tigre. Fusilárona nun monte de Ourense.

Cando eu era rapaz, nunha taberna de Xinzo de Limia oín contar a historia dun burro de Solveira que perdeu a razón a consecuencia dun sachazo que un veciño lle deu na cabeza. O asunto rematou mal, pois o dono, anos despois, matou ao agresor. Este suceso utiliceino eu para escribir un conto que está no meu primeiro libro.

Tamén por aqueles anos, andaba polas … Seguir leyendo

Periodismo máxico

Cando no ano 1974 se produciu a caída do emperador de Etiopía, Haile Selassie, o periodista Ryszard Kapuscinski estaba alí. O relato do que puido ver e escoitar naqueles días o famoso correspondente polaco converteu a este nunha das figuras máis admiradas e controvertidas do periodismo internacional. Por exemplo, falou con algúns dos antigos funcionarios de palacio, que foron describindo para el a clase de traballo que lles estaba encomendada na corte imperial, ademais dos fantásticos títulos que lles correspondían.

O primeiro deles foi o Ministro da Pluma. A continuación entrevistouse co Gardián da Terceira Porta. Por último, puido falar cun funcionario que estaba ao servizo dos dignatarios estranxeiros, só para limparlles os zapatos que con frecuencia lles mexaban os cans do Emperador.

Foron moitos os comentaristas internacionais que dubidaron da veracidade do brillante relato de Kapuscinski, a quen acusaron de facer periodismo máxico. Agora, coa publicación do libro ImperiumSeguir leyendo

Crítica

Como sabe todo o mundo, os anónimos levan sempre perfectamente estampado o nome do remitente. Quero dicir que abonda con pensar durante cinco minutos, no caso que pague a pena, que case nunca paga, para averiguar quen foi o autor dunha acción que algúns chaman infamia e que a min sempre me pareceu unha tontería. Había un escritor en Ourense, moi boa persoa, que tiña a desgraza de ser, para isto dos anónimos, como unha especie de pararraios. Era tal a súa experiencia, non menor que a súa perspicacia, que antes de tiralos ao cubo do lixo, púñalles a firma do remitente, e dicía que case nunca se equivocaba.

Acordeime del estes días, cando lin no Suplemento Literario do Times, nesa sección de cotilleos que pasa por ser unha das máis lidas de todo o semanario, unha noticia relacionada con isto dos anónimos, pero na súa versión máis moderna, … Seguir leyendo

Unha decisión audaz

En alemán, a palabra Schwammerl designa un cogomelo pequeno. Precisamente ese era o nome polo cal algúns amigos coñecían ao músico Franz Schubert, que non medía máis alá do metro e medio e tiña un aspecto achaparrado, cabezudo e rebolo. No enterro de Beethoven, no que el axudou a portar a caixa, esta ía completamente escorada do seu lado. A estatura, como é lóxico, veulle imposta pola natureza, pero os quilos sobrantes gañounos a pulso en festas e francachelas nocturnas.  Era un gran comellón.

Ese individuo pándigo e divertido, charlatán e noctámbulo, compuxo, non obstante, algunhas das obras musicais máis fermosas de cantas se levan creado ao longo da historia da humanidade. Moitas delas mesmo chegaron a ser populares entre toda clase de públicos, como a famosa Ave María, tantas veces repetida en cerimonias relixiosas de todo tipo, de maneira especial nas vodas.

Agora, nunha diocese italiana acaban de … Seguir leyendo

Viaxeiros

Hai anos, nunha viaxe que fixen ás Illas Hébridas, coñecín un poeta do país que nunca saíra daquel lugar. Conversador excelente, bebedor sen pausa e coñón de grande estilo, falaba de París coma se vivise alí varios anos, ou de Nova York, ou de Florencia, ou de Trieste. Cando eu lle dixen que a praza principal desta última cidade me recordaba o Terreiro do Paço de Lisboa, o meu interlocutor sorprendeume dicindo: “¡Nome precioso, Terreiro do Paço! Non sei por que lle chaman agora Praza do Comercio”. E case de seguido, engadiu: “De todos os xeitos, Trieste é máis dramática que Lisboa”.

Faltoulle dicir que, sobre todo, polos borrachos. De ter nacido no século XVIII, aquel home sería, probablemente, iso que os ingleses chamaban “viaxeiros de cheminea”, é dicir, xente que escribía libros de viaxes sen moverse da casa. Polo visto, segundo veño de ler, vólvense levar ese tipo de … Seguir leyendo

Espazo para o sosego

Hai unha novela de Heinrich Böll, intelixente e divertida, na que un individuo ten a facultade de percibir o alento da xente a través do teléfono. Desta maneira, mentres conversa cos seus interlocutores por ese medio, o personaxe sabe con total seguridade se a boca lles cheira a allo, por exemplo, ou se, polo contrario, lles arrecende ao aroma agradable de calquera dentífrico quimicamente perfumado. Non recordo moito máis daquela novela do escritor alemán, pero ese detalle simpático téñoo moi vivo na memoria.

Acordeime disto onte pola mañá, cando ía no coche oíndo na radio a un deses insultadores que hai agora nas emisoras de Madrid e que tinguen coa color amarela da bile a luz primeira do día, tan agradable, por outra parte, se un non escoita estas cousas. Non sei por que, pareceume que o insultador tiña voz de úlcera.

Despois de descuartizar a vítima, que desta vez … Seguir leyendo

Un gran non é un cancro

Unha amiga miña, profesora de Ética en Oviedo, cando se ergue da cama para empezar o día, pon unha emisora de radio que se caracteriza pola agresividade dos seus contertulios. A iso das oito, asegura ela, xa teñen toda a carne picada: os inimigos pasados pola trituradora, a metade do país convertida nun monte infecto de pus, habitada por xentes encanalladas e sen escrúpulos, individuos deshonestos que carecen de conciencia moral, profesionais ineficaces e corruptos.

Despois desta zurra, na que un saco enteiro de palabras sen caridade vai e vén, coa contundencia do puño dun boxeador, da cara ao fígado e do fígado á cabeza de todos os excomungados, a miña amiga, ao chegar á rúa, marabíllase de que circulen os autobuses, de que a xente vaia ao traballo e de que non caian as casas.

Non é para menos. Non se explica ben que nun país onde hai tantos … Seguir leyendo