por amarxedotempo | Dic 4, 2013 | Marxe
O domingo pola mañá recibín a visita dun amigo que estaba furioso porque a véspera ceara cun compañeiro moi tacaño. O enfado tiña certo fundamento: o individuo sacouno da casa case pola forza, para invitalo a cear, e logo, cando chegou a hora do café, díxolle: “Como invitas ti, voume facer un regalo”. E pediu un puro de dúas mil pesetas. A min deume a risa e aproveitei para animar o meu amigo facéndolle unha confesión: que os tacaños, salvo moi poucas excepcións, me fan graza. Coñezo a un, por exemplo, que pertence a esa ralea e tenlle tanto amor ao diñeiro que á cama lle chama a caixa de aforros, porque mentres dorme, non gasta nada. Cada ano, cando pilla a gripe, usa as medicinas do ano anterior, que garda no frigorífico.
Un día queixouse diante de min de que a rapaza que lles traballaba na casa comía demasiado, … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Dic 3, 2013 | Marxe
A primeira vez que estiven no Berlín Oriental, cando aínda existía o muro que dividía a cidade, fun ver, como se dun santuario se tratase, a casa do escritor Bertolt Brecht. E despois achegueime á súa tumba, que está tan cerca da vivenda que ocupou en vida que desde a fiestra do seu cuarto de traballo debeu contemplar moitas veces o recuncho de terra onde agora descansan os seus restos, ao pé dun penedo gravado co seu nome, case pegado ás campás de Hegel e Fichte e non moi lonxe da que ocupa Heinrich Mann.
Como resulta fácil imaxinar, non me atopaba só: centos de rapaces de todo o mundo, co aspecto inconfundible de proceder dos países do outro lado do muro, facían o mesmo ca min. Ao final, acabamos todos na taberna museo que había debaixo da casa, bebendo cervexa e admirando as maquetas das montaxes teatrais do autor.… Seguir leyendo
por amarxedotempo | Dic 2, 2013 | Marxe
Hai un par de anos escribín aquí a historia dun toliño norteamericano, membro dunha asociación en defensa da vida, que entrou nunha clínica na que se practicaban abortos legais e matou a tiros a un dos médicos. Cando se celebrou o xuízo, un grupo de persoas contrarias ás ideas do avariado da cabeza manifestáronse polas rúas con pancartas nas que pedían que o condenasen á pena de morte. Por sorte para el e para todos, incluídos os que reclamaban a cadeira eléctrica, o tribunal ditou unha sentenza de cárcere.
Agora, os periódicos acaban de publicar a noticia de que o home se suicidou. É dicir, que preocupado por defender a vida, ao final non fixo outra cousa que atentar contra ela. Primeiro, dando morte a un médico e despois matándose a si mesmo. Non sei cal sería a reacción íntima dos que hai dous anos reclamaban para el a pena … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Dic 1, 2013 | Marxe
Acabo de ler a historia interna do banquete que recentemente lle deu o alcalde de Nova York a cento cincuenta dirixentes políticos mundiais e, polo que respecta á cociña, a cousa resultou tan complicada que mesmo parece imposible que se chegase a resolver. Á hora de confeccionar o menú, non se pode servir carne de vaca por culpa dos hindús; musulmáns e xudeus non comen marisco; o alcohol tamén o teñen prohibido varios deles; veñen logo os vexetarianos e mesmo os enfermos con dieta especial.
Despois de moitas discusións e consultas entre expertos, a elección estaba entre o polo e o año, con triunfo final deste último. Polo que respecta aos postres, parece que houbo unanimidade no xeado, a non ser que entre os ilustres comensais se sentase algún diabético, que se sentaba. Neste caso, xeado sen azucre.
Outra cuestión que cumpría resolver era a de que, segundo o protocolo, … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Nov 30, 2013 | Marxe
O taxista venezolano do que falei aquí o outro día, ese ao cal lle pegaron no parabrisas unha multa que parecía unha saba, chamábase Arcelys. Non me soubo explicar respecto da súa orixe ou significado, a non ser que o levaba posto desde o nacemento. En xeral, en Venezuela abundan este tipo de nomes. Por exemplo, no hotel onde me hospedaba, na galleta de identificación que portaban no peito as empregadas, puiden ver Solmar, Cira, Merry, Neiffe e Karlinda.
Tamén observei que moitos homes se chaman como nas telenovelas que se ven aquí: Luís Raúl, Carlos Alfredo, Alberto Fernando e outros parecidos. Non atopei ningún Manuel. Unha periodista que me entrevistou para El Globo chamábase Vicglamar. Sorprendeulle moito que a min me sorprendese; parecíalle un nome normal. O que non lle parecía tan ben era a cor da súa pel, morena tirando a negro, supoño que mulata. Díxomo expresamente, entre … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Nov 29, 2013 | Marxe
Coñecín a Guillermo Torrelio, alá polo ano 1975. Era un boliviano, pequenote, de pel morena, con ese peito abombado que teñen as persoas acostumadas a respirar a máis de catro mil metros de altura, onde o aire escasea e produce o soroche, un mal que deixa os ósos como de goma e o corpo feito unha desgraza. Guillermo tivo que fuxir do seu país por cuestións políticas e atrevesou a cordilleira dos Andes a pé, cun saco ao lombo, no que levaba un ben para el apreciadísimo: a imprenta do sindicato no que militaba. Despois de moitos días de viaxe dura e penosa, chegou a Chile, xusto un par de semanas antes de que se producise o golpe de estado.
Naturalmente, falo de Pinochet. A Guillermo Torrelio, un bendito, salvoulle a vida, que alguén lle quería quitar, o embaixador de Suecia, Edelstam, outro home legal que chegou a andar a … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Nov 28, 2013 | Marxe
Na madrugada do 16 ao 17 de xullo de 1918, un timbre espertou o tsar Nicolás II, a súa muller e os seus cinco fillos, entre eles o herdeiro, que só tiña trece anos. Case inmediatamente, os revolucionarios responsables da custodia da familia imperial conducíronos con enganos ao soto da casa que ocupaban en calidade de prisioneiros. Púxeronos contra a parede e liquidáronos a tiros. As fillas, catro mociñas entre os vinte e tres anos e os dezasete, tardaron en morrer. Rematáronas no chan a golpes de baioneta.
Desde que lin nunha revista americana a crítica do libro de E. Radzinski sobre este episodio espantoso, tiña ganas de lelo. Onte rematei as cincocentas páxinas desta obra excelente, xa traducida ao español. A detallada reconstrución do crime aclara definitivamente un dos capítulos máis negros da historia contemporánea.
O máis repugnante, os asasinos, que durante anos se pelexaron polo triste honor de … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Nov 27, 2013 | Marxe
O outro día andei paseando só polo monte, aquí perto da casa, aproveitando que facía un día magnífico, con pleno sol e non demasiado frío. Pasoume unha cousa curiosa e foi que, nun camiño, cruceime cun señor duns sesenta anos, gordo e con aspecto repoludo, que baixaba cantando todo contento. Nin sequera deixou de facelo ao chegar á miña altura, cando me saudou cun movemento cortés de cabeza e logo seguiu para adiante co seu canto nos labios. Houbo un momento en que sentín pena de min mesmo, ao decatarme de que dunha maneira inconsciente cualificara aquel home como tolo e non como alegre e feliz. Fixen como algúns suecos, que cando ven alguén rindo, pensan que está borracho.
No monte, pasei un tempo moi grato, máis que nada pola algarabía de paxaros que sentía ao meu arredor, algúns deles exhibíndose nas árbores e nos muros, sen medo, cousa que … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Nov 26, 2013 | Marxe
O doutor Cabaleiro Goás foi un coñecido psiquiatra humanista, sabio e de corazón desbordado. Residente en Ourense, desde moi pronto bateu coa miseria moral da emigración, que a el lle chegaba con frecuencia ao despacho en forma de tristeza ou melancolía. Iso sucedía cando a xente rebentaba de tanto sufrir e podía superar a vergoña de ir consultarse cun médico de tolos. Ao final da súa vida, o doutor Cabaleiro Goás tiña un avultado ficheiro onde se gardaban centos de historias protagonizadas por emigrantes e as súas familias.
Unha vez, nunha conferencia, eu vin como os ollos se lle volvían transparentes coa emoción cando contou unha anécdota da que fora protagonista principal o fillo dun matrimonio ourensán que traballaba en Suíza. O neno, un cativiño de seis anos, confiado ao cargo duns parentes, un día, na escola, buscou a un compañeiro solitario coma el e díxolle: “Se me queres, douche … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Nov 25, 2013 | Marxe
Cando o xeneral Mengistu Haile Mariam tomou o poder en Etiopía e derrocou ao monarca, elixiu para este unha morte que un non imaxinaría nunca que puidese corresponder a alguén que se titulaba Rei de Reis e León da Tribo de Xudá: afogouno cunha almofada. Era o aviso de que a revolución que viña non ía mellorar a situación anterior, a pesar de que daquela se chegara a toda clase de excesos, incluídos os delirios da corte, onde había ministros que levaban o título de Limpadores de Zapatos do Emperador.
Consumado o crime naquel velliño de máis de oitenta anos, aínda co seu corpo diminuto deitado na cama, o novo amo do país empezou por onde empezan todos os da súa condición: matando a esgalla. Dun golpe, liquidou a máis de cincuenta altos funcionarios. Os que sobreviviron non puideron evitar o potro da tortura.
Para estes mesteres máis podres sempre … Seguir leyendo