La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Museos e baños

Un día, visitando un museo sueco, reparei nunha especie de pipote de madeira cortado pola metade, cunha forma lixeiramente elíptica. Como non estaba rotulado, quedei coa curiosidade de saber para que servía. Antes de saír, descubrín unha rapaza de uniforme que estaba arrimada contra unha parede e  decidín preguntarlle. A moza, cun sorriso pícaro, díxome que era unha bañeira típica das casas de campo, moi popular en Suecia ata o século XVIII, e que os obxectos de arredor tiñan todos que ver coa hixiene corporal.

Entón decateime de que nos museos de Galicia nunca vin nada semellante, nin nos do resto de España, o cal me levou a preguntarme como se arranxaría a xente de aquí para bañarse cando aínda non había baños. Unha hipótese extrema sería tirar a conclusión de que case ninguén se bañaba. Un amigo meu di que iso non é razoable.

A algunhas familiares e amigas … Seguir leyendo

Soidade

As persoas que coñeceron o escritor Ánxel Fole saben que era un home peculiar, mestura de bohemio descoidado, polo aspecto, e de señor distinguido, polo espírito. Gustábanlle as definicións precisas, pois tiña a preocupación da linguaxe, que cultivaba con mimo. Nunha ocasión pasei con el varios días en Lugo, conversando diante dunha gravadora durante horas, co propósito de facer un libro. Publiqueino pouco despois e lamentablemente non foi do seu agrado porque puxen nos seus labios unha frase que me dixera, pero que non lle gustou ver reproducida por escrito: unha cousa fea que lle chamou ao xeneral Mola.

Unha tarde, nunha daquelas longas tertulias, houbo un momento no que me falou da soidade, sentimento para min case descoñecido, en parte porque sempre me levei ben comigo mesmo. Foi quizais por iso polo que non conseguín entrar na reflexión que el propuña. Eu imaxinaba a Fole como un home en … Seguir leyendo

Branco ou negro

Hai anos, en plena crise do petróleo, un día escoitei en Londres a un charlatán árabe que, desde o alto dun caldeiro de plástico, en Hyde Park, estaba botando un espiche patriótico en contra dos europeos. Todo canto de bo existía no mundo ademais o petróleo, desde os números ata a música, era creación dos seus. A parte máis graciosa do espectáculo, non obstante, estaba do lado do público. Os humillados asentían case todos con acenos da cabeza, como pedindo perdón por non ter nacido en terra de mouros.

Nos Estados Unidos, especialmente no mundo intelectual, hai agora moitos homes brancos que case piden perdón por non seren mulleres e negras. Un coñecido profesor, Martin Bernal, publicou hai tempo un libro no que trataba de demostrar que a cultura grega era de orixe  africana e de cor escura. Tivo un grande éxito.

Non tardaron en aparecer teorías que ían un … Seguir leyendo

Outro

Nunca souben por que razón para min descoñecida, os meus amigos foron sempre, con lixeirísimas excepcións, persoas maiores. As diferenzas de idade nunca impediron, non obstante, que as relacións transcorresen con cordialidade, incluso con certa camaradería. Pasoume con Ramón Piñeiro, pasoume con Torrente Ballester e case podería dicir que me sucedeu tamén con Vicente Risco, se non fose porque eu, daquela, era noviño e moi ignorante e sentía un pouco de medo diante dun home que tiña fama de sabio. Aínda así, neste último caso, procuraba chegar ao café cedo para poder falar a soas con el. Recordo aquelas charlas con emoción.

Isto de ter moitos amigos vellos fai que un leve xa bastantes anos asistindo ao espectáculo da súa desaparición. Morreron moitos deles, a maioría a unha idade avanzada, o cal non serve de consolo, por natural que sexa, ademais de que non resulta fácil adaptarse á idea de … Seguir leyendo

Lembranza dun moralista

Fálase estes días nos periódicos de Will H. Hays, aquel individuo que hai agora sesenta anos implantou unha ríxida censura moral no cine americano. Os comentaristas que menos lle queren, quizais para resaltar os tintes negros con que lle debuxan a alma, recordan as maneiras afectadas daquel homiño de aspecto tímido e carácter suave, sen esquecerse das súas ridículas orellas de morcego, que lle daban unha aparencia cómica, ou dos seus dentes entrampados, verdadeiro símbolo decadente dun pobre gánster arruinado.

O fervor edificante que derramou sobre a meca pagá de Hollywood levouno a tomar algunhas medidas pintorescas. Cando Cecil B. de Mille estaba rodando Rei de reis, Hays tratou de evitar por todos os medios que o actor que facía de Cristo naquela película, xa fóra do estudo, fumase ou dixese palabras gordas, e que a actriz que encarnaba a Virxe María consumase o divorcio que tiña preparado.

Ao … Seguir leyendo

O temible Hook

Pasei algunhas horas da tarde do domingo lendo o avance das memorias do periodista australiano Phillip Knightley, que publicou a revista Granta. De todas as mentiras que este brillante xornalista contou ao longo da súa carreira, a que lle deixou máis remordementos foi unha historia que inventou por necesidade de pisar a competencia cando traballaba no Truth, un periódico australiano especializado en divorcios que dispuña dun grupo de detectives encargados de meterse debaixo das camas para pillar adulterios.

Un día, Knightley, encirrado polos seus xefes para sacar algo gordo, inventou a historia dun delincuente sexual descoñecido, pero nomeado Hook, que operaba no tren de Sydney. Tratábase dun individuo que levaba un cable metido pola manga dereita da  súa chaqueta, no cabo do cal había un gancho ou hook disimulado.

Finxindo ler un periódico, o imaxinado delincuente achegábase ás mozas guapas que viaxaban soas, de pé, e co artiluxio … Seguir leyendo

Un lambonciño feliz

O Liceo de Ourense estaba onte cheo de nenos que celebraban o entroido. Os disfraces eran os de sempre: princesas, demos, soldados, bruxas, pallasos, bolboretas e moito máis. Vese que a fantasía humana, tanto nisto do carnaval como en calquera outra manifestación que poña a proba a capacidade imaxinativa da xente, é sempre moi limitada. Había nenas que levaban na cara algún debuxo gracioso: entre os pais e as nais non son raros os que aínda recordan as súas habilidades co lapis de cores na época de estudantes.

Mentres tomaba café no medio daquel inmenso barullo, fixeime nun rapaciño pequeño, de cinco ou seis anos, que comía un xeado, a pesar do frío, sentado nunha esquina do patio de columnas. Era gordecho e colorado, cunhas fazulas encarnadas dun vermello intenso e saltón, completamente naturais. Pura saúde infantil.

Ía vestido de pirata, un disfraz que lle cadraba como propio, moi de … Seguir leyendo

Un home e unha muller

Onte escoitei unha conversa que parecía máis propia dun programa de televisión, deses nos que se exhibe a intimidade sen pudor, que da vida real. Era un señor duns oitenta anos, de aspecto pulcro, incluso atilado, que falaba da súa muller, presente no acto, diante dun amigo. Dicía que era mala. A verdade é que a señora non tiña aspecto de santa, pero tampouco  parecía o ser perverso e ruín ao cal se refería o seu home. Delgada e de nariz ganchudo, cos ollos pequenos e negros como moscas, permanecía ausente.

Polo que entendín, era xorda. Debía selo porque, a pesar das cousas tremendas das que estaba sendo acusada, non amosaba ningún tipo de emoción nin desgusto. As acusacións ían desde as trampas que fixera para casar, hai sesenta anos, ata a falta de atención que lle prestaba á casa e o mal costume que tiña de gastar.

Soamente puxo … Seguir leyendo

Paseo

Onte pola tarde, a iso das sete, antes de empezar este artigo, fun dar un paseo polo monte. Estaba un día espléndido, co ceo completamente limpo e unha temperatura agradable. Levei un libro por se me entraban ganas de ler, pero non o saquei do peto. Máis que nada porque en sitios como este, unha pequena aldea, non convén criar fama de tolo, cousa bastante fácil de conseguir se un se dedica a andar polos camiños con aires de sabio despistado. Aínda recordo a aquel paisano de Sabucedo que un día, despois de que o meu pai lle confirmase que eu me dedicaba a escribir, dixo unha frase redonda: “¡Mire polo que lle foi dar!”

Supoño que escribir, para quen non está nese mundo, debe ser un misterio. Pasoume cun home que fixo chapuzas na casa, un tal Rocanrol, que estaba tan intrigado que lle acabei amosando un dos … Seguir leyendo

A técnica do escorpión

Non recordo con precisión en que libro latino deses que tratan de animais lin a historia fascinante duns escorpións africanos que, segundo refería o autor, atacaban a xente por un procedemento complicado e difícil, pero moi eficaz. Como os habitantes do país sabían do perigo de morte que corrían, sobre todo polas noites, cando estaban durmindo e non se podían defender, colocaban as camas de tal maneira que o bicho non puidese subir ata elas e sorprendelos durante o soño. Aínda así, o escorpión cobraba moitas vidas.

A estratexia deste consistía en subir ata o teito e buscar algún sitio onde agarrarse coas mandíbulas. Despois, un compañeiro baixaba polo corpo do que estaba colgado e fixábase a el da mesma maneira, pero trabando coa boca na uña do outro. E a continuación un terceiro ou un cuarto, ata alcanzar o corpo da vítima.

O último, é dicir, o situado na … Seguir leyendo