por amarxedotempo | Dic 13, 2017 | Marxe
A un poeta catalán a quen coñecemos Celso Emilio Ferreiro e mais eu en Barcelona, alá pola primavera do ano 1975, nun piso do Paseo de San Xohán, estiveron a punto de empapelalo despois da guerra civil porque a alguén se lle ocorreu denuncialo por blasfemo. A causa da denuncia era un poema que empezaba dicindo: “No nome do Pai do Fillo do Espírito Santo”, escrito así, todo seguido, sen comas. O denunciante entendía que, eliminada ou alterada a puntuación, aquel verso pasaba a dicir que había alguén que era pai do fillo do Espírito Santo, o cal supuña unha blasfemia, ademais doutras intencións descoñecidas.
Algo parecido acaba de suceder en Kuwait, onde alguén pasou varios anos estudando a obra de dúas escritoras para encontrar inmoralidades e blasfemias, que apareceron por fin. Grazas a que no mundo, a pesar de todo, hai máis sentido común do que parece, un tribunal … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Dic 12, 2017 | Marxe
Non sei de onde lle vén ao gato da casa este costume feo que ten de andar bebendo nos vasos da xente. É o que me acaba de facer hai uns instantes, xusto pouco antes de que eu me sentase na miña mesa de traballo para empezar a escribir as cousas do día. Bastou que me ausentase do cuarto durante uns minutos para que se puxese a beber pola calada, actuando de maneira raposa e con disimulo. Cando me escoitou pisando nas escaleiras, pegou un salto e marchou correndo a botarse por riba dun sofá, facendo que durmía.
Como dispón de varios cacharros para el só, distribuídos aquí e acolá, o mesmo dentro que fóra da casa, hai quen pensa que non se trata de necesidade, senón de vicio. O certo é que esa auga, da mesma que bebe o resto da familia, non a proba, mesmo que pase moito … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Dic 11, 2017 | Marxe
As edicións Raíña Lupa, que dirixe Rocío Santa Cruz en París, acaban de sacar unha rareza bibliográfica, en edición de cen exemplares, sobre La Bella Otero. Esta muller nacida en Valga ocupou parte das nosas conversas destes días, pois o periodista galego Ramón Chao, presente nas tertulias, coñeceu a Carolina Otero en Niza, cando ela pasaba dos noventa anos. Daquela xa non ocultaba a súa condición de galega e tampouco tiña interese en manter a mentira, que defendeu sempre, de ser filla dunha xitana andaluza e dun militar grego. Cando Chao a visitou, vivía na pobreza, aínda que conservaba boa parte das xoias que recibira dos moitos homes, reis e emperadores incluídos, que perderon a cabeza por ela.
Polo visto, segundo se puido comprobar despois de morta, as xoias eran falsas, o cal non fala nada ben dos amantes que llas regalaron nin da perspicacia da propia Carolina, incapaz … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Dic 10, 2017 | Marxe
Tiña eu un compañeiro de estudos que estudar non estudaba moito, pero que xogaba moi ben ao fútbol. Un día, ao rematar un partido, que perdimos por un gol de diferenza, entroulle tal ataque de rabia que se puxo a chorar desconsoladamente, con saloucos e con impo. Entre todos tratamos decalmalo e cando por fin o conseguimos, díxonos que a culpaera do director espiritual, que lle rifara no confesionario e lle prohibira que antes de cada encontro fose á capela para pedirlle a Deus que lle axudase a gañar.
Eu pensei que o confesor levaba razón, pois se os rapaces do equipo contrario facían o mesmo, metían a Deus nun compromiso, converténdoo en forofo dun dos bandos e contrario ao outro. Exemplos non moi diferentes acabo de atopalos nun fermoso libro inédito sobre Deus, escrito por Torres Queiruga, que lin estes días.
Por certo que nas súas páxinas atopei tamén, … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Dic 9, 2017 | Marxe
En Venecia, no Hotel Danieli, viviron unha aventura amorosa o poeta Alfred de Musset e a escritora George Sand. Todas as guías o recordan. Incluso, no propio hotel, a dirección encárgase de que os hóspedes que hoxe ocupan o cuarto número 10 saiban que foi alí onde o autor de As confesións dun fillo do século estivo postrado, con febre e delirando, mentres ela se daba bicos co médico que o atendía, facéndolle crer a aquel pobre infeliz enfermo que o que vían os seus ollos non eran máis que froitos da alucinación.
Xa dixen onte que en Zürich non quedan rastros de Dada nin as guías de turismo encamiñan o visitante cara á Spiegelgasse, onde estivo o famoso café Voltaire, que Vicente Risco tratou de homenaxear cando bautizou co mesmo nome o bar do Tucho, na antiga praza do Eirociño dos Cabaleiros, fronte da casa de María Andrea.
O … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Dic 8, 2017 | Marxe
Nunha tertulia nocturna de amigos, animados polo aroma excitante do café e empuxados pola forza amable dunhas copas que nos volvían a todos máis imprudentes do que normalmente somos en estado de repouso, puxémonos a perder o tempo de xeito agradable nunha acalorada discusión sen fin. En realidade tratábase de resolver a aposta imposible que encerra a seguinte pregunta. Canto tempo tardarán os idiotas que empezan a xurdir por toda Europa en acabar co oasis de paz e prosperidade que se foi edificando co traballo e a prudencia de todos nos últimos 40 anos?
Alguén recordou un xogo semellante que se facía na tertulia de don Pío Baroja, despois da guerra, respecto da supervivencia do réxime de Franco. Alí facíano ademais con votación, para o cal utilizaban unhas papeletas que se gardaban nunha caixa e que se abrían uns meses máis tarde. As respostas situábanse sempre no arco dun amplo … Seguir leyendo