La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Aventuras

Vinas ao pasar, aínda que non me puiden fixar moito nelas, a non ser que aceptase converterme nunha persoa algo indiscreta. Eran unhas cinco señoras de certa idade, vestidas coas colores alegres típicas do verán. Estaban sentadas na terraza dunha cafetería céntrica de Vigo, tomando algunha clase de aperitivo antes de comer. Desde varios metros, xa lle prestara atención ao grupo, quizais porque falaban en voz alta, todas ao mesmo tempo, case a berros, dando solta a esa euforia característica dos días de moita calor.

A verdade é que animaban a rúa, chea naquel momento de turistas ingleses encarnados e silenciosos, acabados de baixar dun barco de cruceiro.

Por certo que me pareceu observar nas señoras da terraza unha actitude un pouco irónica cos citados turistas, quizais porque diante de min ía andando unha parella de vellos: el, inmensamente grande, con pantalóns curtos e pel de caranguexo, xeonllos disparados e … Seguir leyendo

Volven as pólizas

Hai uns días, nunha visita obrigada a unha dependencia oficialda Administración autonómica, escoitei unha frase que nun primeiro momento me pareceu unha broma, pero que pronto me decatei de que non o era. O funcionario que me atendía, sempre correcto e unha miga mecánico, pediume unha póliza. Antes de que a sorpresa que se me debeu pintar no rostro acabase convertida nunha frase de perplexidade ou de protesta, xa el se encargou de aclararme que eran normas novas.

Confeso que ignoro calquera cousa sobre as interioridades e o funcionamento da Administración, un calvario que soporto como calquera cidadán e que procuro visitar o menos posible. Non sei, polo tanto, se esta decisión de pedir de novo as pólizas ten algún fundamento racional ou é unha forma emboscada de recadar cartos, por non falar dun error de alguén, que tamén puidera ser, como é lóxico.

Error parece, polo menos desde algunha … Seguir leyendo

Profesións difíciles

Onte estiven de mirón, vendo o barco turco ese que está embarrancado aquí preto, na baía de Baiona. Naturalmente, non estaba só; había centos de persoas facendo o mesmo ca min, moitas delas con opinións moi rotundas sobre como se debía solucionar o problema. Un señor de Madrid, por exemplo, era do parecer de que ao capitán había que metelo no cárcere, por incompetente e irresponsable. Un mozo alto de voz delgada dixo en cambio que o importante sería saber con certeza que clase de carga levaba o barco.

Á parte destas opinión de carácter político, había outras de tipo técnico. En xeral, todo o mundo sabía como se debía proceder, aínda que non todos estaban de acordo nos plans. Non obstante, a unanimidade era grande á hora de considerar que a solución non parecía difícil, en contraste coa lentitude con que actuaban os expertos.

Loxicamente, se as cousas eran … Seguir leyendo

Pestes

Cada ano, polo menos aquí onde vivo eu, hai unha peste diferente. Unhas veces son toupeiras, que este verán non apareceron, quizais porque na primavera caeu unha chispa no pararraios e, ao entrar na terra, seguindo o percorrido do cable que vai por debaixo do xardín, debeu liquidar a todas as que podían estar metidas nos seus tocos. Supoño que, para elas, a descarga eléctrica tivo que ser algo moi semellante ao que sería para nós unha bomba atómica. A verdade, non era necesaria tanta brutalidade só por librarnos do espectáculo de ver esas moreíñas de terra que tanto afean o céspede.

A peste deste ano foron as moscas e os caracois. As primeiras eran pegañentas, desa clase que mesmo semella que andan aparvadas ou que levan pegamento nos pés. Nada se podía facer contra elas. Hai tempo, moita xente combatíaas con bolsas de auga transparentes, onde parece que se … Seguir leyendo

Conversa

Onte pola tarde atopei nun camiño, aquí preto do lugar onde vivo, un paisano que supuxen viña de traballar no campo, pois levaba un sacho ao lombo. Aínda que non nos coñeciamos de nada, puxémonos a falar. Foi el, que se parou para dicirme: “¿Pero viu vostede que peste de néboa nos tocou hoxe por aquí?” Era certo, naquel momento estaba escuro e pechado, algo que raramente ocorre por esta parte, que con frecuencia, cando a néboa entra por Baiona e se vai estendendo pola comarca, queda como unha pequena illa milagrosa, iluminada polo sol. Por dicir algo, respondinlle o que di todo o mundo, ou sexa, que son as néboas de agosto.

En realidade, o asunto da néboa non era máis que un pretexto para iniciar unha conversa, supoño que sen máis propósito por parte del que intercambiar algunhas palabras cun veciño. O caso foi que, despois das primeiras … Seguir leyendo

Tramposos

Estiven vendo un programa deses que tratan de animais e que resultan do máis atractivo que se pode ver na televisión. Trataba dun paxaro estraño, que non recordo como se chama, e que ten a característica de que fai o niño na terra, non nas árbores nin entre as silveiras, como a maior parte dos membros da súa especie. Por esa razón, os seus inimigos adoitan ser animais como os cans, as donicelas e, sobre todo, os raposos, que buscan as crías para comelas. Nada do outro mundo: entre os seres vivos, uns comemos os outros, especialmente os humanos, que nisto somos os máis depredadores de todos.

Na loita pola supervivencia, o citado paxaro desenvolveu un sistema de protección da prole certamente enxeñoso, bastante cómico, que visto desde fóra, cos ollos dun profano, como sucede no meu caso, parece denotar algún tipo de intelixencia, superior a outros comportamentos máis coñecidos … Seguir leyendo