La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Os Kennedy de novo

Polo que estou vendo estes días en periódicos e revistas americanos, vólvese falar moito de Robert Kennedy. Parece que agora lle toca ser criticado, da mesma maneira que antes foi enxalzado, ata o punto de que a imaxe que nalgúns momentos se chegou a transmitir del era case a dun santo. Recentemente, alguén sacou a relucir, en cambio, a suposta relación amorosa que tivo coa muller do seu irmán, Jacqueline, despois da morte daquel, e ultimamente coméntanse de novo aspectos escuros da súa brillante biografía: a implicación nunha trama para asasinar a Fidel Castro, ou a autorización que lle deu a Hoover, o director do FBI, para que lle gravase conversacións telefónicas a Martin Luther King.

Está claro que os Kennedy teñen luces e sombras. De John, o presidente asasinado, xa sabemos que ademais de ser un bo político, era tamén un golfo: tiña contratadas como secretarias, na Casa Branca, … Seguir leyendo

A lei e a eficacia

O presidente do Comité Xudicial do Senado dos Estados Unidos, o senador Patrick Leahy, aparece hoxe para algúns americanos como un home chinche ou inxenuo, cando non antipatriota. Ponlles pegas aos propósitos do fiscal xeral, que quere urxentemente leis máis duras para combater o terrorismo: pinchar teléfonos sen permiso dos xuíces, penetrar nas redes informáticas polas bravas, ampliar o tempo de detención dos inmigrantes sospeitosos. Non é que o senador Leahy non estea de acordo en endurecer as leis e perseguir os terroristas, pero teme que ao final acaben pagando as liberdades. Non lle falta razón.

O senador foi antes fiscal do estado en Vermont, na fronteira co Canadá. No seu tempo, o problema da droga, que era grave no seu distrito, empezou a resolverse dunha maneira asombrosa, gracias á eficacia dun tal Paul Lawrence, axente da brigada encargada de combater o narcotráfico. Cun éxito crecente, este señor foi capaz … Seguir leyendo

Unha mañá perdida

Alá polos anos da miña adolescencia coñecín un cura de escasas luces, pero de gran corazón, un pouquiño golfo de mais, pero boa persoa, que tiña a fascinación da oratoria. Gustáballe predicar culto e solemne, aínda que carecía de dotes. O pobre arranxábase como podía. Por exemplo, cando falaba do mar de Tiberíades sempre lle engadía unha frase que lle debía parecer fabulosa: dicía que estaba sulcado por barquiñas multicolores. Se trataba de Herodes, cualficábao como infanticida inmisericorde.

Un día escoiteille dicir nun sermón que se Deus tivese que descansar despois de crear o mundo, non fora como consecuencia da fatiga, pois estaba substraído a estas miserias, senón polo inmenso traballo realizado, da mesma maneira que despois de cavar unha leira de patacas, todo o mundo sente ganas de sentarse.

Parece unha observación correcta, sen pretensións, pero clara. Que Deus non se poida cansar porque resulta incompatible coa súa esencia … Seguir leyendo

Cousa de hábitos

Nunha mañá abafante do pasado mes de agosto, seis policías franceses esperaban camuflados nunha rúa de Aix-en-Provence a chegada dunha muller perigosa á cal pretendían deter. Levaban máis de vinte e oito horas sen durmir, agardando o momento apropiado, previamente establecido polos xefes. Case todos sentían sede, pero ningún se atrevía a separarse do grupo e entrar nun dos cafés veciños a tomar unha cervexa, pois eran conscientes de que a moza sinalada como obxectivo non podía atrasarse moito máis.

A noite anterior seguírana desde Aix-en-Provence ata Cannes e desde aquí novamente ata o lugar inicial. A rapaza, alta e fermosa, andara percorrendo co seu mozo os restaurantes e as discotecas da zona, disposta a aproveitar toda a graza e o encanto daquela agradable noite de verán. Iso durou ata as catro da mañá.

Por iso, á unha do mediodía, a parella aínda seguía durmindo. Canso de esperar e amolado … Seguir leyendo

Elegante

Hai uns anos fixen cun grupo de amigos o Camiño de Santiago. Levabamos un automóvil todoterreo para as maletas, tamén para recoller os afectados por binchocas nos pés ou para os que sufrían tiróns nos músculos adutores, pero sobre todo como vehículo de transporte para un compañeiro gordo, que pesaba moito máis de cen quilos. Este home esperaba por nós nas metas previamente establecidas, onde o atopabamos sempre felizmente instalado diante dun bo prato de callos, un bocadillo de xamón ou un chourizo con pan. Era o aperitivo. Logo ceabamos todos xuntos, con el presidindo, marcando con apetito e solemnidade o momento máis grato do día.

No verán contei aquí que este amigo gordo, cando se viu disparado cara aos douscentos, decidiu cambiar de vida. De golpe, para sorpresa e alegría de todos cantos o queremos, quitou setenta quilos de peso. Logo, pouco a pouco, seguiu baixando lentamente, pero sen … Seguir leyendo

Xente da Idade Media

O outro día, cando estaba en Frankfurt, mentres ía pola rúa escoitei unhas voces raras, como dun tolo berrando, que me chamaron a atención. Achegueime ao lugar de onde procedían e atopeime cun pequeno grupo de actores que representaban sobre un escenario ao aire libre unha peza teatral. Eran rapaces novos, todos vestidos con roupa da Idade Media, que actuaban para o público no marco dun festival que pretendía revivir o tempo dos traxes que levaban. De xeito que o teatro non era máis que unha parte do espectáculo.

Nun tramo da rúa había algo que se podería chamar a reprodución detallada dunha aldea medieval. En primeiro lugar, case ao lado dos títeres, onde naquel momento actuaba o Demo, un zapateiro preparaba uns zocos baixo a mirada curiosa de ducias de nenos e numerosos pais. Levaba perruca para parecer vello.

Logo vin tamén un carpinteiro e outras xentes enredando aquí … Seguir leyendo