La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Conversa no café

O venres pola noite, despois de cear, achegueime ata Panxón para tomar un café. A pesar de que o día non fora demasiado bo, con nubes abundantes, algo de vento e algunas pingas de chuvia, non se estaba mal a aquelas horas. A proba é que as terrazas se atopaban cheas de xente. Busquei un sitio entre os poucos que quedaban libres e senteime diante do mar, coa vista regalándose na alegría tranquila dos barquiños fondeados no porto e coa alma disposta para cometer un pecado  inocente: fumar un puro.

Arredor, a xente falaba en voz alta, como sempre. Esa foi a razón de que, sen querer, fose sabendo bastantes cousas, aínda que ningunha importante nin secreta. Unha señora, por exemplo, dicía que ten un gato ruín na casa, un tipo incivil que fai as necesidades onde lle cadra, só para protestar cando lle cambian o penso.

Noutra mesa falaban … Seguir leyendo

A economía

Estiven nunha reunión de amigos onde só se falou de economía, especialmente do que sucede no Xapón. Naturalmente, permanecín calado porque é un asunto do que non sei nada: sigo contando por pesetas, cando os expertos contan por dólares ou por billóns, e a miña ignorancia é de tal magnitude que non entendo por que a xente non pode dispoñer do diñeiro que necesite nin por que os gobernos, que fabrican os billetes, teñen que ter tanto coidado á hora de imprimilos, para non xerar inflación. Escuso engadir que tampouco me cabe na cabeza que haxa pobres ou que algúns ricos americanos teñan tanto diñeiro coma un país enteiro.

Na citada conversa falouse tamén das repercusións que poden ter para a economía mundial os asuntos de Monica Lewinsky. Que unha golfería privada do presidente dos Estados Unidos cunha rapaza de vinte e cinco anos me acabe afectando a min en … Seguir leyendo

Un acto de amor

Hoxe vou contar a historia dunha señora croata que lin nun periódico sueco. Trátase dunha muller que reside en Suecia desde hai trinta anos, cando chegou para traballar na industria do automóbil. Como para tantos compatriotas seus, perfectamente integrados na tranquilidade mol que se vive na terra de acollida, a paz de que gozamos agrandoulle aínda áis a traxedia que estaban pasando os seus na antiga Iugoslavia. Especialmente pensou na difícil situación en que debía estar un irmán seu e alá se foi.

Marchou no seu auto particular e atravesou Europa cunha soa idea na cabeza: buscalo e arrincalo do inferno como fose. Despois de non poucas peripecias, chegou á casa familiar, deixou na rúa o auto acendido coas portas abertas, andou correndo entre tiros e bombas e descubriu un par de ollos aterrorizados no fondo dun soto. Agarrouno por unha man, meteuno no coche e volveu con el ata … Seguir leyendo

Matar bichos, matar xente

En Vilagarcía vin o domingo, mentres paseaba só polas rúas da vila, moi cediño pola mañá, unha pintada que dicía: “Mata nazis”. Estaba escrita con letras inmensas, de feitura coidada, sobre o muro dunha casa, e non levaba a firma de ninguna organización. Supuxen que sería o resultado dunhaacción individual, quizais un desafogo, non a proclama política dun partido. En todo caso, escritos como este producen desacougo.

Que haxa xente que quera matar a outra, aínda que sexan nazis, non deixa de ser triste. Por min que non maten nin o lobo. Ánxel Fole contoume unha vez a historia dun deles, natural das terras do Incio, que era vellote e tranquilo e xa non tiña nin forzas para comer unha ovella. Chamábase o lobo Toribio. Co tempo, cada vez se parecía máis a un can que a unha fera do monte e os cazadores respectáronlle a vida.

En Berlín … Seguir leyendo

Lentes

Estiven lendo unha reportaxe moi interesante sobre a infidelidade no reino animal. Chamoume a atención a diversidade de comportamentos que se dan entre as distintas especies. Así, os papagaios, por exemplo, traizoan a súa parella, pero só cando esta non os ve. Polo visto, a ocultación ten relación cun feito que explica aquela dun xeito razoable: se a papagaia o sabe, empréndea a picotazos co infiel. O contrario do que ocorre entre os chimpacés, onde son elas as que se ocultan para pecar con outro. Neste caso, o motivo non ten que ver con mordiscos nin censuras. Simplemente, que se o macho chega a averigualo, mata as crías que non son del.

Un caso especial dáse entre os ferreiros azuis, que son monógamos, pero cunha excepción magoante: se a femia atopa un macho superior ao seu, perde a cabeza por el, comportamento que parece máis propio de humanos que de … Seguir leyendo