La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Paciencia

Onte falei aquí da afección de Nikita Kruschev polas palabras gordas, un costume que non ocultaba nin sequera en público, polo menos en reunións restrinxidas, aínda que estas fosen con diplomáticos doutros países. Esa maneira de falar, entre a mala educación e a espontaneidade, non é rara nos políticos, por mais que en xeral a reserven para a intimidade. O meu amigo Paco Uriz, que era intérprete de Olof Palme para asuntos hispanos, fíxome algunha confidencia sobre o político sueco asasinado. Non falaba mal, pois en Suecia ninguén emprega ese ipo de palabras, pero fumaba sen parar, cousa que nunca facía en público por razóns de imaxe.

Hoxe sabemos, por cintas e outros documentos, que Nixon dicía unhas burradas tremendas dos seus adversarios. Unha das súas expresións favoritas era “bastardo”, que en inglés soa peor que en español, e “fillo de tal”, que nunha ocasión utilizou para referirse ao mesmo … Seguir leyendo

Praceres de verán

Sentado nunha terraza á beira do mar, mentres practico en solitario o incomparable pracer de non facer nada, escoito deliberadamente unha conversa que dúas mulleres manteñen uns pasos máis alá, na mesa veciña. Falan do verán e do inverno. As dúas prefiren o primeiro, aínda que me dá a impresión de que se aburren tanto nun como noutro. Unha delas di que a praia lle acaba parecendo pesada e a outra está convencida de que a calor lle produce molestias na circulación das pernas. Non están contentas.

O verán, non obstante, é o tempo dos pequenos praceres intrascendentes, como este que practico eu desde a miña mesa. En ningunha outra época do ano se poden experimentar tantos nin tan gratos. Pensemos, por exemplo, no deleite de chupar con calma un xeado, sorber con fruición un refresco nunha terraza marítima pola noite, tomar o sol estomballándose na praia ou mergullarse de … Seguir leyendo

Unha santa que non foi

A poucos santos lle recei eu máis na miña vida que a santa Mariña de Augas Santas. En primeiro lugar porque é a patroa da miña vila; en segundo, porque na biografía dela que nos lían na escola había unha frase qu e me parecía impoñente: “Pensaba el impío pretor romano que podía burlar la voluntad de Dios”. Por último, porque eu mesmo vin, na aldea que leva o seu nome, o buraquiño minúsculo por onde saíu do forno onde a meteron para queimala e a orella que deixou impresa nunha pedra para refrescarse.

Revolvendo entre os libros antigos da feira que se está celebrando estes días en Vigo, descubrín un tomiño titulado Santos que no fueron, no que se asegura, paréceme ademais que con argumentos ben fundados historicamente, que a santa da miña parrroquia, á cal tantas avemarías lle mandei, non figura no santoral.

Non me preocupa que … Seguir leyendo

Empeños

Eu non sabía que aínda existe iso que se chama o Monte de Piedade, onde a xente empeña cousas a cambio de diñeiro. Penseique ese tipo de institucións xa desapareceran, pero o outro día dixéronmeque non, aínda que, polo visto, están algo modificadas. Na miña época, algúns estudantes empeñaban libros, reloxos de certo valor e outros bens semellantes, pero quen en realidade recorría con frecuencia a ese mecanismo de préstamo para pobres era a xente sen posibles. Deixaban alí roupa, incluso as sabas e os cobertores.

Podíase facer un libro espléndido sobre os empeños e quizais aínda se está a tempo, pero pronto será difícil. Cando me falaron do asunto, sorprendeume coñecer os obxectos raros que se levaban ó Monte de Piedade, pero ningún tan estrafalario como o dun estudante, compañeiro do doutor Corredoira, da Coruña, que usaba un paladar (mellor dito, un padal) dun metal valioso, por ter o … Seguir leyendo

Unha cuestión de dignidade

Nas oficinas duns grandes almacéns coincido cun matrimonio indignado. Ela, gorda e navallona, cun mal xenio que se pesa por arrobas; el, algo crecas e pixiñas, secundando con pequenos saltos e con xestos o zafarrancho que arma a súa dona. A indignación é cualificada por eles mesmos como profunda, aínda que a min non me parece máis que lixeira e nerviosa, puro ruído da gorxa, sen contido real. En realidade, aos cinco minutos de empezada a disputa, chego á conclusión de que se trata dunha bobada.

Sucedeu que un banco devolveu un recibo da parella, razón pola cal os chamaron dos grandes almacéns para comunicarlles a noticia e pedirlles que pasasen polas oficinas a fin de resolver o problema. Levaban os cartos preparados, envoltos nun periódico e atados, pero antes de proceder ao pago esixían que o empregado que os atendía comprobase na libreta de aforros que había fondos. O … Seguir leyendo