La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Onte chegamos a Kaliningrado a iso das doce e media da mañá. Como se sabe, esta antiga cidade da Prusia Oriental chamábase antes Koenigsberg, pero cando lle foi asignada aos soviéticos na conferencia de Potsdam, despois da Segunda Guerra Mundial, estes cambiáronlle o nome, que aínda conserva na actualidade. Kaliningrado forma parte de Rusia, pero está separada dela, empotrada entre Polonia, o mar Báltico, Lituania e Bielorrusia. O vello nome vai unido sempre ao do filósofo Kant, que nunca se moveu de aquí.

O recibimento que nos fixeron foi moi animado: banda de música na estación, rapazas vestidas co traxe rexional que nos entregaron un ramo de flores a cada un, foguetes, tracas, globos e moitísima xente aplaudindo e pedindo autógrafos a todo o mundo nos andéns. Logo, un pan grande, do que tiñamos que coller un anaco, metelo en sal e comelo: unha maneira de amosar a hospitalidade nestas terras. Despois, aos hoteis, sen ascensor, pero cun corpo de voluntarios para subir as maletas aos cuartos.

Esta columna publicouse orixinalmente o 25 de xuño de 19.