La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Guerra

O outro día estiven escoitando unha conferencia de Antonio Pérez Prado, que é un médico arxentino, fillo de pais galegos nacidos en terras luguesas de Parga e Baamonde. Xa o tiña oído  outras veces e sabía do seu sentido do humor, das imitacións portentosas que fai de Borges, por exemplo, pero non lle coñecía a versión que deu da Guerra Civil española, na súa versión arxentina, é dicir, tal como a viviron os emigrados naquel país, divididos tamén en dous bandos. Para acentuar ademais o carácter fratricida da contenda, aqueles bandos tomaban café en dous locais próximos, fronte por fronte, separados por unha rúa.

Non será difícil de imaxinar aquela situación, que nalgúns casos tivo que ser esperpéntica, incluso nos seus momentos máis heroicos e dramáticos, algo parecido á guerra de Gila ou a aquela película de Luis García Berlanga na que os leais e os rebeldes loitan desesperadamente entre … Seguir leyendo

Unha manifestación

O día vinte e tres de abril do ano 1976, a iso das doce da mañá, baixabamos Celso Emilio Ferreiro e mais eu paseando polas Ramblas, en Barcelona. Era unha mañá limpa e soleada, invadida xa pola alegría azul da primavera. Por todo o paseo adiante, arredor dos postos que os libreiros sacaran á rúa para celebrar a festa de San Jordi, xuntábanse unha multitude informal de xente, especialmente rapaces e rapazas novos, que revolvían con gula entre os libros expostos sobre a mesa. Moitos levaban flores na man.

Nun momento empezouse a escoitar unha especie de ladaíña recitada a coro que chegaba da Praza de Cataluña. Era unha época de manifestacións e protestas frecuentes. Pouco a pouco o rumor íase achegando e conforme se acercaba, cada vez resultaba máis perceptible, polo menos de forma parcial, o sentido da salmodia.

Eran un cento de mozos e mozas que baixaban berrando: … Seguir leyendo

Un bo negocio

Xa teño falado aquí nalgunha outra ocasión do tráfico de reliquias que existe nos Estados Unidos, un país que garda nas casas de moitos particulares as mentiras máis fermosas do século XX: ósos de santos, dentes dos profetas, navallas de Satanás, plumas de anxos… Hai tamén un médico que ten na súa biblioteca, metido nun frasco con formol, o cerebro de Einstein. Ofrécenlle millóns por el. Recentemente, uns estudantes pretenderon gañar diñeiro cunha orella do escritor William Saroyan. Resultou ser falsa.

Alá polos anos setenta, o Goberno sueco tivo que pagar bastante diñeiro pola cabeza de Swedenborg, que apareceu en mans dun particular. Para que este señor non a sacase a poxa, houbo que mercarlla. En París descubriuse despois da guerra un negocio de ósos de xente famosa roubados nos cimiterios da cidade.

Onte aínda, as televisións de todo o mundo difundiron as imaxes da dispersión das cinsas de Gandhi … Seguir leyendo