La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Unha tarde agradable

Onte pola tarde estiven en Reboreda para participar nunha sinxela homenaxe a don Xoán Manuel Pereira, o fidalgo daquela parroquia que lle inspirou a Otero Pedrayo a figura do protagonista da novela O señorito da Reboraina. O pazo do vello romántico e aventureiro, que tiraba onzas de ouro á rapañota desde o coche de cabalos cando subía desde a estación ata a aldea, pertence agora a uns bos amigos meus, que mo ensinaron por dentro. Aínda hoxe, asisten á misa desde a casa, que ten unha ventá que dá á igrexa.

A primeira noticia que eu tiven de don Xoán Manuel foi hai moitos anos, un día que a miña nai e o meu tío José me levaron a merendar ao pazo dos Rivas, en Bóveda, que tamén son parentes do señorito. Alí vin unha babucha xaponesa ou chinesa nunha vitrina, da época en que o personaxe estivo de … Seguir leyendo

Un bo día

Onte espertáronme ás sete da mañá desde Tenerife. Dúas persoas que unha hora máis tarde tiñan que tomar un avión atopáronse coa sorpresa de que os billetes que eu lles dixera que podían recoller no aeroporto non aparecían no ordenador. Foi o primeiro susto do día. O segundo xurdiu na estrada, cando me dirixía a Vigo. O coche, acabado de saír dunha revisión, deu unha alarma desas que os manuais aconsellan tomar en serio, de maneira que entrei no primeiro taller que atopei, botáronlle auga e cobráronme tres mil pesetas.

Unha hora despois, o meu ordenador quedou bloqueado e deixoume cun traballo urxente a medio facer. Collín o coche e alá fun dando tombos por entre as obras que teñen a cidade medio paralizada, ata o lugar onde arranxan este tipo de aparatos. Dixéronme que a avaría non era pequena e que tardarían varios días en amañala.

No aparcadoiro subterráneo, … Seguir leyendo

Sobre un loro

A primeira vez que oín falar do loro Ravachol foi nunha tarde de tertulia con Gonzalo Torrente Ballester, non recordo se en Baiona ou na Ramallosa. Como el vivira varios anos en Pontevedra, coñecía moi ben as historias da cidade, que lle gustaban polo que tiñan de pintoresco e que utilizou amplamente na novela La saga/fuga de J. B. Posteriormente, tamén lle escoitei noticias do famoso loro a Víctor F. Freixanes. E hai aínda un par de días, botándolle unha ollada ao libro de Prudencio Landín que citei aquí onte, volvín bater co mencionado becho, que tantos anos despois da súa morte segue presente na vida dos pontevedreses na homenaxe que lle dedican todos os anos nas festas do Entroido.

Para os que non oísen nunca falar de Ravachol, direilles que foi un loro propiedade de don Perfecto Feijóo, boticario da máis famosa botica de Pontevedra, situada nas inmediacións … Seguir leyendo

Cortar cachos

En Irán acábanlle de cortar todos os dedos da man dereita a cinco ladróns convictos e confesos. A nota de prensa aclara que esa é a pena que lles corresponde aos que rouban por primeira vez, porque aos reincidentes córtanlles a man enteira e aos que rouban por terceira vez déixanos sen o brazo. O que non sabemos é o que sucede de aí para adiante. Se a sanción mantén ese mesmo carácter progresivo, o lóxico sería que logo se pasase á man esquerda, a única coa que o delincuente mutilado podería delinquir. ¿E despois?

Despois xa carece de sentido, pois resulta moi difícil que un home sen mans poida roubar. A condena, polo tanto, medida polo grao da súa eficacia, cumpre coa función que probablemente lle asignou o lexislador, castigar ao delincuente e incitalo a non volver pecar. En Occidente, non obstante, este tipo de castigos aínda removen os … Seguir leyendo

Un profesional escrupuloso

Na noite do sábado para o domingo, xa de madrugada, fun escoitando no coche un deses programas de radio que un non sospeita sequera que existan, pero nos que participan moitos oíntes por teléfono, o cal non deixa de sorprender. Como dicía alguén cando lle presentaron a un filósofo, hai xente para todo. Nesta ocasión tratábase dun adiviño que atendía consultas, case todas motivadas polo amor, o diñeiro ou o traballo. Polo que manifestaban os propios interesados, daba a impresión de que estes quedaban moi satisfeitos.

A min parecíame que as respostas, con lixeiras variacións, eran todas iguais. En xeral, resultaban esperanzadoras: os problemas ían solucionarse moi pronto, quizais ao empezar o ano, e os máis difíciles de resolver, normalmente os relacionados co emprego, situábanse nun horizonte inconcreto que non excluía un golpe de fortuna.

Cheguei á conclusión de que o adiviño era un coñón, incluso unha boa persoa que … Seguir leyendo