La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Acaba de regresar da India e viña vestido coa roupa de alá, Antonio Carreño, catedrático de literatura española na Brown University, nos Estados Unidos, e algúns amigos máis. Na sobremesa, Antón púxose a falar das cousas que vira na viaxe, certamente estrañas para a nosa mentalidade. Nun momento, Carreño, que é da provincia de Ourense, díxolle: “Iso que contas recórdame a romaría do Santuario dos Milagres, preto de Maceda”. Antón, indignado, respondeulle: “¡Non me veñas con exotismos!”.

Acordeime desta historia onte, mentres lía as noticias sobre o accidente do submarino ruso, con tantas versións cómicas e cheas de mentiras que un xa non sabe que pensar sobre a saúde mental e moral dos dirixentes daquel país, que están facendo o ridículo só para evitar asumir as responsabilidades que lles corresponden. Menos mal que no medio de todo, alguén aporta algo de sensatez. Trátase dun periódico que agora recorda que o accidente xa fora previsto por unha vidente hai vinte anos.

Esta columna publicouse orixinalmente o 27 de agosto de 2000.