La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Coellos, raposos e cobras

Hoxe veume ver un veciño que anda metido entre papeis e burocracias, un enigma que sobrepasa a súa escasa formación escolar e que o obriga a pedir unha axuda que un, máis ben ignorante nestas cuestións que veñen explicadas en prosa de albarda, tampouco está en condicións de dar. Ao final, ambos chegamos á conclusión de que o asunto é tan complicado que parece máis prudente acudir a un experto. Despois, aproveitando a calor, tomamos unhas cervexas e puxémonos a falar.

Este home tense a si mesmo por ignorante e así o declara. A morte do seu pai, cando el era aínda un rapaciño de poucos anos, impediulle seguir na escola, pois había que botar una man. Andou embarcado, traballou nunha fábrica, pero o que lle gusta é o campo.

No tempo que estivemos de conversa faloume de cómo entoca o coello e dos costumes do raposo, pero tamén decomo … Seguir leyendo

Música

En San Petersburgo hai que pagar por todo. Por exemplo, se un pide un café e quere leite, este último vai nunha factura aparte, o mesmo que o azucre. Tamén se un necesita un taxi, antes de subir debe negociar o prezo, pois o que marca o taxímetro non serve para nada. Por suposto, convén discutir, pois pódese conseguir unha rebaixa de máis da metade. En todo caso, sempre queda o recursode parar calquera coche particular e contratalo como taxi. Case todos aceptan e cobran moitísimo menos.

Para entrar no museo de L’Ermitage, o mellor, en vez de pasar pola taquilla, onde se paga o equivalente a 1.800 pesetas, é atender as suxerencias dos policías que están na porta, metralleta en man; eles mesmos ofrecen entradas por unha cuarta parte. De todos os xeitos, o máis curioso foi o que nos pasou onte nun restaurante. Na factura puxeron un concepto … Seguir leyendo

Martha

Hai catro meses ou algo así, nunha fermosa casa de campo, en Inglaterra, unha das persoas que vivía na planta baixa espertou sobresaltada pola noite, xa cando empezaba a clarexar o día, ao escoitar algo parecido ao berro dun paxaro descoñecido. Nese momento, na parte de arriba da mansión entregaba a alma unha muller xa velliña, case cega, periodista excelente e persoa complicada: Martha Gellhorn.

Dela escribiu Ernest Hemingway, que foi o seu home durante algúns anos, que tiña o pelo loiro como un trigal, aínda que tamén lle dixo nunha ocasión: “A ti gústache a Humanidade, Martha, pero a túa desgraza é que non soportas a xente”. Era certo. Martha Gellhorn pasou a vida pelexando con todo o mundo: cos amigos, cos editores, cos políticos, coas mulleres… Tiña un carácter endiañado, que ás veces a levaba a montar escándalos enormes por cousas aparentemente insignificantes ou que a conducían ao … Seguir leyendo

O verán

Da mesma maneira que o cuco anuncia a primavera e que a caída da folla nos sitúa diante da realidade do outono, para min o verán coincide coa chegada de Gonzalo Torrente Ballester e a súa familia á casa da Romana, a uns centos de metros en liña recta do lugar onde vivimos nós. Onte pola tarde, unha chamada telefónica de Fernanda deunos a boa noticia. Así que, despois de acabar algúns traballos, alá fomos de visita, a pasar a tarde con eles. Este rito repítese ano tras ano, desde hai moitos, e non obstante nunca se acartoa, aínda sabendo que acabaremos falando de cousas das que temos falado centos de veces.

Sempre hai algo diferente. Nesta ocasión, ademais dese poema que Gonzalo ten continuamente disposto na memoria para cada vocábulo que se diga, como ocorreu onte coa palabra “impertinentes”, que lle recordou unha vella canción, música incluída, o escritor … Seguir leyendo

Un accidente de moto

Leo nos periódicos que o conselleiro Cuíña Crespo acaba de ter un accidente nada menos que nunha Harley-Davidson, a mítica moto que se fabrica en Milwaukee, nos Estados Unidos, e que ten dado orixe a tantas lendas entre os afeccionados de todo o mundo. Os harlistas adoitan dicir que a Harley é unha moto e o resto son cousas que corren. Tamén aseguran, para responder á acusación de que as Harley de antes perdían moito aceite, que simplemente marcaban territorio. Poderíase escribir un longo ensaio sobre a mitoloxía destas máquinas fermosas e elegantes, tan fermosas e ben deseñadas que un dos seus exemplares xa figura en varios museos de arte moderna.

A min preocúpame o que lle acaba de suceder ao señor conselleiro de Obras Públicas.  Preocúpame, en primeiro lugar, polo percance e as súas consecuencias, aínda que todo parece indicar que non van ser importantes. Pero tamén me preocupa … Seguir leyendo