La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

O noso metro

Onte pola tarde viñeron dous amigos a tratar uns asuntos e, despois de ocuparnos deles, aproveitamos para falar durante un par de horas do que ía saíndo na conversa. Entre outras cousas, das ánimas do purgatorio. Antes era unha crenza xeneralizada; agora supoño que menos. A miña tía Pura, por exemplo, viu tres, todas de xente coñecida. Unha era unha señora do Mosteiro, que lle saíu unha noite á porta da casa e lle pediu que lle encargara nove misas pola alma, pois andaba en pena polo pecado dunha herdanza.  Parece que enganara a unha sobriña cun testamento e, aínda que o confesara, tiña que purgar no lume durante algún tempo.

Un dos amigos que viñeron onte á casa, que é cura, dixo que a experiencia del é que en Galicia, en cambio, a xente non cre no inferno. Penso que ten razón. Non resulta fácil crer que haxa un … Seguir leyendo

Amores e comprensión

Amores tráxicos, como aqueles dos que falei aquí onte, recordó algúns máis. Un amigo, poeta romántico a quen lle dediquei o meu primeiro libro de contos, un día anuncioume a súa terrible alternativa: ou raptar a rapaza da que estaba namorado ou pegarse un tiro. Eu díxenlle que talvez se podía atopar unha terceira saída: falar coa nai e pedir a nena en matrimonio. Fíxome caso, entrevistouse coa señora no portal da casa e quedaron moi amigos, pero sen resultados. Finalmente casaron de maneira clandestina.

Había na miña terra un cura, célebre na comarca, que resolvía con comprensión estes problemas de frenetismo amoroso. Como consecuencia da súa liberalidade, algunha vez tivo que enfrontarse con pais indignados. Foi o que sucedeu cun señor que un día soubo de repente que a súa filla, un auténtico querubín, tiña marido.

Colleu a escopeta e alá se foi, a pedir contas. Se non fose … Seguir leyendo

Como vai o mundo

Nunha das últimas comparecencias públicas de Álvaro Cunqueiro, cando lle entregaron o Pedrón de Ouro na casa de Rosalía de Castro, en Padrón, foi tamén a última vez que vin a Ánxel Fole. Como sempre, o escritor lugués ía a medio afeitar, alternando na cara zonas perfectamente rasuradas con outras cubertas de escandalosos pelos brancos, vestía un pesado abrigo de inverno a pesar da calor e estaba preocupado por dúas cousas. A primeira porque Isaac Díaz Pardo levaba un paraugas, a segunda porque lle parecía que o mundo andaba moi mal. Isto último díxome que xa o estivera comentando con Paco del Riego durante a misa.

Ignoro cal era a preocupación que levaba a Ánxel Fole a facer aquel comentario hai xa máis de dez anos. Se un repasa na memoria, ten a impresión de que a pesar da guerra fría, máis alá da ameaza nuclear e por riba da … Seguir leyendo

Un paseo en coche

O sábado pola mañá collín o coche e achegueime ata a comarca de Bergantiños, que había moito tempo que non visitaba. Non se trataba doutra cousa que viaxar e ver. Fixen a primeira parada en Malpica para tomar unha cervexa fronte do mar, coa vista perdida nas Sisargas. Pasei un par de horas felices, pensando que a felicidade só existe por momentos, pero sen darle moitas voltas na cabeza, pois entón xa empeza un a cismar en que aquilo ten os minutos contados. Así que me dediquei a non pensar.

Despois de comer, seguín ruta adiante e entrei na praia de Beo, estreita e fonda. Pensei que estaba só, pero pronto descubrín unha parella sentada na herba. Ela, unha rapaza preciosa, alta e delgada, de pelo negro e brillante. Non lle puiden ver os ollos, pero seguro que eran moi bonitos. El, un tipo delgado, algo birria.

Era unha escena … Seguir leyendo

Unha cea

Onte fomos a Uppsala, unha cidade sueca coñecida en todo o mundo pola súa famosa universidade. Chegamos á catedral coa intención de visitar a tumba do rei Gustav Vasa, pero estaba pechada porque había un concerto. De maneira que aproveitamos para escoitar un coro inglés, con voces excelentes, e algo de música de órgano. Por certo que eu tiña á miña dereita o sarcófago de Swedenborg e non puiden evitar rir un pouco para dentro, como me sucede sempre que veño a este templo, ao recordar a historia algo macabra da cabeza daquel tolo, que se poxou hai poucos anos en Londres e mercada polo goberno sueco para xuntala co resto do corpo.

De Uppsala marchamos a Sigtuna, que pasa por ser a cidade máis antiga de Suecia. En realidade é unha pequena vila de sete mil habitantes, situada á beira do lago Mëlaren, que conserva varias casas de madeira … Seguir leyendo