La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Unha reivindicación innecesaria

A primeira vez que escoitei a palabra coño nun acto público foi nunha conferencia de don Vicente Risco sobre a arte románica, pronunciada en Ourense hai máis de trinta anos. O público riu en voz baixa, creo que satisfeito. Unha palabra algo máis grosa, de carácter excremental, oínlla dicir a Marisa de Leza nun teatro de Madrid, alá polo comezo dos anos sesenta, representando o papel da protagonista feminina dunha obra de Arthur Miller. Un murmullo de emoción moderna percorreu a sala polo atrevemento.

Destes primeiros vocábulos prohibidos, pasouse a outros abertamente licenciosos. Mentres as mulleres, incorporadas con entusiasmo ao negocio masculino de falar mal, empezaron a dicir disparates, algúns con tanto desatino que as levaban a facer alarde de cousas que non tiñan, como recordaba unha vez don Manuel Rabanal.

Agora, saturado o gusto pola utilización inclemente desta linguaxe arrastrada, volve a moda de falar ben. Por iso me … Seguir leyendo

Unha nena e unha rolla

Moita pena me deu a noticia da morte da filla do novelista Jack Kerouac, que lin onte nos periódicos. Creo que xa contei aquí noutra ocasión que teño un amigo nos Estados Unidos que coñeceu moito ao famoso escritor, un personaxe absolutamente desmesurado que ás veces parecía un anxo e que outras veces se comportaba cunha vileza difícil de igualar. O mesmo se paraba na rúa a facer o pino para arrincarlle un sorriso á súa muller que lle aconsellaba a esta que fose con outros homes mellores amantes ca el.

Non obstante, un día que a sorprendeu na intimidade cun compañeiro, abandonouna, a pesar de que el era habitualmente infiel, ademais con amantes de ambos sexos, e valeuse desa escusa para negar que a nena que naceu despois fose filla súa. En realidade, non quería recoñecer a pequena para non ter que pagar.

Non hai dúbida de que Kerouac … Seguir leyendo

Unha campaña tétrica

Eran uns carteis rectangulares e aterradores, que se erguían como un anuncio á beira das estradas, especialmente en curvas de visibilidade reducida, para advertir das desgrazas causadas polo tráfico naquel lugar. A lenda consistía en recordar o número de mortos producidos, cun texto que dicía máis ou menos o seguinte: Aquí cinco mortos no ano 1964. Ao principio, os condutores reducían a marcha durante uns minutos, meditaban probablemente sobre o absurdo da existencia e a morte, pero deseguida recuperaban a marcha que traían. As bromas sobre baches e peraltes non tardaron en aparecer en periódicos e revistas.

Os responsables do tráfico están preparando de novo unha campaña tétrica na televisión, desta vez baseada na capacidade suxestiva que teñen as imaxes emitidas a través da pantalla. Hai un par de días apareceron xa as primeiras, un auténtico puñazo dirixido ao medio do corazón: un neno que perde os seus pais nun … Seguir leyendo

Moi mal

Hai uns días referinme aquí á historia aquela de don José Ortega y Gasset que lle oín contar varias veces ao profesor José Luis Aranguren, sobre un escritor tan inocentemente admirador de todo canto fose americano, que o filósofo o recibiu un día, despois dunha viaxe daquel polos Estados Unidos, cunha frase feliz pero malvada: “¿Qué tal por América además de muy bien?” Non deixa de ser raro que fose precisamente un español o protagonista dunha devoción semellante, pois é ben sabido que España é o país máis rabiosamente antiamericano de toda Europa, un feito curioso ao que non resulta fácil atoparlle unha explicación racional.

Tense dito que os españois non esqueceron a humillación de 1898, cando a armada foi botada a pique en Santiago de Cuba. A mesma humillación que sentiu o neno Castelao, daquela residente na Arxentina e que seguía a guerra día a día, pintando os barcos … Seguir leyendo

Albóndegas e croquetas

En Madrid, a unha señora que exerce un cargo importante na televisión pública, chámanlle croqueta, ou albóndega, quenon estou moi seguro. Quen llo chama de xeito sistemático é un famoso periodista que firma columna nun periódico da capital. Como non coñezo á citada señora, ignoro se ten algunhasemellanza física co produto elixido para insultala, é dicir, se é pequena e redonda, ou se a cousa lle vén porque é fea de cara e de corpo e o insultador quere dar a entender desa maneira que está feita de desperdicios.

Chamarlle albóndega ou croqueta a unha muller non parece un trazo demasiado alto de enxeño. Tampouco parece unha proba de humor ou de graza. Ten todo o aspecto, máis ben, de ser un atentado contra a dignidade dunha persoa, iso si, amparado por unha impunidade que algúns se empeñan en revestir coa roupa nobre do exercicio da liberdade de expresión. O … Seguir leyendo