La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Home e muller

No mes de setembro pasado, cando estaba na universidade de Nova York, un día fun pasar a fin de semana cuns amigos fóra da cidade, nunha casa de campo, no bosque. Na metade do camiño, un accidente que había na autoestrada obrigounos a circular en caravana durante varios quilómetros, o cal aproveitamos para falar, sobre todo da xente que viamos arredor. Digo isto non porque nos dedicásemos a murmurar, como se dicía antes que facían as comadres, senón porque alguén nos pediu que prestásemos atención a unha parella que camiñaba á nosa altura, nun fermoso deportivo descapotable, e iso deunos conversa para algún tempo.

A parella estaba formada por unha rapaza nova, de menos de trinta anos, moi bonita, vestida con gusto, e un señor gordo, colorado como unha cigala, con roupa non moi apropiada para a súa idade. Non cumpría ser demasiado perspicaz para adiviñar que de todas as … Seguir leyendo

Unha proposta orixinal

A historia de bailarinas que contei onte aquí tróuxome ata a memoria un suceso ocorrido no ano 1968, cando un novelista francés nos meteu a varios amigos, Camilo Nogueira entre eles, nun lío destinado a sacar do cárcere a un político angolano preso en Porto. Nas semanas que durou aquela aventura fun coñecendo xente moi diversa, desde golfos que o único que querían era gañar cartos a conta do esforzo e o risco dos demais, ata xente aloucada, disposta a queimar o mundo para que todo saíse ben.

Unha das persoas que andou polo medio naquel plan foi un parente meu, idealista e simpático, audaz e imaxinativo, que facía sempre as propostas máis orixinais, rechazadas sempre polo francés, que era un home duro, curtido en Cuba e en Arxelia, de volta de todas as poesías revolucionarias e cos pés postos no chan.

Unha das suxestións propuña vestir o angolano, que … Seguir leyendo

O cardeal

Hai uns días, ao falar aquí dun tío meu, recordei de pasada o cardeal Quiroga Palacios. Cumpriría agora cen anos se vivise. Non sei se contei algunha vez que, cando eu era neno, o confundín con Franco. A confusión tiña certa lóxica. Dixéronme que ía ver o Xefe do Estado e no momento en que apareceu a comitiva, como don Fernando era altísimo e ía vestido de cor púrpura, pensei que el tiña que ser aquel. Escuso dicir que cando me sacaron do erro e descubrín o orixinal, quedei decepcionado.

Non se parecía ao Cid, que era un dos modelos de heroísmo que eu tiña na cabeza, supoño que polo debuxo que viña nunha lección de Historia. A don Fernando vino algunhas veces máis, nunha ocasión coa miña nai. Aquel día souben que cando eu era pequeno e os autobuses paraban nas costas para que a xente baixase, el colleu … Seguir leyendo

O dente dun amigo

Teño un amigo que está moi preocupado por un dente. Díxomo o domingo pola noite, ceando con el na súa casa. Eu de dentes non sei nada, pero pareceume entender que lle puxeron un que xa estaba vello e que pertencera antes a outra persoa. Polo visto, non lle encaixa ben. O malo é que, segundo me contou, este tipo de pezas van agora engarzadas no óso, de maneira que non son fáciles de quitar. Esta que lle colocaron a el débelle quedar grande e seguramente lla van ter que cambiar ou rebaixar.

Este amigo meu é persoa moi preocupada polas cousas da saúde, tanto que falando de enfermidades, operacións ou diagnósticos, parece médico. Por el aprendín eu que existen o colon irritable, a próstata inflamada e os choques anafilácticos. Ás veces incluso lle teño feito consultas e debo dicir que case sempre me acertou.

Cando eu era rapaz, na … Seguir leyendo

Unha pelexa Real

Pasei a tarde morriñenta de onte lendo unha biografía da raíña Victoria de Inglaterra. Houbo un episodio que me chamou a atención, do que foi protagonista a parella real. Resulta que o príncipe Alberto, nos primeiros meses de matrimonio, levaba mal a circunstancia do papel secundario que lle correspondía como consorte, inevitablemente situado sempre debaixo da soberana. Por esa razón, ás veces non lle era fácil saber se estaba falando coa súa muller ou se, polo contrario, se atopaba en presenza da raíña de Inglaterra.

Nunha ocasión, despois dunha pelexa matrimonial, o príncipe. nun ataque de furia, foise pechar no seu cuarto e Victoria, non menos irritada, púxose a petar na porta. Ao escoitar os golpes, Alberto preguntou: “¿Quen é?” A resposta foi: “A raíña de Inglaterra”. El non fixo caso, pero cando ela volveu petar, repetiu a pregunta.

O xogo de teimosía durou bastante tempo, sempre coa mesma pregunta … Seguir leyendo