La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Comer un xeado

Hai uns anos, consultando uns periódicos antigos, de principios de século, atopeime coa queixa dun señor que estaba indignado porque nun café de Ourense actuaba unha señorita desvergonzada, con pouca roupa, que no transcurso do número que representaba, non tiña reparos en pasarlle a man pola cara aos espectadores ou abrazalos dunha maneira pouco adecuada. O home enfadado reclamaba a intervención rápida das autoridades, a fin de evitar, dicía el, “males irreparables para a moral da nosa cidade”.

Non lle deberon de facer moito caso porque o anuncio da actuación daquela señorita, que se chamaba La Pulguita, seguiu no periódico durante bastante tempo. Tampouco debeu de ter moita transcendencia para o futuro moral da cidade, pois en Ourense, que eu saiba, non se notan en absoluto os males causados por aquela muller.

En Italia, preto de Trieste, tamén se produciu un feito similar, pero con denuncia diante dos tribunais. A … Seguir leyendo

Anuncios en América

Onte pola tarde, a falta de mellor cousa que facer, tendo en conta o vento e a chuvia, que non invitaban a pasear, estiven mirando anuncios nunhas revistas americanas. Atopei de todo: patacas de claro sabor tradicional servidas mensualmente por correo; aparatos eléctricos para quitar toda clase de dores corporais; adhesivos en forma de ra para poñer o remite das cartas; xamón afumado, que mercado nunha determinada cantidade incluía de regalo un pouco de queixo especial e algúns gramos de panceta…

Nisto de comer, vin tamén que anunciaban bistés servidos a domicilio, coa garantía absoluta de que o cliente quedaría satisfeito, ademais de que lle entregan gratis un libro de cociña. Vin así mesmo un debuxo de Fidel Castro cun enorme habano na boca, ofrecendo unha aventura de sete días en Cuba para fumar puros.

O máis curioso de todos, non obstante, pareceume un aparato para espertar polas mañás pouco … Seguir leyendo

Para curar un mal

Cando eu era neno, pasaba longas tempadas nunha pequena aldea da Limia, no borde sur da Lagoa de Antela, onde un tío meu era médico rural, daqueles que andaban a cabalo. Algunhas das cousas que recordo con máis agrado daquelaépoca eran as letanías de agradecemento que ían soltando os enfermos polas escaleiras abaixo, cando saían da consulta, e as longas conversas que tiñan lugar polas noites arredor do lume, mentres as mulleres ían e viñan preparando a cea ou algún dos homes atendía con naturalidade, pero non sen un certo orgullo, o lombo que se asaba lentamente no espeto.

Pola casa ían uns tipos moi curiosos, como un que chamaban o Parolante e que contaba unha mentiras imponentes, pero divertidas e cheas de inocencia. Eu, que lles cría todas, tíñao por un individuo encantador, ao que lle sucedían sempre cousas marabillosas, como aquela historia dunha lebre que se riu del … Seguir leyendo

A tristeza dunha amiga

Unha amiga miña que hai anos foi revolucionaria por amor á humanidade e que agora é simplemente boa persoa coa xente que a rodea, acaba de trasladarse de casa e atópase con que os veciños do edificio onde reside teñen decretado que un dos inquilinos, home triste, calado e infeliz, é gafe. Aínda que a cousa de momento non pasa de ser unha broma, ao tal individuo considérano responsable de todas cantas desgrazas e desperfectos afectan á comunidade. O peor de todo é que hai xente que xa empeza a crer no maleficio do personaxe.

Seguro que os máis convencidos non han tardar en esquivar o desgraciado nos ascensores. E os máis entendidos acabarán por facerlle a figa cos dedos, iso si, coa man discretamente escondida no peto do pantalón ou da chaqueta, porque entre bromas e veras, por se acaso, ninguén se atreverá a desafiar os poderes do malvado.… Seguir leyendo

Maldade

Hoxe vou escribir unha maldade. Antes, non obstante, quero citar aquí a frase que lle escoitei dicir un día no Café Miño de Ourense ao meu amigo Luís Cabo, vello comunista de Monforte, tan boa persoa que cando veu xogar a Madrid a selección nacional de fútbol da Unión Soviética pasou todo o tempo que durou o partido mirando cuns prismáticos a bandeira visitante, chorando sen parar. Pois Luís Cabo dixo nunha ocasión que era perfectamente lexítimo ser un golfo, para aqueles que tivesen ese gusto, pero que debía estar prohibido ter cara de senvergonza.

Supoño que a frase se refería a alguén en concreto. Acordeime disto o outro día, mentres vía noticias na televisión. Falaban dos líos de Marbella e dos problemas que ten o seu alcalde. De pronto, cando as cámaras enfocaron a cabeceira dunha manifestación a favor da liberdade dese señor, vin en primeira fila a un … Seguir leyendo