La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Honorable pirata

O pirata Felipe Baredo, que operou no sur de Galicia hai máis de trescentos anos, tiña o costume perverso de cortarlle unha orella ás vítimas dos barcos que apresaba. Despois enfiaba o apéndice nunha corda e izaba o trofeo ata a altura do pau maior. Cando o colleron na proximidade das Cíes no ano 1697, no momento de prender o gandulo, aquel botín macabro estaba composto de sesenta e nove unidades, dúas delas de muller.  Condenado a morte e aforcado en Vilagarcía, moitos dos desorellados foron ver como o colgaban.

Nas Filipinas, hai un pirata que ten aterrorizados os mares desde hai anos, sen que valesen ata agora as diversas operacións que se emprenderon para collelo. En vez de orellas, este corta dedos. Unha das dificultades para capturalo consiste enque ninguén foi capaz aínda de describir o seu aspecto nin o do seu barco. Só hai coincidencia en que é … Seguir leyendo

O gran Dimaggio

Outro mito que cae. Agora tócalle o turno a Joe DiMaggio, unha das lendas do deporte americano, coñecido ademais por estar casado, durante nove meses, con Marilyn Monroe. Cando este mítico xogador de béisbol morreu, a prensa dos Estados Unidos, de maneira unánime, destacou as súas grandes virtudes, especialmente a súa nobreza. Eloxiado por Hemingway, que o cita en O vello e o mar, foron moitos os escritores que se ocuparon del e o puxeron como exemplo de home íntegro e como modelo digno de admiración.

Aínda non se sabía o que se acaba de revelar nunha biografía recentemente publicada. Como ocorre case sempre cos heroes, debaixo do mármore da estatua non había máis que un ser humano de carne, cheo de miserias.

Un dos capítulos menos exemplares da súa vida foi a relación que mantivo coas mulleres. De orixe siciliana, tiña a teoría de que estas estaban para … Seguir leyendo

Un Deus tranquilo

De pronto, non sei por que razón inconsciente, véxome a min mesmo sentado con outros rapaces da miña idade no duro banco dunha capela, hai moitos anos, escoitando con atención un cura vello que nos predica con fervor. Paréceme que aínda sinto o seu sermón. Palabra en ristre, co ardor dunha fe sen mácula, aquel home trata de conducirnos con agarimo cara ao mundo feliz da santidade. Está falando contra a tepedez, ese estado morno da alma, nin frío nin quente, que polo visto provoca o vómito de Deus.

Cando saio da capela, estou disposto a deixarme queimar no fogo do amor divino. De entrada, collo o balón de coiro que me acaba de regalar un tío meu e póñoo a disposición dos meus compañeiros. Para espantar a temida tepedez da miña alma, non só decido non xogar, senón  que fago de recollepelotas, ao servizo dos demais.

Unha estafa. Quen … Seguir leyendo

Un roubo

O outro día, mentres agardaba por unha amiga nun café, vin unha señora roubando. Non era unha señora con aspecto de necesitada, senón todo o contrario, ben vestida, cuberta de ouro, cos mobles todos instalados no seu sitio, desde as orellas ata os pulsos das mans, e con complementos dos bos, incluído bolso de marca e pano de seda dunha coñecida firma francesa. Estaba soa, fumando e mirando con certo nerviosismo para os lados. Digo certo porque tampouco daba a sensación de estar demasiado preocupada, pois aínda sen ser un experto en psicoloxía, eu xa tiña adiviñado a intención desde o mesmo instante en que reparei na súa presenza.

O obxecto da concuspiscencia da señora non era outra cousa que o cinseiro que estaba sobre a súa mesa. Non se trataba, non obstante, de nada do outro mundo, senón dun exemplar barato, coas letras dunha bebida, construído en aluminio e … Seguir leyendo

Oficio de pobre

Onte, cando ía comer, ao pasar pola rúa do Príncipe, en Vigo, vin un deses pobres dos que falan estes días os periódicos. Era un home novo, moi delgado, cun chupete na boca, subido nun dos bancos de pedra que ocupan o centro do paseo. Sentado aos seus pés, moi serio e posto no seu papel, un can non máis gordo que o seu dono, chupaba tamén dun adminículo semellante. Como se tivese un resorte eléctrico movido por pilas, o home agachábase de cando en vez para pasar a man pola cabeza do animal.

Ignoro a rendibilidade do oficio, pero supoño que non debe ser moi alta: quizais unhas poucas moedas recollidas ao cabo do  ía para conseguir algo de comer, mercar uns cigarros ou pagar a cama de cada noite nunha pensión. Demasiado pouco para tantas horas de traballo ao aire libre, con frío e sen estima social.

Cando … Seguir leyendo